ue angela merkel e jose manuel durao barroso

Pode Alemania salvar a UE?

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Ãngela Merkel e José Manuel Durão Barroso, clic para aumentar
A necesidade de que Alemaña acade algo máis que do que as presidencias posteriores á negativa francesa e holandesa, e a necesidade dunha adopción de decisións antes do remate dos derradeiros dous meses do tramo final da presidencia alemana, poden marcar o percorrido das negociacións, e sobre todo, os resultados finais dos acordos sobre o porvir europeo, que a ben seguro se van celebrar nesa época. (Foto: Ángela Merkel e José Manuel Durão Barroso).
 

Habitualmente se afirma que Alemania é o motor de Europa, e Ángela Merkel retomando a luva das adulacións que moitos lle lanzan, non quere que a súa presidencia, o primeiro semestre de 2007, pase desapercibida.

A cuestión é solucionar o atranco no que din que se atopa Europa en función da negativa de dous países (Francia e Holanda) a adoptar e ratificala Constitución Europea, e saír desta terra de ninguén ou deste pantano inmundo no que todos os xornais afirman que está o proceso de construcción europea. Non se trata simplemente adoptar un novo texto lexislativo, senón ir máis aló e solucionar os problemas que esa constitución pretendía emendar. E dicir, a necesidade imperiosa de que teñamos un comisario europeo por país cando cada comisario, teoricamente, non representa nada máis que o interese xeral do conxunto, acabar coa ilóxica rotación semestral da presidencia, a incongruencia de ter unha acción exterior europea dividida en varias persoas, a necesidade de obter maiorías cualificadas para toda política relevante, e en moitos casos unha ideal unanimidade case imposible, que estando presentes na lóxica reformadora non moitos estados pretenden verdadeiramente solucionar.

Europa, non esta tan estancada como nos queren facer ver. Se dous estados din non, outros dezaseis xa dixeron que si, o que debe expresar unha vontade de progreso, e outros sete quedan por pronunciarse aínda que é certo e obvio que algún máis pode quedarse atrás.

A solución para que o proceso de integración avance, pasa por facer reformas no texto constitucional, pero qué tipo de reformas? Fálase de deixar o un tronco básico, pero ninguén se pronuncia sobre a qué se quere renunciar. Sarkozy, xa propuxo unha saída a través dun "minitratado", o que foi relativamente ben acollido, co que se elude falar dunha Constitución e decaen as febres federalistas.

Alemaña non vai forzar a máquina ate despois das eleccións en Francia onde a segunda volta coincide o 6 de maio de 2007. En xuño se celebran eleccións ao parlamento Francés. Merkel non sabe aínda a quen vai ter por socios en futuras conferencias intergobernamentais por parte francesa, e Francia foi precisamente a primeira que dixo non, e iso é básico para aclarala solución definitiva, e os recortes que se farán no texto constitucional, se é que non se presenta un novo tratado internacional que chegue un pouco máis lonxe nas reformas que o que finalmente acadou o Tratado de Niza. Tal vez isto supoña enterrar momentaneamente as ambicións de dotarse dunha Constitución Europea saída dunha convención tal e como fora programada ate o de agora.

A necesidade de que Alemaña acade algo máis que do que as presidencias posteriores á negativa francesa e holandesa, e a necesidade dunha adopción de decisións antes do remate dos derradeiros dous meses do tramo final da presidencia alemana, poden marcar o percorrido das negociacións, e sobre todo, os resultados finais dos acordos sobre o porvir europeo, que a ben seguro se van celebrar nesa época.