Perexil: un veleno latente

Apartados xeográficos África ARQUIVO
Idiomas Galego

O pasado 11 de xullo, a Embaixada de Marrocos emitía un comunicado de prensa no que detallaba a instalación dun posto de vixiancia na illa de Leïla ou de “Perejil” como se coñece en España. Segundo o comunicado oficial, a instalación deste posto estaba orientada á loitar contra o terrorismo e a emigración porque a illa é zona clandestina de paso para toda clase de persoas que se dedican a negocios ilegais. Ademáis, reivindicaba a pertenza da illa a Marrocos, por situarse no interior das súas augas territoriais. Segundo algúns, quedou baixo soberanía marroquí en 1956, coa fin do Protectorado español sobre a zona norte de Marrocos.

Con esta acción, Marrocos agardaba capitalizar o seu rol como estado fronteirizo e liderar a guerra contra o terrorismo, atraguendose o apoio de Estados Unidos para os seus puntos de vista nas disputas territoriais.

¿Por que tanto lio por unha illa cunha superficie de 13,5 hectáreas, situada a 200 metros das costas marroquís e soamente frecuentada por pescadores e pastores de cabras? Para Madrid, Rabat se pasaba “da raia”. A maquinaria de resposta poñíase en marcha ante o evidente descalabro dunhas moi enfeblecidas relacións. Isto supón unha violación das normas de boa vencindade e do sentido práctico da diplomacia, asegúrabase en Santa Cruz. Había que responder, e na madrugada do dia 17 de xulio, as Forzas Armadas españolas recuperaron a illa do Perexil e desaloxaron ós ocupantes marroquís. Primeira consecuencia: o incidente medrou puntos no ránking das tensións ata ser definido como crise, que debía engadirse ás mil e unha diferencias xurdidas dende outubro do 2001: retirada do embaixador de Marrocos en Madrid; concesión de licencia de exploración do subsolo a Repsol Ypf en territorio que o país viciño considera como augas territoriais propias, preto das Illas Canarias; o continuo fluxo de inmigrantes procedentes do Norte de África a través de Marrocos a Europa e España; a negativa de Rabat a renovar o acordo de pesca coa Unión Europea, etc.

A acción levada a cabo polas Forzas Armadas españolas foi xustificada baixo termos de “lexítima defensa”, en palabras do ministro do ramo, Federico Trillo. Ana Palacio, a ministra de Asuntos Exteriores, asegurou que a intervención non tiña máis finalidade que restaurar a situación anterior ao 11 de xullo. Isto é que a illa, como res derelictae, se beneficiaba dun status de “desinterese” aceptado polos dous países.

Máis alá deste conflicto concreto, o certo é que dende hai case un ano as relacións hispano-marroquís, asemelladas a un caixa de Pandora, non pasan por un bo momento. E todo pasa pola definición do futuro do Sahara Occidental, territorio reivindicado por Rabat, co apoio de Francia e Estados Unidos, pero coa tradicional negativa de España que aposta aínda, como Nacións Unidas, pola celebración dunha consulta plebiscitaria que garanta o exercicio do dereito democrático de libre autodeterminación. Veciños e socios comerciais, con Tratados de amizade e colaboración asinados, Madrid e Rabat disputan hoxe por un penasco e mañán por un deserto, ben é verdade, que rico en fosfatos e cunha plataforma pesqueira importante.

Con Estados Unidos e Francia a gañar peso e influencia no Magreb, Madrid corre un serio risco de entrar nunha espiral decadente ante un Rabat que sabe presentarse ante unha opinión pública internacional como víctima dos arrebatos coloniais dun imperio extinguido, que afirma a reivindicación de Xibraltar fronte a Londres, pero nega unha mínima negociación sobre outros territorios “propios” que se atopan en similar situación (Sébta e Melilla, especialmente). A tradicional boa imaxe de España no conxunto do mundo árabe pode deteriorarse visto o apoio da Liga Árabe e a Organización da Conferencia Islámica. O goberno de Aznar, a diferencia dos gabinetes de Felipe González, amósase incapaz de construír unha asociación estratéxica co veciño alahuíta e, sen quitar ferro ás incoherencias de Rabat, de seguir así, todos acabaremos pagando os pratos rotos.