Os terroristas difundiron un vídeo onde se podía ver aos funcionarios feridos e degolados por eles mesmos. A grabación, realizada en idioma árabe daba comezo coa sahada (testimonio de fe, un dos cinco pilares do Islam) e co recoñecemento de que eran “muxahidin do Estado islámico”. Sinalaban que, “coa axuda de Deus todopoderoso” capturaron a prisión.
Nun novo vídeo, este tamén en árabe unos dos asaltantes, portando o que semellaba ser un chaleco explosivo e un cóitelo nas máns ensanguentadas exhibía a bandeira empregada polo Daesh.
Tamén se podía ver a outro dos terroristas que exhibía tres cóitelos mentres proclamaba: “Eiquí están os muxahidin do Estado Islámico”. Un terceiro sostiña un cóitelo na gorxa dun funcionario de prisións axeonllado e cuberto de sangue.
Este funcionario voltaba a aparecer, nunha terceira grabación, esta en idioma ruso, na que os secuestradores obligárono a dirixirse ao presidente da Federación Rusa, Vladimir Vladimirovich Putin, a quen istaba a que atendese ás demandas dos terroristas. Estas consistían inicalmente en diñeiro e un helicóptero para fuxir do centro penitenciario. Con posterioridade, nunha nova grabación un dos terroristas, proclamando que “os musulmáns están oprimidos pola policía” demandaba un coche en unha ametralladora.
No comezo dunha reunión operativa con membros permanentes do Consello de Seguridad da Federación Rusa, o presidente Putin compareceu públicamente para comunicar que estaba sendo informado da situación polo xefe do Servicio Penitenciario Federal, e que ía escoitar as valoracións de Vladimir Aleksandrovich Kolokoltsev, ministro do Interior e de Viktor Vasilyevich Zolotov director do Servicio Federal de Seguridade (FSB) e xefe da Rosgvárdia (Garda Nacional de Rusia).
Un mulá da localidade tentou negociar cos delincuentes aínda que sin resultados. Nunhas declaracións públicas, Bata Kifah Mohamad, Mufti de la Administración Espiritual Central dos Musulmáns da Rexión de Volgogrado, declarou que non se poden levar a cabo negociacións cos secuestradores. “¿Non está claro por qué non son necesarias estas negociacións cos criminais?. ¿Para persuadilos con palabras amables? ¿Para amoestalos? ¿Despois do que estes bandidos mataron e fixeron hoxe?…aos criminais hai que falarlles desde unha posición de forza”.
Pouco despois, a primeira hora da tarde, o Gobernador da rexión, Andrei Bocharov, declarou públicamente: “Houbo mortes, os criminais foron eliminados”. “Francotiradores das forzas especiais da Garda Nacional Rusa na rexión de Volgogrado neutralizaron a catro prisioneiros que tomaran como reféns ao persoal penal con catro disparos precisos“.
A identidade dos asaltantes eliminados era:
Temur Khusinov, nado o 9 de agosto de 1995 en Uzbekistán. Encarcelado o 9 de novembro do 2018 para cumprir unha condena que remataba o 8 de novembro de 2024.
Nazirchon Toshov, nado o 6 de marzo de 1996 en Taxikistán. Encarcelado o 19 de abril de 2023 para cumprir unha condena que remataba o 4 de agosto de 2029.
Ramzidin Toshev, nado o 8 de outubro de 1995 en Uzbekistán. Encarcelado o 25 de outubro do 2023 para cumplir unha condena que remataba o 12 de marzo de 2031.
Rustaman Navruzi nado o 22 de marzo de 2001 en Taxiskistán. Encarcelado o 23 de xunio de 2022 para cumprir unha condena que remataba o 4 de abril de 2028.
O motivo da estancia en prisión de tres deles eran cuestións relacionadas con narcotráfico (tres deles) e un homicidio involuntario no transcurso dunha pelexa. Ningún tiña vínculos coñecidos co xihadismo
O perfil dos terroristas, mozos de nacionalidade taxika e uzbeka, que xunto coa kazaxa son as maioritarias do Estado Islámico no Khorasan (IS-K) filial afgana do Daesh, garda similitudes cos autores do mortífero atentado xihadista no Crocus City Hall de Moscú o 22 de marzo de 2024 no que máis de 130 persoas foran asasinadas. A estes tampouco se lle coñecían relación previas coa actividade xihadista a excepción dun deles que afirmu ser tido captado a través dun canal de Telegram.
Queda por saber a causa da intensa radicalización destes terroristas, toda vez que a un deles apenas lle quedaban uns meses de estancia en prisión e a falla de detección da mesma por parte das autoridades penitenciarias nun entorno, ao menos no plano teórico, hipervixiado. Do que no hai dúbidas e do papel que ten o cárcere coma eventual elemento de trasmisión de doctrinas radicais e a importancia vital, neste caso en toda a extensión do termo, da detección previa e intervención inmediata sobre esas condutas.
Neste contexto, non debería esquecerse a importancia que ten o trato que recibe poboación reclusa coma eventual elemento impulsor cara o radicalismo, pois como dicia Fiódor Dostoyevski, “O grao de civilización dunha sociedade mídese polo trato aos seus presos”.