milicias hamas

Palestina abafa

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Milicias de Hamás, clic para aumentar
Fronte a estratexia do diálogo, de negociacións improdutivas de Al Fatah, os líderes de Hamás déronlle a palabra ao terror, para que so falasen as bombas. Pasaron a ser contemplados tamén como alternativa, como interlocutores sen concesións gratuítas. Hamás chegara a conclusión de que única saída era producir cantidades inxentes de dolor, que superasen o umbral de tolerancia de sociedade israelita, para obrigala a facer concesións nas negociacións.
 

As únicas institucións palestinas que teñen pulso vital, son autodestrutivas. As fozas armadas e policiais nas órbitas das organizacións Al Fatah e Hamás loitan intestinamente polo control do único reduto institucional que funciona. Máis alá das forzas armadas, instalouse a nada máis absoluta. O executivo non ten iniciativas políticas, nin orzamento para executalas. O lexislativo adoece dun programa de reformas e iniciativa política.

A rotunda vitoria do Partido para o Cambio, formación creada por Hamas para postularse electoralmente obtivo 74 dos 132 escanos, ao tempo que Al Fatah recuaba drasticamente ata os 45. Tanto EEUU, como a UE ou Israel, optaron por cortar as únicas vías de supervivencia económica dunha Palestina monodependente dos recursos externos, que no ano 2005 se cifraron en 500 millóns de euros fornecidos pola UE e 300 millóns polos EEUU. Estímase que máis dun millón de persoas dependen directa ou indirectamente dos salarios públicos.

Os resultados de xaneiro non correspondían tanto a unha valoración das candidaturas que concorrían, tanto como a un referendo sobre o Proceso de Paz de Oslo. Mentres para Al Fatah fora un éxito, para Hamás era un fracaso estrepitoso.

As negociacións comandadas por EEUU e a UE deron nun quebracabezas de pezas territoriais inviables e inconexas. A construción dun muro de 700 km acentuou as expropiacións, mentres a colonización israelí medraba segando as vías de comunicación internas intrapalestinas. O paro cébase na metade da poboación.

Mentres Al Fatah se mergullara nun escuro labirinto de negociacións interminables, Hamás facía proselitismo e traballo social a través das dúas organizacións benéficas, que nutrían progresivamente o número de adeptos. Mentres Arafaf gañaba o respecto da comunidade internacional… a sociedade palestina ía paseniñamente entregando a súa confianza a Hamás.

Fronte a estratexia do diálogo, de negociacións improdutivas de Al Fatah, os líderes de Hamás déronlle a palabra ao terror, para que so falasen as bombas. Pasaron a ser contemplados tamén como alternativa, como interlocutores sen concesións gratuítas. Hamás chegara a conclusión de que única saída era producir cantidades inxentes de dolor, que superasen o umbral de tolerancia de sociedade israelita, para obrigala a facer concesións nas negociacións.

No programa do Partido do Cambio e a Reforma, estaban escritas poucas promesas que se resumían nunha triloxía: a) Garantir a reformas que evitasen a corrupción cos fondos públicos. b) Non recoñecemento do Estado de Israel. c) Rexeitamento do Proceso de Paz de Oslo.

Este simple programa respondía ao feito de que ANP, dende mediados dos 90 puxo en marcha gobernos progresivamente cuestionados polo seu autoritarismo, arbitrariedade, uso pouco transparente dos públicos, caos administrativo, colapso institucional… Ao tempo a ocupación intensificouse coa chegada ao poder de Sharon, que respondeu a estratexia das bombas de Hamás, multiplicando o terror e humillando as institucións palestinas máis proclives ao Proceso de Oslo.

Israel prosegue na súa axenda unilateral construíndo o ilegal muro da discordia. Nacións Unidas, EEUU, a Unión Europea e Rusia terman con firmeza da vella folla de ruta que plantea tres esixencias, sine qua non, das que as dúas son inasumibles por colisionar frontalmente coa triloxía programática de Hamás 1) Abandono terrorismo e violencia. 2) Recoñecemento de Israel. 3) Aceptación do marco do Proceso de Oslo.

Os mediadores internacionais se debaten na disxuntiva de aceptar un goberno de Hamás e financiar a Hamás na lista das organización terroristas, ou retirarlle apoio financeiro e empurralos cara a unha maior radicalización.

Quizais os recursos poidan chegar a poboación sen pasar polas mans de Hamás, pero as raíces para que naza e medre unha solución que poña remedio as envelenadas relacións entre Occidente e o Mundo Islámico están podres na base.