Razóns erradas

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego

Esta semana, o canciller alemán Gerhard Schröder humillou ao seu vice canciller Joschka Fischer, asi como ao goberno francés. A cancillería en Berlin publicou plans sobre unha iniciativa xermano-gala para unha misión dos cascos azuis da ONU en Iraq, que aínda non está nin ben planeada nin confirmada. Mentres as negociacións seguían entre Berlin e Paris, o canciller falou sobre elas en público. O ministro de asuntos exteriores alemán Joschka Fischer, igual que o ministro de defensa Peter Struck non estaban informados e se enteraron destes plans a través da prensa. Struck emprendeu a fuxida cara adiante e demitiu o luns, a Fischer no lle quedou outra alternativa que gardar silencio diplomático, pero é probable que na confrontación con Schröder non se quedara mudo.

É natural que Joschka Fischer esté frustrado e mosqueado sobre a actuación en solitario de Gerhard Schröder, porque a súa propia política exterior de facto fracasou. Cando asumiu o mando hai catro anos, o político verde tiña catro obxectivos principais: evitar calquer illamento de Alemaña, unificar Europa e reforzar o seu papel, manter as boas relacións cos Estados Unidos, e establecer a paz en Oriente Próximo. En gran parte por causa do seu xefe, o diplomático alemán está ante un cúmulo de fracasos.

Sen dúbida, a unificación no marco da Unión Europea é un feito. En Maio deste ano a Unión se vai a ampliar a dez países da Europa do Este. O que queda claro unha vez máis, é que non se trata soamente dunha unión económica. A cooperación política " e sobre todo a de política exterior e de seguridad " non é máis ca un proxecto, un soño duns políticos europeístas que lamentan o papel marxinal que xoga Europa nas relacións internacionais. A carta de apoio dirixida ao goberno estadounidense, por iniciativa de José Maria Aznar e Tony Blair e firmada por outros seis líderes europeos " da "nova" Europa como afirmou o ministro americano de defensa Donald Rumsfeld " amosou que a política exterior e de seguridade común (PESC) simplemente non existe. O que máis destacou desta xogada foi o feito de que soamente uns días antes da publicación do documento, os ministros exteriores da UE habían aprobado unha declaración sobre unha posición común ante a crise actual en Iraq. Evidentemente, baixo presión esta "Europa unida" sigue pensando en estructuras de estados nacionais, preferindo a alianza vantaxosa coa única superpotencia, como se a Unión Europea nin sequera existise. Non hai que mencionar que para imaxinar un papel europeo na escena internacional iso foi un golpe moi duro.

No que se refire ás relacións entre Alemaña e os Estados Unidos, consideralas como boas parece demasiado optimista. A firme postura alemana, que quere evitar unha guerra con todas as súas forzas, non carece de lóxica e coincide coa opinión da maior parte da poboación europea e estadounidense. Sen embargo, a Alemaña non lle quedan moitos aliados que se opoñen con semellante tozudez a un golpe militar contra Iraq para derrocar a dictadura de Saddam Hussein e desarmar o país de armas nucleares, quimicas ou biolóxicas. Francia " cunha amizade reavivada " permanece en solitario con Alemaña, pero non é por pura casualidade que a ministra de defensa Michéle Alliot-Marie mandou o único portavións francés a realizar manobras xusto detrás de Creta. Hai varios sinais que fan suponer que Francia cambiará o rumbo xusto a tempo para estar na coalición dos usureiros da guerra. A Alemaña, en cambio, lle vai a resultar moi difícil cambiar o rumbo da súa estratexia no derradeiro minuto por un motivo principal: a canella sen saída na que se meteu Gerhard Schröder. Non é un segredo que a coalición entre o partido social-demócrata e os verdes gañaron as eleccións polos pelos, debido ao rexeitamento firme a unha participación alemana nunha posible guerrra en Irak. Dende as eleccións, a situación da política interior en Alemaña empiorou significativamente, os ingresos tributarios ou a taxa de desemprego son dos máis altos das últimas décadas, e nas eleccións celebradas hai dúas semanas en dous estados, Hessen e Niedersachsen, o electorado xa lle pasaron factura ao canciller. O último intento de Schröder de salvar a situación prometendo antes destas eleccións que Alemaña non iba a apoiar unha intervención militar no Consello de Seguridade diminuiu unha vez máis a marxe de actuación do seu ministro de exteriores, e lle valeu a crítica de Rumsfeld comparando a tozudez alemana coa dos espectros estadounidenses, Cuba e Libia. A postura firme de Alemaña contra a guerra en Irak polo tanto non obedece a razóns totalmente pacifistas, senón máis ben por razóns interesadas no mantemento do poder do propio canciller alemán.

Estas xustificacións por razóns moralmente equivocadas parecen ser algo moi manido nesta nova crise no Próximo Oriente. George W. Bush di querer a guerra para liberar o pobo iraquí do seu dictador e para protexer a poboación mundial da ameaza das armas químicas, nucleares ou biolóxicas. O que cala á opinión mundial " aparte de intereses económicos no petróleo iraquí " é que cunha guerra posiblemente poida manter a súa lamentable situación económica fora dos periódicos. O que queren Blair e Aznar é asegurarse de que a súa relación especial coa superpotencia continúa e que non se vai a esquecer deles cando toque repartir o botín de guerra; Berlusconi en cambio está interesado en disimular os xuizos pendentes e os seus affaires de corrupción e recuperar un pouco de reputación internacional e polo tanto quere evitar calquer situación de illamento forzoso.

Dentro duns días ou semanas se vai a decidir o destino de Irak, se esta decisión non se tomou xa. Pero non importa si dentro duns días ou semanas estaremos en guerra ou si se atoparon unha solución pacífica para a crise: total, sempre será por razóns equivocadas.