Este cambio de imaxe comezou en decembro do ano pasado (2024), cando coincidiron dous acontecementos importantes: a celebración do 25.º aniversario do retorno de Macau á soberanía chinesa e a toma de posesión de Sam Hou Fai como sexto xefe executivo da RAE de Macau.
Para conmemorar estas “vodas de prata” da reunificación con China, Xi Jinping, presidente da República Popular da China e secretario xeral do Partido Comunista Chinés, visitou a rexión e pronunciou varios discursos que inspiraron a folla de ruta do recentemente inaugurado goberno1.
Nas súas intervencións, Xi expresou as súas expectativas ao novo Executivo de reforzar a apertura de Macau ao exterior, impulsando a cooperación económico-comercial co mundo lusófono, promovendo o intercambio cultural e consolidando o desenvolvemento turístico.2 Estas expectativas quedaron posteriormente reflectidas no Discurso de Política para o Ano Fiscal 2025 do xefe executivo de Macau. Nese documento, Sam Hou Fai salientou, dentro da sección Policy Highlights for 2025, do punto cuarto, a necesidade de “promover os intercambios, ampliar a apertura, compartir a prosperidade e acelerar a integración no desenvolvemento nacional”, así como recuperar o espírito dun Macau máis internacional e participativo, capaz de reforzar a súa influencia global.3
Para poñer en marcha esta visión, o goberno de Macau, en estreita cooperación con Pequín, fixo de 2025 un ano de transformación, e a fortuna acompañou esta estratexia, xa que Macau comezou o ano co título de Cidade da Cultura de Asia Oriental 2025. Este recoñecemento forma parte dun programa enmarcado na Cimeira Trilateral China-Xapón-Corea, que busca fomentar o intercambio cultural e turístico en toda Asia Oriental.4
Baixo o lema“Encontro entre Oriente e Occidente, Asia en harmonía”, Macau, como Cidade da Cultura, presenta un programa que celebra a fusión única de influencias chinesas e portuguesas, reafirmando o seu papel histórico como ponte entre civilizacións. Ao mesmo tempo, aproveita este impulso para avanzar nos obxectivos maiores anteriormente mencionados.
Así, ao longo do ano, Macau foi sede de grandes eventos culturais e deportivos, xa característicos da cidade, entre eles o 72.º Gran Premio de Macau, o 37.º Festival Internacional de Música, o 35.º Festival de Artes e o Macau Fashion Festival 2025. Non obstante, é durante este mes de outubro cando o goberno de Macau, a medida que amosa as súas novas intencións e capacidades, adquire unha relevancia especial, ao confluir os principais eventos económicos, culturais e sociais do ano5.
Co obxectivo defomentar a cooperación económico-comercial cos países de fala portuguesa, impulsouse a2ª Exposición Económica e Comercial entre China e os Países de Lingua Portuguesa, que se celebrará a finais de outubro en paralelo coa 30.ª Feira Internacional de Comercio e Investimento de Macau e coa Exposición de Franquías de Macau 20256. Este evento podería consolidarse no futuro como unha plataforma tradicional de cooperación entre China e os países lusófonos, en liña coa visión expresada por Xi, e contribuír a impulsar a internacionalización do renminbi, especialmente en economías emerxentes como o Brasil.
Pola súa banda, outubro tamén reflicte a estratexia de diversificación económica e a intención dunha maior conectividade internacional. Por conseguinte, no ámbito turístico, o goberno, primeiro, desenvolveu novas estratexias dirixidas a atraer visitantes do Sueste Asiático—especialmente turistas musulmáns—a través de grandes campañas como Experience Macau Mega Sale, organizadas pola Oficina de Turismo de Macau en Indonesia e Malaisia7; e, segundo, a produtora singapurense Branded organizará o evento CreatorWeek Macau 2025, que reunirá figuras destacadas do ámbito dixital e do entretemento internacional para impulsar a imaxe de Macau como centro mundial de turismo e lecer.8
Por último, a axenda de outubro tamén mostra como as institucións internacionais gañan presenza en Macau, a través de actividades que promoven a innovación e o intercambio de coñecemento. Neste contexto, Macau será sede da UNU Macau AI Conference 2025, un evento que consolida, por segunda vez en colaboración coa Universidade das Nacións Unidas (UNU), o papel da cidade como destino de interese académico e tecnolóxico. A conferencia reunirá relatores de alto nivel para debater sobre AI for Humanity e celebrarase, ademais, co 80.º aniversario das Nacións Unidas e o 50.º aniversario da UNU.9
En conclusión, Macau atópase en plena transformación, e a comunidade internacional debería interpretar este mes de outubro como unha declaración de intencións do goberno local e de Pequín respecto ao futuro desenvolvemento desta RAE, apostando por unha maior cooperación co mundo lusófono e unha proxección global máis ambiciosa.
Bibliografía
- Cultural Affairs Bureau da RAE de Macau. “Culture City of East Asia–Macau, China 2025”. https://www.icm.gov.mo/culturecityofeastasia_Macau/en/
- Cultural Affairs Bureau da RAE de Macau, “Programme of the ‘Culture City of East Asia 2025–Macau, China’ under the theme ‘East-West Encounter, Asia in Harmony’ Sets Sail”. 6 de marzo de 2025. https://www.icm.gov.mo/en/news/detail/23230
- Government of the Macau Special Administrative Region. Policy Address for the Fiscal Year 2025. Chief Executive Sam Hou Fai. Presented to the Legislative Assembly. 14 abril 2025. https://www.policyaddress.gov.mo/home.html?p=pa&l=en
- Government of the Macau Special Administrative Region. “Three Concurrent Events: Nine Matching Sessions to Help Enterprises Seize Debut Opportunities at Three Major Exhibitions”. https://www.gov.mo/en/news/371930/
- Macau Government Tourism Office. “Mega international influencer event CreatorWeek Macau 2025 will kick off next Friday”. 13 outubro 2025. https://www.dst.gov.mo/en/about-us/press-release/ff5d39ea1abe46d4880ae42db2fb93da.html
- Macau Government Tourism Office. “Macau Mega Sale Campaign promotes continuous tourism recovery”. 1 xullo 2025. https://www.dst.gov.mo/en/about-us/press-release/c3da55ff2ebf4fb5a0ba975de0d1b0b6.html
- United Nations University. UNU Macau AI Conference 2025: Celebrating the UN’s 80th Anniversary & the UNU’s 50th Anniversary. 24-25 outubro 2025, Macau, R.A.E. de Chao. https://unu.edu/macau/aiconf2025
- Wong, Natalie; Hung, Emily. “China’s Xi urges Macau to increase exchanges with Portuguese-speaking world.” South China Morning Post, 20 decembro 2024. https://www.scmp.com/news/hong-kong/society/article/3291759/chinas-xi-urges-macau-increase-exchanges-portuguese-speaking-world
- Xinhua. “Xi stresses adherence to ‘one country, two systems’ as Macau SAR celebrates silver jubilee.” Governo da República Popular da China, 20 decembro 2024. https://english.www.gov.cn/news/202412/20/content_WS6765206bc6d0868f4e8ee283.html
- 1 Xinhua. “Xi stresses adherence to ‘one country, two systems’ as Macau SAR celebrates silver jubilee.” Governo da República Popular da China, 20 decembro 2024. https://english.www.gov.cn/news/202412/20/content_WS6765206bc6d0868f4e8ee283.html
- 2 Wong, Natalie; Hung, Emily. “China’s Xi urges Macau to increase exchanges with Portuguese-speaking world.” South China Morning Post, 20 decembro 2024. https://www.scmp.com/news/hong-kong/society/article/3291759/chinas-xi-urges-macau-increase-exchanges-portuguese-speaking-world
- 3 Government of the Macau Special Administrative Region. Policy Address for the Fiscal Year 2025. Chief Executive Sam Hou Fai. Presented to the Legislative Assembly, 14 abril 2025. https://www.policyaddress.gov.mo/home.html?p=pa&l=en
- 4 Cultural Affairs Bureau da RAE de Macau. “Culture City of East Asia–Macau, China 2025”. https://www.icm.gov.mo/culturecityofeastasia_Macau/en/
- 5 Cultural Affairs Bureau da RAE de Macau, “Programme of the ‘Culture City of East Asia 2025–Macau, China’ under the theme ‘East-West Encounter, Asia in Harmony’ Sets Sail”. 6 de marzo de 2025. https://www.icm.gov.mo/en/news/detail/23230
- 6 Government of the Macau Special Administrative Region. “Three Concurrent Events: Nine Matching Sessions to Help Enterprises Seize Debut Opportunities at Three Major Exhibitions”. https://www.gov.mo/en/news/371930/
- 7 Macau Government Tourism Office. “Macau Mega Sale Campaign promotes continuous tourism recovery”. 1 xullo 2025. https://www.dst.gov.mo/en/about-us/press-release/c3da55ff2ebf4fb5a0ba975de0d1b0b6.html
- 8 Macau Government Tourism Office. “Mega international influencer event CreatorWeek Macau 2025 will kick off next Friday”. 13 outubro 2025. https://www.dst.gov.mo/en/about-us/press-release/ff5d39ea1abe46d4880ae42db2fb93da.html
- 9 United Nations University. UNU Macau AI Conference 2025: Celebrating the UN’s 80th Anniversary & the UNU’s 50th Anniversary. 24-25 outubro 2025, Macau, R.A.E. de Chao. https://unu.edu/macau/aiconf2025

