Trala entrega do Premio a Diego Sande o 16 de decembro do 2024 polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Sonia Rodríguez-Campos, a investigación publicouse durante 2025. Pódese adquirir na Libraría institucional da Xunta e proximamente nas mellores librarías.
A obra premiada trata a problemática da eficiencia na planificación, deseño e implementación das políticas europeas de innovación rexional na Comunidade Autónoma, así como das dificultades na absorción de recursos europeos por parte do tecido produtivo.
A investigación é froito dunha sistemática atención á materia por parte de Diego Sande, precedida por distintos artigos académicos e dous libros previos, presentadas entre outros foros, na IGADI TV: “O estrangulamento tecnolóxico de Galiza” Edicións Laiovento 2020 e “As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?” Universidade de Vigo 2024.
Na presentación do próximo mércores día 4 de febreiro ás 19:30 na Libraría Couceiro, acompañarán ao autor, a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o profesor da USC e Director do IDEGA, Rubén Camilo Lois.

