O Mercosur móvese de novo

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

O pasado 22 de marzo iniciaronse en Bos Aires, no marco dun encontro entre representantes de Brasil e Arxentina para relanzar o MERCOSUR, as negociacións tendentes a lograr un acordo no sector automobilístico. Dous días despois, o venres 24, ese acuerdo logrouse e o MERCOSUR semellaba que retomaba o camiño dos éxitos despois da pasada crise interna desencadeada pola devaluación da moeda brasileira a comezos de 1999.

A crise desencadeada no MERCOSUR, o bloque comercial máis importante de Latinoamérica, do que forman parte Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai e ó que están asociados Bolivia e Chile, pode considerarse como a máis seria dende os inicios da integración económica. Os socios de Brasil, especialmente Arxentina, dado o peso que teñen na súa balanza comercial as exportacións a Brasil, tiveron que sofrer a competencia dos productos brasileiros máis baratos. Isto provocou a adopción de medidas de salvagarda para neutralizar os efectos das diferencias de cambio cos consecuentes conflictos comerciais, especialmente no sector automotriz.

Na súa etapa actual "o seu obxectivo é a constitución dun mercado común coma o europeo", o MERCOSUR é unha unión alfandegaria imperfecta. O MERCOSUR liberalizou a circulación de mercadorías e estableceu un arancel alfandegario común, pero dous sectores quedaron á marxe deste proceso: o do sucre e o automotriz.

Agora, tras numerosos fracasos para liberalizar o sector (a última rolda de negociacións rematou o 29 de xuño de 1999 sen que se acadara ningún acordo), os representantes arxentinos e brasileiros, países donde as industrias automobilísticas representan unha importante parte do PIB, acaban de concluír as negociacións para controlar o comercio de automóbiles no MERCOSUR. O acordo acadado establece unha etapa de transición de seis anos (ata o 31 de decembro de 2005) antes da liberalización completa do sector e da posta en marcha da Política Automotriz Común (PAC) do MERCOSUR. Ademáis, contemplase a creación dunha "comisión automotriz" para o seguimento e control do acordo.

Ao longo das negociacións, o elemento máis polémico foi o relativo ás normas de orixe. Finalmente, conveniouse que o 30% das pezas que compoñen os vehículos deben ser de fabricación nacional mentres que no caso dos camións a porcentaxe debe ser do 25%.

Ainda que as diferencias provocadas pola devaluación do real brasileiro non remataron, as negociacións celebradas en Bos Aires puseron de manifesto que o compromiso político existe e que o MERCOSUR é unha realidade. Un dos grandes logros da reunión da pasada semana foi o acordo sobre o sector automobilístico, pero tamén se reabriu o camiño a novas posibilidades de comprensión entre ambas partes. Parece que o MERCOSUR móvese de novo.