O plan contra Iraq volve ó caixón

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego

A historia é xa merecidamente famosa. A secretaria de Estado Madeleine Albright, mestura única e inesquecible de arrogancia, ineptitude e maldade, procuraba convencer a Colin Powell, presidente entón da Xunta de Xefes do estado maior, de que aceptara levar tropas a Bosnia. Ante as súas reticencias, Albright comentoulle a Powell:

-¿Para qué entón o soberbio exército do que sempre estades a falar, se non o podemos usar?

"Pensei que me iba dar un aneurisma", lembrou máis tarde Powell nas súas memorias. "Os militares americanos non son soldados de xoguete disponibles para mover coma peóns nunha sorte de gran xogo global".

Lonxe xa na memoria as operacións humanitarias dos tempos de Clinton, pero resta en pé máis firme ca nunca o desexo de altos responsables civís de utilizar o todopoderoso exército americano en xogos xeoestratéxicos para redeseñar o mapa do mundo. O 11/9 significou para eles unha carta branca que permite lexitimar as súas máis arriscadas ilusións. E ningunha delas máis insistente que a de eliminar a Sadam Hussein do poder iraquí.

Xa dende o principio, sectores radicais da Administración Bush trataron de implicar a Hussein dalgún xeito na organización da masacre das Torres Xemelgas. James Woolsey, exdirector de la CIA, foi enviado a Europa na procura de probas, e pouco atopou. Trala incapacidade de vencellar a Hussein e Ben Laden, o argumento pasou a ser outro: Iraq seguía a desenvolver armas de destrucción masiva, e o mundo non estaría seguro mentres estas armas estiveran nas máns dun tirano capaz de gasear á súa xente.

A insistencia en considerar a Iraq como parada obligatoria da guerra contra o terror non tivo eco fóra de Estados Unidos. Blair, que non escatimou palabras contra o réxime de Sadam, tivo que asegurar, nunha reunión privada ante importantes membros dun Partido Laborista a piques da rebelión, que non ía acompañar un ataque americano a Iraq , se non tiña autorización previa da ONU. En Europa tampouco gustaba nada a idea, pero a poucos preocúpalle hoxe o que opinen os acomodados pero protestóns habitantes do vello continente. Mesmo Cheney viaxou por Oriente Medio para tantear ós líderes da rexión. Atopou oposición absoluta. É máis, no cume árabe, Kuwait e Iraq asinaron por fin o tratado de paz, ante a mirada sorrinte do Príncipe Rexente Abdullah, herdeiro (de 76 anos) ó trono saudita.

Nada diso parecía aplacar a presión que chegaba de Washington. Moitas veces, das mensaxes emitidas desde Estados Unidos parecía desprenderse que a discusión xa non era sobre o si, senón sobre o cómo e cando. O cando, aventuraban todos, era en outono, coincidindo coas eleccións lexislativas. O cómo, dacordo co plan máis difundido, era o modo afgano, sendo sobre todo os curdos quen farían o papel da Alianza do Norte. (Daí, a indisimulada incomodidade dos turcos).

O máis intrigante de todo este esforzo para acabar con Hussein foi a dificultade de atoparlle motivos aparentes. É obvio que a xustificación en forma de armas de destrucción masiva que desenvolvería Iraq non se sostén. En primeiro lugar, non hai probas de que siga a facelo. En segundo, sabemos por experiencia que non se atreverá a usalas, pois a resposta dos atacados (por certo, os seus mísiles só alcanzan a Israel) sería apocalíptica. A disuasión, o vimos na guerra do golfo, segue a funcionar.

Tampouco é imaxinable, tal como se comentou moitas veces, que estemos ante un asunto persoal, polo que antigos rivais quixeran resolver vellas querelas. Sadam foi durante certo tempo o seu aliado, e foron consideracións políticas e non éticas as que decidiron ós Estados Unidos a facer a guerra contra él trala invasión de Kuwait (ante o asombro de Sadam que creía ter licencia americana). Mesmo dende un punto de vista estratéxico, o veciño Irán é un país moito máis rico e poboado, situado nun punto central de Eurasia, e o seu desafío a Estados Unidos é máis antigo e exitoso. ¿Por qué tanta insistencia nun ataque que tería, ninguén o dubida, consecuencias explosivas?

Para atopar a resposta, debemos preguntarnos entón quen, nas tortuosas loitas burocráticas de Washington, son os impulsores da fronte anti-iraquí. Dick Cheney e Donald Rumsfeld, dous famosos falcóns, nunca agocharon os seus desexos de acabar co réxime de Iraq, pero non fixeron diso unha necesidade. Foron sobre todo os seus segundos os que amosaron unha determinación ansiosa e sen freos pola segunda guerra do golfo: Lewis Libby, asistente de Cheney, Paul Wolfowitz, o número dous do Pentágono e Richard Perle, presidente do Consello Asesor de Defensa. É dicir, o centro ideolóxico dos neoconservadores, propulsores dunha nova orde que eles mesmos recoñecen imperial (quen queira coñecer o seu esquema mental, debe ler o importante artigo de Nicholas Lemann en el New Yorker),e líderes tamén recoñecidos do lobby xudeu.

Por tanto, a chave da política americana hacia Iraq pasa de novo pola conexión Washington-Tel Aviv, e a presión destes meses non pode desvencellarse dos actos bélicos de Sharon contra a Autoridade Nacional Palestina. Como a estas alturas é coñecido (así o entende, por exemplo, o prestigioso estratega israelita Martin Van Creveld) esas actuacións nada teñen que ver coas necesidades estratéxicas da loita contra o terrorismo, e sí en cambio están ligadas ós desexos dos sectores máis radicais do sionismo de acabar co proceso de paz iniciado en Oslo. Así pois, un se malicia (e ante esta xente unha mente maliciosa soe acertar) que eles non temían que o ataque a Iraq provocara unha brutal sacudida no resto dos inestables países da rexión, senón que o desexaban. O obxectivo só pode ser un: trazar un novo mapa da rexión, dende Israel e Xordania a, ¿por qué non?, Arabia Saudita. Nunca agocharon ese desexo, e non son persoas que se limitan a agardar os acontecementos, os provocan.

O que non esperaba a dirección civil do Pentágono é que a oposición á guerra ía ser tan rotunda, e que ésta procedera principalmente dos responsables militares. Non teñen en estima ós analistas de butaca que discuten estratexias de guerra, ein servir nunca no exército, e que mandan ós seus mozos a morrer, son os que evitaron con argucias loitar na guerra de Vietnam. O plan antes mencionado non lles parecía posible, e concertaron entre todos os membros da Xunta de Xefes de Estado Maior evitar dalgún xeito unha reedición da guerra do golfo. Tal como explicou o Xeneral Tommy Franks, para derrotar a Iraq, serían necesarios 200.000 soldados, sen bases de apoio, que se verían obrigados a loitar casa por casa nunha dura invasión ante un inimigo que non tiña posibilidade de renderse. Os militares fixeron saber as súas obxeccións filtrándolas á prensa, e convenciron a Rumsfeld de que non era posible o ataque nun futuro próximo. Días despois, o Presidente Bush recoñeceu en rolda de prensa en Alemaña que non entraba nos seus pláns atacar Iraq. Os militares gañaron o pulso, de momento.

Unha decisión así non lle saldrá gratis ó Presidente Bush. Ben sabe él que, se perde o apoio do lobby xudeu, e do outro sector da poboación radicalmente fiel a Israel, a dereita cristiana, arriscase a sufrir a mesma sorte que o seu pai. Os primeiros efectos se están a empezar a notar, coa polémica que xurdiu a propósito do que sabía a Administración Bush sobre o ataque do 11/S. Non é casualidade que fora o New York Post, o máis proisraelita dos periódicos americanos, o que titulara a súa portada co impactante Bush Knew. Nin que o Weekly Standard, dirixido por o proisraelita Kristol (e pagado por Murdoch), reclame explicacións concluintes. Nin que sexa Joe Liebermann, senador por Tel-Aviv vía Connecticut, o impulsor dunha más ampla comisión senatorial de investigación. Todo isto o confirma unha fonte moi vencellada ó Mossad, Gordon Thomas, quen afirma que as filtracións proveñen do entorno de Sharon, moi resentido contra Bush. Según Thomas, é certo que o Mossad mantiña vixiados ós membros de Al-Qaeda en Estados Unidos, pero que avisaron dos seus plans case con desesperación á CIA, que non se deu por aludida. Que a historia de Thomas sexa certa, ou só unha intoxicación, non o sabemos. Pero amosa, sen lugar a dúbidas, o duro que están dispostos a xogar algúns.

E sen embargo, a dúbida permanece; se os militares non desexan porse ó servicio de burdas aventuras imperiais, e prefiren limitarse a defender a seguridade nacional dun territorio xa protexido pola xeografía, ¿qué utilidade teñen os seus asombrosos medios? Ningunha boa, de seguro, como sabían os pais fundadores da República que prohibiron un exército permanente.