Rebelión nas aulas mexicanas

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Logo de 78 días de folga o rector da universidade aceptou as conversas públicas tal como esixían os estudantes. A subida das matrículas decretada polo rector Francisco Barnes prendeu a mecha dunha revolta enquistada e radicalizada. Trátase da primeira subida das simbólicas taxas académicas dende 1948, ata situalas nunhas 18.000 pts, e ten roto o principio de gratuidade no ensino universitario nun país no que todo xira ao redor das presidenciais do 2000.

Como toda boa revolta que se prece, a rebelión das aulas do ensino medio e universitario mexicano, que principiou polas taxas de matriculación, foi ampliando o abano de reivindicacións a medida que se foi radicalizando. A gratuidade total do ensino público, o ingreso automático dende o Bacharelato á universidade sen filtros intermedios, a libre elección de carreiras, a modificación do calendario escolar … ata encher a trintena das que 7 son consideradas irrenunciables para proceder ao retorno as clases.

O conflicto que afecta a Universidade cun maior volume de alumnos/as de toda latinoamérica, maís de 250.000, ten unha gran vitalidade que preocupa tanto ás autoridades universitarias como as policías. As asembleas son impresionantes a a elas teñen acudido ata uns 5000 alumnos/as que seguen, na súa maioría, as teses que marca a liña maís dura.

O que comezou como unha defensa dun servizo público esencial como o ensino e contra da súa privatización ten desenvocado en tensións sociais políticas. De nada serviu que primeiro se anunciase a gratuidade para as familias cun salario inferior as 75.000 pesetas nin que xa case mes un mes o rector anunciase a retirada do Regulamento Xeral de Pagos e incrementou exponencialmente o prezo das matrículas. Toda xusta reivindicación está baixo a sospeita da manipulación política. Un mesmo líder estudiantil pode ser considerado ao tempo un axente do PRI provocador de violencia contra o alcalde da cidade e aspirante a desbancar ao PRI da presidencia, pode ser considerado un elemento subversivo adestrado do Salvador con técnicas militares, un elemento alimentado por Cárdenas contra do Goberno de Zedillo ou un infiltrado do subcomandante Marcos do EZLN.

Profesores e estudantes están preocupados por que a situación non se prolongue en demasía. A negociación prevista cos 120 delegados da folga, dos que só terán dereito a voz 13, no Pazo da Minería abre unha porta á esperanza. Mentres non haxa acordo o Consello Xeral da Folga xa ten advertido que a loita continúa.