O si de Irlanda

O 7 de xuño de 2001, o pobo irlandés votou en contra do Tratado de Niza. A participación ascendera a un 34,7 por cento e o voto negativo fora do 54 por cento. Agora, o 21 de outubro de 2002, os votantes deron o seu apoio maioritario nas 42 circunscricións da República, máis elevado nas grandes cidades -Dublín, Cork e Limerick- que nas zonas rurais. O 63 por cento dos electores votou a favor do documento nun referendo no que participou un 48,45 por cento do censo electoral. O 37 por cento o fixo en contra. Co "sí" de Irlanda, dez países de Europa central e oriental se incorporarán á UE en 2004.

Os resultados sobre a ratificación do Tratado de Niza permitiron aos Quince e aos países candidatos dar un suspiro de alivio. O voto afirmativo evita un caos institucional que ameazaba con retrasar un proceso de ampliación laborioso negociado dende hai anos.

Os defensores do "Non" "agrupados arredor do Sinn Fein, o Partido Verde e algúns independentes- axiña recoñeceron os resultados, pero acusaron ao Goberno de "intimidar" aos votantes e de gastar inxentes cantidades de diñeiro na campaña. O primeiro ministro irlandés, Bertie Ahern, beneficiouse dun día seco e soleado, e recolleu o esforzo dunha intensa campaña, porta a porta, voto a voto, para alentar o cambio de opinión. Nesa circunstancia influíu tamén o feito de que o goberno irlandés conseguira no Consello Europeo de Sevilla, celebrado o pasado mes de xuño, esa cláusula que permite salvagardar a tradicional neutralidade irlandesa, cuestión ésta que explicou en parte o trunfo do non no plebiscito anterior.

A pesar da victoria do "sí", o referendo irlandés ofreceu leccións significativas e fácilmente extrapolables sobre a frialdade e o distanciamento social a respecto do proxecto europeo en xeral, e a ampliación dos países do Leste de Europa en concreto. Un tercio de votantes en Irlanda, e quizáis noutros países da UE, temen que a ampliación favoreza aos bancos, as grandes empresas e o sector financeiro, pero diminúa aínda máis a inseguridade laboral dos traballadores; que abra as portas á inmigración e reste empregos para os nativos irlandeses; que acelere a tendencia cara a flexibilización e un liberalismo económico descontrolado; que deixe as decisións en mans de organismos gobernamentais cada vez máis lonxanos e remotos; que poña en perigo a identidade nacional; que abra as portas á creación dun Exército europeo que intervirá en conflictos cos que non todos están dacordo.

A terapia colectiva irlandesa deu outro balón de osíxeno a Bertie Ahren a escala interna e externa: o seu goberno pasaba polos peores momentos de popularidade e agora pode acudir ó cumio de Bruxelas, dedicado exclusivamente á ampliación, cos deberes feitos ante os seus socios comunitarios.