Acababa de nacer o Ministerio para a Seguridade do Estado (Guójiā Ānquán Bù en pinyin, tamén coñecido polo acrónimo Guóānbù) coa finalidade de unificar a varias axencias de intelixencia xa activas e optimizar os recursos para un funcionamento máis efectivo.
A reunión inaugural do MSE levouse a cabo o 1 de xullo de 1983. Nela leu o discurso de apertura o presidente da Comisión Político-Legal Central, un dos órganos crave do PCCh. Chen Pixian afirmou: «Facer ben o traballo de seguridade estatal promoverá efectivamente a modernización socialista e a causa de realizar a unificación da patria, opoñéndose ao hegemonismo e defendendo a paz mundial».
Tras o ascenso ao poder de Xi Jinping (2012) o MSE aumentou significativamente a súa esfera de influencia. O MSE é supervisado e dirixido polo Comité Permanente do Politburó que á súa vez informa á Comisión Central de Asuntos Político-Xurídicos, o órgano central do PCCh, organismo que coordina e supervisa a seguridade interior, a actividade policial e as misións de contraintelixencia e contraespionaxe.
No ano 2017, o MSE contaba cun persoal de máis de 100.000 efectivos, estando ata 50.000 fora de China, sendo algúns deles académicos, empresarios, xornalistas e mesmo políticos. Tendo en conta a inxente cantidade de poboación chinesa, inmigración, turismo, investimentos e relación internacionais, a fonte máis importante do MSE son as fontes HUMINT (Intelixencia de fontes humanas).
Desde o ano 2021 o MSE experimentou unha reorganización e quedaría distribuído como deste xeito:
- Primeira oficina: Protección de segredos.
- Segunda oficina: Intelixencia obtida do ámbito internacional.
- Terceira oficina: Intelixencia política e económica.
- Cuarta oficina: Taiwan, Hong Kong e Macau.
- Quinta oficina: Análise e difusión de informes.
- Sexta oficina: Guía de Traballo.
- Sétima oficina: Contraespionaxe.
- Oitava oficina: Investigación da contraespionaxe.
- Novena oficina: Prevención e Protección Interna.
- Décima oficina: Prevención e Protección no Estranxeiro.
- Undécima oficina: Centro de Información e de Intelixencia. Esta oficina patrocinaos CCIR (China Institutes of Contemporary International Relations – Institutos de Relacións Internacionais Contemporáneas de China).
- Duodécima oficina: Oficina de Investigación social.
- Décimo terceira oficina: Investigación tecnolóxica e científica.
- Décimo cuarta oficina: Intercepción de comunicacións postais, telemáticas e cibernéticas.
- Décimo quinta oficina: Análise global da intelixencia.
- Décimo sexta oficina: Intelixencia de imaxes.
- Décimo séptima oficina: Intelixencia económica e comercial.
- Décimo oitava oficina: Contraterrorismo.
En virtude da Lei de Intelixencia Nacional promulgada en 2017, o MSE, xunto con outras axencias de intelixencia, ten amplos poderes para realizar diversos tipos de actividades de espionaxe tanto na RPCh como no estranxeiro. Tamén está habilitado para monitorizar e investigar a persoas e institucións estranxeiras e nacionais.
Ademais de estacións SIGINT (Intelixencia de Sinais) e tecnoloxía, e de posuír o seu propio programa espacial, o MSE mantén unha capacidade de recompilación HUMINT tanto clandestina como aberta a través dunha rede de agregados de defensa, académicos e axentes que operan dentro e fóra de China.
Peter Mattis, membro del Programa de China de la Fundación Jamestown e antiguo analista de asuntos internacionais para o Gobierno dos EUA xa dicía, aló polo ano 2012:
«Durante moito tempo subestimáronse aos servizos de intelixencia de China como importantes organizacións burocráticas e compoñentes do poder estatal. Isto pode importar relativamente pouco durante os anos introspectivos e subdesarrollados de China. Hoxe, os seus líderes son actores importantes no escenario mundial, e comprender como e qué aprenden sobre o mundo e como formulan as súas opcións de política é máis importante que nunca. Dadas as complexas opcións ás que se enfrontan os chineses, é probable que os seus servizos de intelixencia desempeñen un papel aínda maior que no pasado»
Estas e outras cuestións parecen apuntar a aquilo que Roger Faligot afirmou alá polo 2019: «A palabra Guóānbù probablemente volverase tan familiar no século XXI como as siglas MI6, CIA e KGB foron no século XX».