Análises

As distintas Liñas de Investigación e análise producen artigos, publicacións, actividades e proxectos. Desde aquí podes coñecer toda a produción do IGADI. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2022) o IGADI xerou máis de 6.000 artigos na súa web.

Aínda nos queda Portugal

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

Nos últimos anos rexistrouse un importante avance nas relacións entre Galicia e Portugal, moi especialmente co Norte. Aínda que con retraso e por concluir, a mellora das comunicacións e doutras infraestructuras favorecen unha aproximación que sen dúbida situanos en condicións máis idóneas para pór fin a un desencontro histórico. Portugal e Galicia contan cun acervo …

Aínda nos queda Portugal Ler máis »

Os dilemas de Cuba

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO

A illa caribeña viviu nas últimas semanas diferentes acontecementos de gran transcendencia política e emotiva. Dunha banda, a conmemoración do 30 aniversario do falecemento do Che e as impresionantes cerimonias do seu enterramento en Santa Clara, que foron precedidas da derradeira homenaxe rendida por milleiros de cubanos desfilando perante o seu féretro, instalado na pranta …

Os dilemas de Cuba Ler máis »

¿Un governo sen acción exterior propia?

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia ARQUIVO

"Eu son fillo dunha Patria descoñecida porque ninguén soupo dar sona e creto internacional ás nosas reivindicacións patrióticas". (Castelao. Sempre en Galiza.) Os primeiros abafos do verán facían arder unha nova polémica. Beiras e Fraga liábanse nunha nova disputa, esta vez sobre a utilidade e o significado político das respectivas viaxes a varios países sudamericanos …

¿Un governo sen acción exterior propia? Ler máis »

Secesión no Cáucaso

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO

O Cáucaso tradicionalmente serviu de escondite seguro tanto a agresores como a agredidos, intervintes todos nos numerosos conflictos que se sucederon nesta zona ó longo dos séculos. En derradeira instancia, esta é a razón que explica a enorme diversidade de pobos e de lingoas que nela existen. Despois da Revolución de Outubro, rusos e ucranianos …

Secesión no Cáucaso Ler máis »

O labirinto iugoslavo

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns

No momento actual, o conxunto de problemas nacionais, étnicos e de minorías que agroman no leste euroasiático presenta infinidade de aspectos e matices notablemente conflictivos e de díficil solución. Mesmo non resultaría esaxerado asegurar que incorporan un perigoso e inmenso potencial desestabilizador. Durante anos significativo expoñente dun modelo de enxeñería política aparentemente exitoso, aquel marco …

O labirinto iugoslavo Ler máis »