sgdn mapa de localizacion

Poñámonos á espreita

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Mapa de localización do SGDN; clic para aumentar
O segundo eixo é a proposta de limitar o poder dos xuíces de instrucción ás dependencias do poder, por exemplo, os ministerios e os servicios secretos. Esta é a proposta que fai o secretario xeneral da Defensa Nacional (SGDN), Francis Delón, se ben parece que o ministro do Interior non é partidario de incluír esas limitacións. (Foto: Mapa de localización do SGDN).
 

En Francia empezan a tremer co proxecto de lei coñecido por LOPSI (Lei de orientación para a execución da seguridade interior) que se quere someter ao consello de ministros para o outono. O día 24 de xuño, Le Monde adiantou o que poden ser os tres eixes, moi preocupantes, dese proxecto.

O chamado ficheiro "Pericles" ven ser unha base de datos "que xa a policía foi poñendo en marcha" onde figuran cartóns de crédito, permisos de circulación, claves de teléfonos móbiles, facturas e moitos outros datos que nunca constan nos procedementos xudiciais. Ou sexa, moi na liña neocón tan cara a Sarkozy.

O segundo eixo é a proposta de limitar o poder dos xuíces de instrucción ás dependencias do poder, por exemplo, os ministerios e os servicios secretos. Esta é a proposta que fai o secretario xeneral da Defensa Nacional (SGDN), Francis Delón, se ben parece que o ministro do Interior non é partidario de incluír esas limitacións.

E o terceiro eixo do proxecto de lei é o que chama "captacións informáticas e sonoras", que permitirá incluír nos ordenadores dos cidadáns un "cabalo de Troia" informático, "sen o consentimento dos interesados", espionaxe do Estado aos cidadáns que haberá de estar autorizado por un xuíz.

Ou sexa, a "Patriot Act" de Bush en francés. É curioso: todos os políticos mediocres, e hoxe son maioría, devecen por eses pequenos trebellos informáticos, coma nenos pequenos. Porque son pequenos xoguetes cheos de comodidade.

Ese é o mundo que temos ao noso arredor. E pouco a pouco vai ser tamén o noso. Malos tempos para o ser humano.