Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Quinta Parte
carta nacions unidas

Por que é importante a celebración do Cumio do Futuro? (Especial, Quinta parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

“Realizar a cooperación internacional na solución de problemas internacionais de carácter económico, social, cultural ou humanitario, e no desenvolvemento e estímulo do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais de todos, sen facer distinción por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión; e servir de centro que harmonice os esforzos das nacións por alcanzar estes propósitos comúns”

Nacións Unidas. (1945). Carta das Nacións Unidas. Capítulo I: Propósitos e principios, Artigo 1.

Como vimos no último artigo sobre a relación do cumio cos ODS, as cousas non van polo camiño correcto, as Nacións Unidas corren o perigo de quedar regazadas como unha institución completamente irrelevante incapaz de facer fronte aos problemas do futuro.

Os acontecementos e os desafíos están superando a organización internacional, facendo imperante a necesidade de reformar completamente o seu sistema de multigobernanza para adaptalo aos novos tempos.

Segundo o Informe de Riscos Globais 2023 do Foro Económico Mundial o cambio climático será o maior risco mundial nos próximos 10 anos. Isto sumado a outros riscos como poden ser a migración involuntaria que este producira, os conflitos xeopolíticos, o coste da vida e as enfermidades infecciosas entre eles. O informe a súa vez destaca a importancia da aplicación de políticas climáticas mais estricas, a inversión en sistemas de saúde pública e a necesidade de implantar mecanismos de seguimento efectivos

Polo que é imprescindible acelerar e intensificar a acción agora que se esta a tempo, non obstante isto debe facerse mediante unha reforma das institución, baixo os principios da inclusión e do consenso. A desigualdade e a política de bloques ata agora vixente nas Nacións Unidas, deben ser substituídas por un sistema multilateral que recoñeza o dereito ao desenvolvemento e que promova unha política universalista que sexa decidida por todos e aplicada a todos.

Tal e como afirmaba o secretario xeral da ONU, Antonio Guterres nun dos seus discursos na Asemblea Xeral:

“Estamos ao borde dun abismo, e vamos na dirección equivocada. Noso mundo nunca estivo mais ameazado nin mais dividido” (Guterres, 2021).

A decisión do G7

Fai uns poucos días coñeciamos a decisión do G7, un grupo de países conformado por Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Xapón, Reino Unido e Estados Unidos, de abandonar por completo o uso da enerxía do carbón antes de 2035.

Dado que estamos falando dalgúns dos países mais industrializados no mundo, esta é unha decisión moi importante. Os países do G7 optan por apoiar a enerxía nuclear fronte aos combustibles fósiles, xa que esta é moito mais respectuosa co medio ambiente. Así como a posta en marcha da “Coalición da Auga do G7” que busca facer fronte a crise mundial da auga que afronta o planeta.

Esta iniciativa marca un camiño importante a seguir e podería ser tomada como exemplo no marco global, para facer fronte aos desafíos ambientais que son globais.

Xeracións futuras

Outro dos grandes motivos polos que este cumio é importante, e polo futuro que debemos deixar. Neste marco é imprescindible que o cumio marque un antes e un despois na implicación da sociedade civil na toma de decisións. Debese acercar a ONU a un nivel mais próximo aos distintos pobos do mundo.

Nesta liña, o pasado 9 de maio tivo lugar en Nairobi a 69 Conferencia da Sociedade Civil da ONU, na que o tema que mais preocupaba aos participantes era a pouca importancia que se lle estaban dando aos dereitos humanos no pacto do futuro. Dereitos que deberían ser a base de actuación para os gobernos segundo afirma a organización Human Rights.

É fundamental que o Cumio do Futuro sitúe os dereitos das xeracións futuras como unha prioridade, e que involucre as distintas organización da sociedade civil para conseguilo.

“As xeracións actuais teñen a responsabilidade de legar ás xeracións futuras un planeta que nun futuro non estea irreversiblemente danado pola actividade do ser humano” (UNESCO, 1997).

Por todo isto, as Nacións Unidas deben asumir o liderado que lles corresponde e poñerse ao fronte da maior transición global cara un mundo mais xusto e sostible, e o primeiro paso para logralo é o Cumio do Futuro.

Serán capaces de conseguilo, e o Cumio do Futuro será unha data que pasará a historia ou polo contrario non acadara a suficiente relevancia para ser recordado?