Tralo recente cumio en Nova Iorque para urxir a loita contra a crise climática e as multitudinarias manifestacións que se deron en numerosas cidades ao longo de todo o mundo, o pasado 27 de setembro, de novo a necesidade de reformular o sistema en torno á utilización que estamos facendo do planeta terra volve a estar no centro de tódolos debates. Esa necesidade de transformar o sistema cara un mais amigable co planeta e o manexo dos recursos naturais leva anos evolucionando dende unha loita marxinal cara unha moito mais transversal a todos os sectores da sociedade, liderada especialmente polas xeracións mais xoves -representados, queiran ou non, pola xa famosa Greta Thumberg-, conscientes de que no caso de non comezar xa mesmo a traballar nesta dirección, seguramente eles (nós) mesmos sufrirán (sufriremos) en primeira persoa as grandes ameazas climáticas -tamén en España- que se divisan para antes de finais de século.
Tralo recente cumio en Nova Iorque para urxir a loita contra a crise climática e as multitudinarias manifestacións que se deron en numerosas cidades ao longo de todo o mundo, o pasado 27 de setembro, de novo a necesidade de reformular o sistema en torno á utilización que estamos facendo do planeta terra volve a estar no centro de tódolos debates. Esa necesidade de transformar o sistema cara un mais amigable co planeta e o manexo dos recursos naturais leva anos evolucionando dende unha loita marxinal cara unha moito mais transversal a todos os sectores da sociedade, liderada especialmente polas xeracións mais xoves -representados, queiran ou non, pola xa famosa Greta Thumberg-, conscientes de que no caso de non comezar xa mesmo a traballar nesta dirección, seguramente eles (nós) mesmos sufrirán (sufriremos) en primeira persoa as grandes ameazas climáticas -tamén en España- que se divisan para antes de finais de século.
Entramos, así, nunha necesidade permanente de actuar por parte dos grandes líderes políticos, escenificada en ostentosas reunións nas que se fan grandilocuentes declaracións que rara vez chegan incluso a estar preto de cumprirse. De estas reunións adoitan a saír cifras, compromisos para a redución de emisións ou prazos para promover o uso das enerxías renovables que sempre rematan por dilatarse no tempo ata que se esvaecen.
Atopámonos deste xeito cun gran desacoplamento entre unhas esixencias crecentes da poboación -e que non teñen visos de diminuír, senón todo o contrario- e unha demanda intrínseca do propio planeta fronte a unha incapacidade total por parte das grandes institucións internacionais e das principais personalidades que as representan para conseguir operativizar estas esixencias.
Nesa necesidade de comezar a implementar cambios atopamos, por unha parte e nun terreo máis mainstream, a Axenda 2030, cunha serie de Obxectivos e metas(1) cun carácter eminentemente medioambiental, que se ben en certos puntos dista bastante dos cambios disruptivos que necesita o sistema no que vivimos para poder acadar un horizonte de harmonía co entorno natural, en caso de cumprirse -que non vamos polo camiño- serían un importante primeiro paso para construír un sistema mais inclusivo coas persoas, mais respectuoso co medio ambiente, e por tanto, mais viable economicamente no largo prazo , é dicir, máis sostible en todas as súas dimensións.
Mentres tanto, e desgraciadamente ás veces nunha dimensión as veces mais filosófica que operativa, as correntes heterodoxas do pensamento económico constrúen corpos completos tanto para o análise coma para a presentación de propostas verdadeiramente transformadoras: a economía ecolóxica, o tradicional estruturalismo latinoamericano, o sistema mundo de Immanuel Wallerstein ou algunhas das teorías do decrecemento son algúns exemplos de estes novos (e non tan novos) esquemas para entender o funcionamento do mundo no que vivimos.
Así, a golpes, vai abríndose paso neste hostil campo a economía ecolóxica(2), botando por terra practicamente tódalas bases sobre as que se constitúe o actual esquema de pensamento dominante (o neoclásico), traballando para construír un novo paradigma que supere ese tradicional entendemento económico(3). Ao considerar a economía “como un subsistema dentro dun ecosistema maior, a biosfera, no que se producen os servizos ecosistémicos indispensables para a vida(4)”, entre os que se producen uns fluxos ou intercambios que determinan a nosa relación co planeta (entra enerxía e se emiten gases). A imaxe seguinte é moi ilustradora de como se concibe a economía dende esta perspectiva:
Por outra parte, unha das institucións mais importantes na historia da Economía do Desenvolvemento, a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL) abriu hai apenas unhas semanas unha revisión completa da súa obra e dos seus principais autores durante os 70 anos que leva en funcionamento(5) para seguir evolucionando cara un “neoestruturalismo ecolóxico” que integre a dimensión medioambiental en todo o seu corpo de pensamento, que aínda que como recolle no documento ten un papel fundamental nos seus análises dende hai mais de medio século, é preciso integrar este tradicional enfoque (o estruturalismo latinoamericano) cos novos debates abertos(6), en parte, pola economía ecolóxica citada anteriormente, co propósito de construír un paradigma que sexa quen de asumir as problemáticas crecentes nos últimos anos para non perder a vixencia e rigorosidade que o caracteriza.
Tamén outros enfoques heterodoxos con enormes potencialidades están actualizando as súas bases para adaptarse aos cambios que se van producindo. Todo isto reflexa o que comentabamos ao principio do texto, tanto o planeta como a sociedade comezan a interpelar, dun xeito cada vez mais directo, tanto á academia como á política para que busque as solucións que sexan necesarias de cara a afrontar o grande reto do século XXI para o conxunto da humanidade, que non é outro que a crise climática produto do noso propio modo de vida. Seremos capaces de afrontalo? Compre cambiar de estratexia.
Bibliografía recomendada
- CEPAL, (2019). Recursos naturales, medio ambiente y sostenibilidad: 70 años de pensamiento de la CEPAL
- Gómez de Segura, R. (2014). Del desarrollo sostenible según Brundtland a la sostenibilidad como biomimesis. UPV/EHU, HEGOA, Bilbao.
- Olea Ogando, J. (2018). Reforma Fiscal Ecológica: hacia la predistribución y el gravamen de los recursos y la energía. HEGOA, Cuadernos de trabajo (77), Bilbao.
Citas bibliográficas
- (1) Autores como Raúl Prebisch, Osvaldo Sunkel, Celso Furtado, Theotônio dos Santos, ou Fernando Fajnzylber teñen pezas de obrigada lectura para entender a historia da explotación dos recursos naturais (especialmente en América Latina) e estudar cal debe ser o camiño para facer un uso mais responsable dos mesmos.
- (2)“La CEPAL afronta así el reto de incorporar en su sistema de pensamiento elementos como los límites biofísicos y su escala temporal, el contorno del patrimonio natural crítico y las escalas de producción y consumo ecológicamente sostenibles. Estos elementos deberían sumarse a las actuales demandas distributivas para una mayor igualdad y a la propuesta de la triple eficiencia keynesiana, schumpeteriana y ambiental.” CEPAL (2019), citado na bibliografía.
- (3) Interesante ler a Herman Daly e as súas achegas a primeiros dos anos 90 que sentan as bases de todo o desenvolvemento posterior.
- (4) “Sin embargo, la transformación del paradigma económico es muy fuerte: se debe pasar de unas sociedades basadas en el crecimiento económico a otras que busquen un “desarrollo social y económico real (mejora cualitativa sin crecimiento en el flujo de recursos)” Olea Ogando, J. (2018)
- (5) Olea Ogando, J. (2018). Citado na bibliografía recomendada.
- (6) Os ODS 6, 7, 8, 9 11, 12, 13, 14 e 15 teñen unha implicación directa co coidado do planeta en todas as súas dimensións.