Orixinalmente o artigo fai parte da publicación "Debates e Dilemas Contemporâneos do Direito e Fraternidade" (Deisemara Turatti, Geralda Magella de Faria Rossetto, Ana Cristina Ben, organizadoras) editado polo CLAEC – Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura, no 2024,
dto a fraternidade

Reflexións encol da conveniencia da aprobación en España dunha Lei Orgánica de Amnistía para a regularización do Procés Català da autodeterminación. A pertinencia do avance cara un novo contexto constitucional mais libre, igual e fraterno

O presente estudo aborda a aprobación, nun exercício de congruencia constitucional, dunha Lei Orgánica de Amnistia a aplicar no marco do Procés Català, com vistas a un adecuado encaixe entre Catalunya e o resto do Estado español. Apóntase asimesmo a uns cambios constitucionais, no marco dunha revisión ou, inclusibel, dunha nova Constitución, de características federais, na procura dunha mellor convivencia, dentro de España, das estruturas territoriales que a compoñen, nomeadamente das súas Nacionalidades Históricas (Catalunya, Euskadi e Galiza). Deberíamos, en definitiva, ao noso entender, de avogar, no marco dun renovado contexto constitucional, á consecución dunha democracia, persoal e territorial, máis social, transversal, participativa e representativa, tal como corresponde ao interés da expresión real dos princípios da liberdade, igoaldade e fraternidade.
Liñas de investigación Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Palabras chave Catalunya Amnistía
  1. Introducción. Apontamentos sobor da Amnistía e do Indulto.

De qué falamos coa amnistía e o indulto? A amnistía é un instrumento xurídico do Poder Lexislativo, que implica a renuncia do Estado ao exercicio da acción penal e á execución da pena, chegando a operar no que respecta aos efectos civís ou administrativos, se se fai expresa mención deles na lei que a aprobe. A amnistía, entre outras diferenzas, é unha forma moito máis radical da graza que o indulto, debido a que extingue non xa a pena senón tamén a comisión do delito; mentres que o indulto representa o perdón da pena, non extinguindo necesariamente os antecedentes penais. A amnistía afecta a unha pluralidade de persoas. O indulto pode afectar a unha persoa concreta ou a unha pluralidade. A amnistía constitúe, polo tanto, o perdón máis alto que pode conceder un Estado, xa que non só é perdoada a pena imposta senón que tamén o delito é esquencido. Algunhas amnistías son acompañadas con medidas de reparación1.

Unha lei da amnistía ten como resultado, xa que logo, suprimir os efectos de certos delitos e infraccións, dándose por terminados os procesos se estes estiveran iniciados, e, si xa foran falados, quedarán sen efecto as condenas impostas. Non fai falta que o suxeito estexa condenado para recibir unha amnistía, podendo ser esta propia, antes das actuacións xudiciais, ou impropia, posterior á condena. Pola outra banda, para outorgar un indulto é precisa unha sentenza firme.

No que concerne aos suxeitos beneficiarios, a amnistía podería ser confundida co indulto xeral, debido a que afecta a unha xeneralidade de persoas; con todo, a diferenza estriba no xeito en que se administra a amnistía e a súa procedencia. Así, a amnistía emana do Parlamento, sendo a propia lei quen determina os seus efectos, a súa extensión e o ámbito obrigatorio dos seus outorgamentos, mentres que no indulto particular e xeral a lexislación relativa a estes, aprobada polo Parlamento, faculta ao Goberno para outorgalos ou non. Por outra banda, para outorgar un indulto é preciso que haxa unha sentenza firme, mentres que para a amnistía non o é.

É obvio que a amnistía, da cal espérase que teña un sentido beneficioso ten tamén uns límites. Neste sentido, a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos afirma que: “Las amnistías se rigen actualmente por un conjunto sustancial de normas de derecho internacional que delimitan el ámbito de lo permisible. Lo que es más importante, las amnistías que impiden el enjuiciamiento de las personas que pueden resultar jurídicamente responsables de crímenes de guerra, genocidio, crímenes de lesa humanidad y otras violaciones graves de los derechos humanos son incompatibles con las obligaciones que incumben a los Estados en virtud de diversas fuentes de derecho internacional, así como con la política de las Naciones Unidas. Además, las amnistías no pueden limitar el derecho de las víctimas de violaciones de derechos humanos o de crímenes de guerra a un recurso efectivo y reparación, ni pueden obstaculizar el derecho de las víctimas o de las sociedades a conocer la verdad acerca de esas violaciones. La política de las Naciones Unidas de oponerse a las amnistías relativas a crímenes de guerra, crímenes de lesa humanidad, genocidio o violaciones graves de derechos humanos, incluso en el contexto de las negociaciones de paz, constituye una evolución importante basada en una experiencia de larga data. Las amnistías que exoneran de sanción penal a los responsables de crímenes atroces en la esperanza de garantizar la paz suelen fracasar en el logro de su objetivo, y en lugar de ello han alentado a sus beneficiarios a cometer nuevos crímenes2.

No sentido advertido enriba, o iusinternacionalista Fernández de Casadevante Romaní suliña que “Tanto las normas internacionales en materia de Derechos Humanos como las relativas a las distintas categorías de víctimas2 formulan claramente y sin ambages la obligación que tiene el Estado de investigar de modo efectivo las violaciones de los derechos humanos o de los derechos de las víctimas. Sobre este particular la posición de los órganos internacionales de control en materia de derechos humanos es clara, tal y como refleja la jurisprudencia del Comité de Derechos Humanos, de la Corte Inter‐ americana de Derechos Humanos y del Tribunal Europeo de Derechos Humanos. De la misma se desprende que la investigación posee una doble dimensión. Por un lado, se trata de una medida que se debe a la víctima y a sus familiares para reparar la violación. De otro, es también una medida preventiva de futuras violaciones”3.

2. A constitucionalidade dunha Ley Orgánica de Amnistía.

Logo de dito o anterior, podemos e debemos de preguntarnos si é posíbel a institución da amnistía en España no marco da Constitución española do 1978? A regulación da amnistía no Dereito español foi dispersa e deficente. É unha realidade innegábel que tanto a amnistía como o indulto contaron con un protagonismo grande en etapas de cambio de réxime político, xeralmente ao saír dunha etapa ditatorial para entrar nunha democrática. A última amnistía en España, morto o dictador F. Franco no 1975, foi outorgada pola Lei 46/1977 de 15 de Outubro, ou sexa con anterioridade á Constitución do 1978.

Pero neste momento, cal é a normativa xurídico-constitucional relativa á amnistía? A Constitución española non fai regulación clara, concisa e expresa da amnistía, contando non entanto con dous preceptos que dan lugar interpretacións diferentes por pola doutrina. Así, o art 62, i) di que “Corresponde ao Rei: Exercer o dereito de graza con arranxo á lei, que non poderá autorizar indultos xerais”; mentres que o art 87.3, máis confuso aínda si cabe, establece que non procederá a iniciativa lexislativa popular, entre outras materias, “no relativo á prerrogativa de graza”. Linde Paniagua entende que nesta prohibición da iniciativa popular para presentar proposicións de Lei en materia de “prerrogativa de graza” está a se facer referencia tamén á prerrogativa da amnistía4. Agora ben, prohibida ou non unha a posibilidade dunha iniciativa popular lexislativa, poderiamos preguntarnos si, mediante unha iniciativa lexislativa gobernamental ou parlamentaria, sería posíbel a aprobación dunha lei de amnistía.

Diversos expoñentes da doutrina xurídica, de diversas especialidades, manteñen posicións diferentes a respecto da posíbel constitucionalidade dunha Lei de Amnistía. Así, nun senso negativo, entre outros, Cobo del Rosal e Vives Antón5, Muñoz Conde e García Arán6 (Dereito Penal); Aragón Reyes7 e Solozábal Echevarría8 (Dereito Constitucional); este último afirma que se o constituínte prohíbe os indultos xerais (a un colectivo de persoas), iso quere dicir que a amnistía tamén está prohibida. Gimbernat Ordeig (Dereito Penal)9 entende que non é posíbel aprobar unha Lei de Amnistía polas Cortes Xerais, tendo en conta que non está expresamente prevista polo ordenamiento xurídico e ademais porque a Constitución española prohíbe os indultos xerais, figura próxima, como xa vimos, á amnistía.

Non obstante o anterior, a doutrina, correspondente a diversas áreas xurídicas universitarias, maniféstase maioritariamene a favor da consitucionalidade da amnistía; Requejo Pagés10 (Dereito Constitucional). Nun sentido favorábel estarían tamén: Tamarit Sumalla11, Aguado Renedo12 Pérez Del Valle13,Landrove Díaz14, Quintero Olivares15, Mir Puig16, Sobremonte Martínez17, Cuello Contreras e Mapelli Caffarena18, Cuerda Rieuzu19 e García Rivas, Llabrés Fuster, Mira Benavent, Portilla Contreras e Rebollo Vargas20 (Dereito Penal), Pérez del Valle21 (Dereito Administrativo); asimesmo, entre outros, son favorábeis e no ámbito da Abogacía do Estado, De la Nuez Sánchez-Cascado22 e Ruiz Bursón, Letrado do Parlamento andaluz23.

As argumentacións xiran encol da reflexión de que si a Constitución española, que prohibe expresamente os indultos xerais, non di nada a respecto da posibilidade dunha Lei Orgánica da Amnistía, pode interpretarse que a súa aprobación sería constitucional. Dalgún xeito, ben puidera traguerse a colación acó a máxima clásica ubi lex voluit dixit, ubi noluit tacuit (onde a lei quixo dixo, onde non quixo calou). Consecuentemente, si a Constitución española calou a respecto da prohibión de unha Lei da Amnistía, cabería afirmar a súa constitucionalidade.

En apoio desta tese maioritaria caber lembrar tamén o art. 111.3.º do Texto Refundido do 1973 do Código Penal, vixente até 1996 (até 18 anos logo da Constitución de 1978), segundo o cal: “A responsabilidade penal extínguese: Por amnistía, a cal extingue por completo a pena e todos os seus efectos”. Cabería subliñar tamén na mesma liña que aínda que a Constitución do 1978 non fai referencia expresa á amnistía, con todo a Lei de Axuizamento Criminal vixente sí a invoca no seu art. 666,4.ª: “Serán tan só obxecto de artigos de previo pronunciamiento as cuestións ou excepcións seguintes: A de amnistía ou indulto”. As devanditas referencias veñen apoiar a idea de que unha interpretación sistemática da actual Constitución española permite, por todo o visto, contemplar a posibilidade de aprobación, mediante as maiorías requeridas en cada momento do trámite lexislativo, dunha Lei Orgánica de Amnistía. Por todo o visto, entendemos que podemos inferir que no marco da actual Constitución española existe a posibilidade da aprobación dunha Lei Orgánica da Amnistía.

3. Razóns de oportunidade para a aprobación dun procedemento de amnistía en relación co Procés Català.

Sería oportuna a aprobación dunha Lei da Amnistía en relación co procés catalán?24 Excuso de suliñar que o asunto da oportunidade da súa aprobación está resultando aínda moito máis controvertido. En canto a súa conveniencia ou non da aprobación, lembrarei acó que, nalgunha ocasión25, referinme xa as circunstancias da gran connotación política e deficiente representatividade existente no Tribunal Constitucional, Tribunal Supremo, Consello Xeral de Poder Xudicial e Fiscalía Xeral do Estado, derivados dos seus sistemas de elección, os cales poden levarnos a falar da existencia material dun Bipartito do Poder Xudicial PP-PSOE. Está situación de cuasimonopolio require perentoriamente dos oportunos cambios a nivel constitucional e legal. E se me apuran um algo, máis aínda desde a ruptura dos entendementos tácitos, arredor da alternancia política, entre o Partido Popular (PP) e o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), ruptura que, agora en tempos da existencia, desde o 202O, dun goberno de coalición entre o PSOE e outros partidos, no cal non participa o PP, produce un estacamento na renovación, entre outros, do Tribunal Constitucional, nalgunha medida no Tribunal Supremo, e absolutamente, como acabo de suliñar, no Consello Xeral do Poder Xudicial, o cal leva cinco anos e médio co seu período de mandato caducado, non deixando de haber tamén algúns problemas no ámbito da cobertura do posto de Fiscal Xeral do Reino.

Ese tradicional xogo a dous xudicial implica a presenza dunha escasa pluralidade ideolóxica e axiolóxico-xurídica nas institucións que acabo de citar. O perfil político, como está ficando aínda ben patente nestes últimos meses, aparece claramente de manifesto máis do que nunca polas tensións existentes encol da composición e comportamentos do Consello Xeral do Poder Xudicial,. A estas fallas, poderíamos engadirlles a nula sensibilidade dos mecanismos de elección, das institucións citadas anteriormente, co principio de estructuración territorial autonómica do Estado español, que, recollido no art. 2 da Constitución, que, recollieito no art. 2 da Constitución, “recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións e a solidariedade entre todas elas”.

Pois ben, con estes bimbios foi efectuado o tratamento xudicial do procés catalán no seu conxunto, vindo da súa mau toda unha problemática ligada ás sentenzas do Tribunal Supremo, ás Ordes Europeas de Detención –até o momento con resultados desfavorábeis aos desexos do Goberno español– e á condición de Deputados do Parlamento Europeo de algúns dos expoñentes políticos que deron vida ao procés.

Non podemos entrar agora nos pormenores de todo o acaecido en relación coa Cuestión catalá. Agora ben, estes foron, ou serán tratados por diversos Tribunais nacionais, polo Parlamento Europeo e sen desbotarmos que algún dos asuntos poida chegar inclusive ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, Carta Social Europea) como xa chegou á súa Comisión o asunto da designación dos membros do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Amén das valoracións xa feitas a nivel de distintos Estados e na Axenda Política do Grupo dos 20, o procés resulta ser tamén un motivo de seguimento para as Organizaciones internacionales que se ocupan do respecto dos dereitos humanos, singularmente a Organización das Nacións Unidas (Comisión dos Dereitos Humanos) e o Consello de Europa, ante cuxo Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos moi probabelmente serán recorridas as respectivas sentenzas dictadas en España, para examinar e xulgar a súa procedencia ou non co Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos e das Liberdades Fundamentais. Será preciso chegar ao bochorno de que España sexa condenada unha vez máis polo Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos? España foi condenada por estre Tribunal en 103 ocasións, desde o 1979 ao 201726.

4. A consecución dun novo contexto constitucional, en sede dunha maior liberdade, igualdade e fraternidade, na procura da evitación de novos conflitos territoriais.

Tería sentido político, a medio prazo, unha Lei de Amnistía sen unha posterior reforma constitucional –ou mesmo unha Constitución nova–? A pregunta, entendo que ten fácil resposta.Entendemos que a resposta a esta pregunta é claramente negativa, dado que non resulta congruente o noso deseño constitucional institucional cun desenvolvemento cooperativo do Estado autonómico español, e menos si pensásemos en térmos federais, porque estamos ante a presenza de varios elementos que o condicionan: a) un Rei, como Xefe do Estado, de elección non democrática, co cal houbo que apeitugar, no 1978, nun “trágaa ou a democracia non é para agora”; b) un Congreso dos Deputados elixido por listas pechadas e non por listas abertas, o cal fíxoo cautivo do partido que, en cada momento sustente ao Goberno, ben lonxe do resultado que xurdiría das opcións de voto dos cidadáns por medio de listas abertas ; e c) un Senado non territorial, subordinado, en definitiva, ao Congreso.

E xa a nivel xudicial, temos tivemos até fai pouco un goberno continuado de coalición PP-PSOE, derivado do gran poder, directo e indirecto, que alternativamente, ou de común acordo, o Goberno e o primeiro partido da oposición dispoñen, en especial, á hora da elección, -e consecuente cooptación ideolóxica, materialmente falando-, dos compoñentes do Poder Xudicial nos niveis intermedio e superior27, nunha medida tal que mesmo se fala da existencia en España dun Poder Xudicial bipartito, coa súa expresión maior no Consello Xeral do Poder Xudicial, nos Tribunais Supremo e Constitucional e, asimesmo en relación coa cobertura do posto de Fiscal Xeral do Estado.

Salvada a súa idoneidade en relación cos actuais presos, persoas imputadas xudicialmente ou multadas administrativamente no ámbito do procés, xa para ir teminando, direi que os problemas até aquí expostos son varios, variopintos e vastos e que estes enmarcánse na necesidade de irmos cara unas revisións constitucionais profundas mediante unha reforma da Constitución do 1978 –ou mesmo dunha nova Constitución–. Sen tales revisións, as posibilidades de que volvan repetirse escenarios semellantes aos do procés son fáciles de perceber. Ao noso xuicio, estamos ante unha Constitución caducada –como sinala X.A. Pérez Lema–28, en cuxa votación, por razóns de idade, non puideron participar os máis de dous tercios dos españois que teñen hoxe en día o dereito ao voto (ao redor dun 70%), non tiveron nunca a ocasión de participar nun referendo constitucional como o do 1978.

Entendo, polo tanto, que resulta preciso, como veño sinalando, ir cara unha reforma sustancial da actual ou ir a outra Constitución para España. Catro asuntos, entre outros, requirirán un especial debate: a) a convocatoria dun referendo sobre as opcións de república ou monarquía; b) o diseño dun Estado federal no que se produza un avance significativo dos dereitos de decisión libre, igual e fraterna dos cidadáns (refrendos de revocación de diversos cargos electos) e de regulación do de libre determinación (requisitos de temporalidade, volta dupla, repetición, quórums, etc.) dos pobos que compoñen o Estado español, cuxas opcións básicas serían pasar a ser un Estado independente ou continuar formar parte de España; c) a configuración dun Senado auténticamente territorial, froito, polo de pronto, dunha elección a nivel de circunscripción autonómica ou de Estado federado (e non provincial como sucede actualmente) que faga posíbel unha máis ampla presenza das sensibilidades políticas existentes, e cun poder normativo real; d) a consecución dun Tribunal Constitucional, Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo e Fiscalía Xeral do Estado que, saídos duns modelos de eleccións políticamente mási plurais e transterritoriais, sexan libres das dependências e servidumes a que se ven avogados actualmente debido aos interesados e restritos mecanismos existentes para a súa conformación29; e) a oficialidade das linguas propias no seus territorios respectivos –ou cando menos a súa cooficialidade nos seus territorios e nas institucións centrais do Estado–, todo iso co mantenemento dun exquisito coñecemento do castelán, como lingua franca e internacional, por todos os cidadáns.

Nunha Constitución –significativamente reformada ou nova– os princípios de liberdade, igualdade e fraternidade30, princípios emancipadores complementarios e inescindibeis, propios dunha democracia máis social, transversal, participativa e representativa deberían seren as pautas. Neste senso, destacaremos a profunda conexión entre esta tríada de princípios, dos cales nunca será bastante relembrar o da fraternidade31.

Sen espazo para entrar em consideracións máils detalladas, non estará de máis facernos eco da aproximación ao concepto de fraternidade, con moito menos estudado que os outros dous, ofrecida por Rey Martínez cando escrebe: “A partir de lo aquí expuesto, me atrevo a definir la idea política de fraternidad como la construcción ideológica de una determinada comunidad política (nacional o estatal) formada libremente por ciudadanos iguales, unidos por un fuerte sentimiento o convicción de pertenencia común a dicha comunidad, que comparten un determinado ideario o proyecto de cambio político y de realización conjunta”32.

Na direccilón de actuacións posibeis que apontamos, resulta indudabel a estreita conexión dos princípios de igoaldade, liberdade e fraternildade con instrumentos internacionais tan importantes como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e os Tratados internacionais en materia de Dereitos Humanos, en especial o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, o Pacto Internacional dos Dereitos Políticos, Económicos, Sociais e Culturais, o Convenio do Consello de Europa para a protección dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e a Carta Social Europea revisada, en atención á súa xerarquía sobor do ordenamento xurídico español (arts. 10.2 e 96.1 da Constitución española actual) e tamén a Resolución, do 1970, 2625, (XXV), da Asamblea Nacional das Nacións Unidas, norma consuetudinaria de Dereito Internacional Xeral, que contén a Declaración relativa aos principios de dereito internacional referentes ás relaciones de amistade e ácooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas. Nesta Resolución, dento do principio da igualdade de dereitos e da libre determinación dos pobos, destacarei a contraposición que recolle entre a a integridade territorial dun Estado co principio de representatividade e non distincion discriminatoria en relación con algún ou algúns dos pobos que compoñen o Estado.

Os instrumentos internacionais aos que acabamos de referirnos poden servir, sen dúbida, como bases xurídicas da actuación para o acordo político necesario entre as diferentes forzas políticas e sociais, en aras a por a unha beira a legalidade constitucional dunha España corruta até a médoa, hoxe en día mais que nunca, e polo tanto cunha inxusta desigualdade, a nível de cidadáns e territórios, que ve manifestándose como exponencialmente crecente33.

5. Referências.

Aguado Renedo, C.: La clemencia vinculada por el derecho, in Revista de Derecho Político, UNED, Nº. 74, enero-abril 2009, pp. 335-351.

Aragón, M.: Una amnistía falaz, in Diario del Derecho, 20/11/2023. Consulta en https://www.iustel.com/diario_del_derecho/noticia.asp?ref_iustel=1238849.

Cuerda Riezu, A.: Intentando deshacer tópicos sobre las prerogativa de gracia en el Derecho Penal. In DOI: 10.13140/RG.2.2.34057.75366, January, 2016, pp. 3-38.

Magella de Faria Rossetti, G., Turatti, D. e Fantinel Pedroso, A.: in Escritos em fraternidade: justiça social, em redes, pp. 36-56. Organizadoras Deisemara Turatti, Magella de Faria Rossetti e Anayara Fantinel, Foz de Iguaçu, 2022.

Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede

Educação, direito e fraternidade. Temas teórico-conceituais , Vol. I, JRose Petry Veronese, J.R., Silva Brito, V.R. e Soares da Fonseca, R. (Organizadores): Editora Asces, Caruaru/PE – 2021.

Educação e o direito: a construção de uma sociedade fraterna.Temas práticos e innovadores, Volume 2, Petry Veronese, J.R¸ e Soares da Fonseca, R. (Organizadores): Editora Asces, Caruaru/PE – 2021.

Fernández de Casadevante Romaní, C.: La obligación de investigación efectiva en la jurisprudencia internacional en materia de derechos humanos, in La Primacía del Derecho Internacional de los Derechos Humanos: su aplicación en España, Asociación Pro Derechos Humanos de España, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid, 2012, pp. 4-11.

Fernández de Casadevante Romaní: El Derecho Internacional de las víctimas, ed. Porrúa, México, 2012.

Gimbernat, E.: La imposible amnistía, in El Mundo, 9 octubre 2019. https://www.elmundo.es/opinion/2019/10/09/5d9cbca6fc6c8354228b4578.html.

Instrumentos del estado de derecho para sociedades que han salido de un conflicto. Amnistías. Naciones Unidas, HR/PUB/09/1, Nueva York y Ginebra, 2009, p. V. Consultar en https://www.ohchr.org/sites/default/files/Documents/Publications/Amnesties_sp.pdf.

Libertad, igualdad ¿y fraternidad?, Angel Puyol (ed.), Daimon. Revista Internacional de Filosofía, Suplemento 7 (Monográfico sobre a fraternidade, 206 pp, 15 artigos, 2018.

Linde Paniagua, E., Amnistía e indulto en España, ed. Tucar, Madrid, 1976, 208

pp. 55-69.

Martínez Puñal, A. e Magella de Faria Rossetti, G.: Apresentação dos autores e da obra “Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede”. Editora CLAEC, 2022, DOI: https://doi.org/10.23899/9786589284284. Consulta tamén en Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.

Martínez Puñal: Reflexións de urxencia sobre a territorialiade crebada de España, In Nos Diario, 28/OUT./17. Blog Compostela Internacional, https://antoniomartinezpunal.wordpress.com/wp-content/uploads/2017/10/reflexions.pdf.

Martínez Puñal A.:Sobre a constitucionalidade –e oportunidade- dunha Lei da amnistía para o Procés català na perspectiva dunha refoma constitucional do modelo estructural-institucional do Estado. In Praza.gal, 4 febreiro 2021. Accesibel en https://praza.gal/opinion/sobre-a-constitucionalidade-e-oportunidade-dunha-lei-da-amnistia-para-o-proces-catala.

Pérez del Valle, C: Amnistía, constitución y justicia material. In Revista Española de Derecho Constitucional, Nº. 61, enero-abril 2001, pp. 187-206.

Soares da Fonseca. R. e Magella de Faria Rosetto, G.: Dívida fraternal e política compensatória: o dilema da proteção, promoção e defesa dos direitos humanos na civilização tecnológica. In Direitos humanos e fraternidade: estudos em homenagem ao ministro Reynaldo Soares da Fonseca / Organizadores: de Ribamar Fróz Sobrinho, J.; Carvalho Veloso, R.; de Carvalho Lima, M.; Aleandro Correia Teixeira, M.; Chagas Apoliano Júnior, A. – São Luís: ESMAM: EDUFMA, 2021., pp. 9-32.

Puyol González, A.:El derecho a la fraternidad, 145 pp., Catarata, Madrid, 2017.

Puyol, A. (ed.): Libertad, igualdad ¿y fraternidad?. In Daimon. Revista Internacional de Filosofía, Suplemento 7 (Monográfico sobre a fraternidade, 206 pp, 15 artigos, 2018.

Requejo Pagés, J.L.: Amnistía e indulto en el constitucionalismo histórico español, in Historia Constitucional, n. 2, 2001. Consultar en http://hc.rediris.es/02/index.html, pp. 85-106.

Rey Martínez, F.: El valor constitucional de la “fraternité”. In Revista Española de Derecho Constitucional, Nº. 123, 2021, pp. 43-74. Ver en doi: https://doi.org/10.18042/cepc/redc.123.

Ruiz Bursón, J.: ¿Es constitucional una ley de amnistía? Estado actual de la cuestión: argumentos a favor y en contra. In Corts. Anuari de Dret Parlamentari, Nº. 37, diciembre 2023, pp. pp. 83-128.

Sociedade Digital: desafios para a Fraternidade. Veronese, J:R. ,Soares da Fonseca, R. (coordenadores); Magella de Faria Rossetto, G.. Boschi Aguiar de Oliveira, O.M. (organizadoras): Editora Asces, Caruaru/PE – 2022.

Solozábal Echevarría, J.J.: La amnistía en dimensión constitucional. In El Imparcial, 29 de septiembre de 2011. Consultar en https://www.elimparcial.es/noticia/91950/opinion/la-amnistia-en-dimension constitucional.html.

1 Linde Paniagua, E., Amnistía e indulto en España, ed. Tucar, Madrid, 1976, 208 pp.; Aguado Renedo, C.: La clemencia vinculada por el derecho. In Revista de Derecho Político, UNED, Nº. 74, enero-abril 2009, pp. 337-345.

2 Instrumentos del estado de derecho para sociedades que han salido de un conflicto. Amnistías. Naciones Unidas, HR/PUB/09/1, Nueva York y Ginebra, 2009. p. V. Accesibel en https://www.ohchr.org/sites/default/files/Documents/Publications/Amnesties_sp.pdf.

3 Fernández de Casadevante Romaní, C.: La obligación de investigación efectiva en la jurisprudencia internacional en materia de derechos humanos. In La Primacía del Derecho Internacional de los Derechos Humanos: su aplicación en España, Asociación Pro Derechos Humanos de España, Universidad Rey Juan Carlos, Madrid, 2012, p. 4.

Para un exame en profundidade de este asunto, vid. Fernández de Casadevante Romaní: El Derecho Internacional de las víctimas, ed. Porrúa, México, 2012.

4 Linde Paniagua: Amnistía e indulto en la constitución española de 1978, In Revista de Derecho Político,  Nº 2, 1979, p. 61; Id. La clemencia (amnistía e indulto) a la luz de la jurisprudencia de los tribunales supremo y constitucional y del código penal de 1995. In Boletín del Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes, Nº 1823, pp. 1413-1428.

5 Cobo del Rosal, M. e Vives Antón, T , Derecho penal. Parte General, 5ª ed., Valencia 1999, pp. 952-953.

6 Muñoz Conde, F. e García Arán, M.: Derecho Penal, Parte General, 8ª. Ed., Valencia, 2010, p. 403.

7 Aragón, M.: Una amnistía falaz. In Diario del Derecho, 20/11/2023, consultado en https://www.iustel.com/diario_del_derecho/noticia.asp?ref_iustel=1238849.

8 Solozábal Echevarría, J.J.: La amnistía en dimensión constitucional. In El Imparcial, 29 de septiembre de 2011. Consultado en https://www.elimparcial.es/noticia/91950/opinion/la-amnistia-en-dimension constitucional.html.

9 Gimbernat, E.: La imposible amnistía. In El Mundo, 9 octubre 2019, https://www.elmundo.es/opinion/2019/10/09/5d9cbca6fc6c8354228b4578.html.

10 Requejo Pagés, J.L.: Amnistía e indulto en el constitucionalismo histórico español. In Historia Constitucional, n. 2, 2001, http://hc.rediris.es/02/index.html, pp. 85-106.

11 Tamarit Sumalla, J. M.: “Amnistía y transición”. In Carbonell /González / Orts (Dirs.), Constitución, derechos fundamentales y sistema penal (Semblanzas y estudios con motivo del setenta aniversario del profesor Tomás Salvador Vives Antón), t. II, Valencia, 2009, pp. 1812-1813.

12 Aguado Renedo: La clemencia vinculada por el derecho. In Revista de Derecho Político, UNED, Nº. 74, enero-abril 2009, pp. 336-337.

13 Pérez del Valle, C.: Amnistía, Constitución y justicia material. In Revista Española de Derecho Constitucional, núm.61, enero-abril 2001, pp. 194 y 206;

14 Landrove Díaz, G.: Las consecuencias jurídicas del delito, 6ª ed. Madrid, 2005, Tecnos, p. 141.

15 Quintero Olivares, S.G.: Parte General del Derecho Penal, 4ª ed., Cizur Menor, 2010, pp. 829-830, La amnistía como ‘solución’, in Newsletter, 10/07/2019.

16 Mir Puig, S.:, Derecho Penal. Parte General, 9º ed.,Barcelona, 2011, p. 771.

17 Sobremonte Martínez, J. E.: Indultos y amnistía, ed. Universidad de Valencia, Valencia, 1980, 301 pp.

18 Cuello Contreras, J. e Mapelli Caffarena B.: Curso de Derecho penal.Parte General, Madrid, 2011, p. 382 .

19 Cuerda Riezu, A.: Intentando deshacer tópicos sobre las prerogativa de gracia en el Derecho Penal; in DOI: 10.13140/RG.2.2.34057.75366, January, 2016, pp. 3-38.

20 García Rivas, N., Llabrés Fuster, A., Mira Benavent, J., Portilla Contreras e G. Rebollo Vargas, R.: Dictamen sobre una propuesta de Ley de amnistía, 10 de octubre de 2023, 37 pp. Consultado en https://www.newtral.es/wp-content/uploads/2023/10/Dictamen_Amnistia_Sumar_10oct2023-1.pdf.

21 Pérez del Valle: Amnistía, constitución y justicia material. In Revista Española de Derecho Constitucional, Nº. 61, enero-abril 2001, pp. 187-188.

22 De la Nuez Sánchez-Cascado, E.:Sobre la posibilidad (jurídica) de una ley de amnistía para los delitos de sedición y rebelión. In Blog Hay Derecho, 12 de noviembre de 2017.

23 Ruiz Bursón, J.: ¿Es constitucional una ley de amnistía? Estado actual de la cuestión: argumentos a favor y en contra, In Corts. Anuari de Dret Parlamentari, Nº. 37, diciembre 2023, pp. 83-128.

24procés català fai referencia a un conxunto de acontecimentos políticos e sociais desenvolvidos dende o 2012 en Catalunya, co gallo de conquerir a súa autodeterminación e a independência da España. ​O Parlamento catalán aprobou a declaración de independencia de Cataluña o 27 de outubro do 2017. Con ela estabelecíase  a República Catalana como un «Estado independente soberano, de dereito, democrático e social». O Tribunal Constitucional de España suspendeu a declaración o 31 de otubro de 2017, dictando a súa inconstitucionalidade o 8 de novembro seguinte, afirmando que infrinxía os artigos 23 da Constitución española e o 29.1 do Estatuto de Autonomía de Catalunya.

Posteriormente, previos sendos xuizos, algúns dos seus promotores foron obxecto de diversos procedementos xudiciais, sendo condeados á cadea durante varios anos. O Boletín Oficial do Estado español publicou o 21 de outrubro do 2021 nove reais decretos do Ministerio da Xustiza aprobados polo Goberno español mediante os que foron indultados nove presos independentistas do  procés , que estaban no cárcere, condenados por sedición e malversación. Na actualidade, nembargantes, unha serie de persoas están sendo obxecto –ou están pendentes-. de procesos xudiciais relacionados co proceso catalá. De ahí, que xurdiran as discusións sobor da convenencia —e constitucionalidade— ou non de unha lei de amnistía para estes casos pendentes.

25 Martínez Puñal: Reflexións de urxencia sobre a territorialiade crebada de España, In Nos Diario, 28/OUT./17. Blog Compostela Internacional, (https://antoniomartinezpunal.wordpress.com/wp-content/uploads/2017/10/reflexions.pdf); Martínez Puñal A internacionalización política e xudicial da cuestión catalá, un escenario complexo para o goberno español. In Sermos Galiza, 16/11/17. Blog Compostela Internacional, https://antoniomartinezpunal.files.wordpress.com/2017/11/sermosgaliza161117.pdf.

26 O Proxecto de Lei Orgánica de Amnistía, foi aprobado, nun clima de gran crispación política, polo Congreso dos Deputados, o pasado día 14 de marzo, por unha mayoría absoluta, tal como exixe o art. 181.2 da Constitución española, de 178 votos a favor e 172 votos en contra, estando estabelecido o mínimo da maioria absoluta en 176 deputados. Os votos da maioria absoluta foron encabezados polo Partido Socialista Obreiro Español e os da minoria polo Partido Popular. No Senado, precisarase maioria simple, mas, tendo en conta que o Partido Popular é maioritário neste, o proceso de estudo e votación de proxecto será obxecto de demoras. Chegado o caso de ser aprobado o Proxecto, a Lei Organica de Amnistía será moi probabelmente obxecto de recurso polo Partido Popular ante o Tribunal Constitucional, así como quizais ante instancias xudiciais europeas.

Haberá que actuar, en todo caso, de acordo co art. 90 da Constitución que estabelece:

“1. Aprobado un proxecto de lei ordinaria ou orgánica polo Con greso dos Deputados, o seu presidente daralle inmediata conta del ó presidente do Senado, que o someterá á deliberación deste.

2. O Senado no prazo de dous meses, a partir do día da recepción do texto, pode, mediante mensaxe motivada, vetalo ou introducir emendas nel. O veto deberá ser aprobado por maioría absoluta. O proxecto non poderá ser sometido ó Rei para sanción sen que o Congreso ratifique por maioría absoluta, en caso de veto, o texto inicial, ou por maioría simple, unha vez transcorridos dous meses desde a interposición daquel, ou se pronuncie sobre as emendas, aceptándoas ou non por maioría simple.

3. O prazo de dous meses de que o Senado dispón para vetar ou emendar o proxecto reducirase ó de vinte días naturais nos proxectos declarados urxentes polo Goberno ou polo Congreso dos Deputados”.

27 Como xa tivemos a ocasión de escreber: “Salvaríase desta dependencia xudicial o recrutamento da xudicatura, con base nas consabidas oposicións de ingreso na Carreira Xudicial; pero, unha vez dentro, aquel que queira chegar ás súas cimeiras sabe ben que ”non deberá moverse” moito na foto. Sen dúbida, con todo, hai que facer um recoñecemento a toda unha xeneralidade de xuíces dos niveis de ingreso e intermedios, amantes da súa profesión, á cal renden culto e adicación no seu día a día. En todo caso, talvez conviría, e o dereito comparado poderia axudar a iso, examinarmos o papel posíbel das Comunidades Autónomas no deseño e funcionamento da Carreira Xudicial em España, algo ao día de hoxe totalmente centralizado”, Martínez Puñal: Reflexións de urxencia sobre a territorialiade crebada de España. In Nos Diario, 28/OUT./17. Blog Compostela Internacional, (https://antoniomartinezpunal.wordpress.com/wp-content/uploads/2017/10/reflexions.pdf).

28 Pérez-Lema, X.A.: Unha Constitución caducada; un réxime caducado, Nos Diario, 7 decembro 2020.

29 Ségome facendo a mesma pregunta dende xa fai um tempo: Temos en España un Poder Xudicial e un Tribunal Constitucional independentes? O poder xudicial bipartito, esténdese, cal longa manu:

… Consello Xeral do Poder Xudicial, electo polo Congreso (10 membros) e Senado (outros 10). …ao Tribunal Constitucional, electo polo Congreso (4 maxistrados), o Senado (4); e –a diferenza da Alemania onde só interveñen na súa elección o Congreso e o Senado (neste caso, un Senado territorial)–, o Goberno central español elixe asimesmo outros 2 maxistrados (o cal convérteo na antítese do clásico principio xurídico nemo iudex in sua causa, ninguén pode ser á vez xuíz e parte). O Consello Xeral do Poder Xudicial elixe, á súa vez, outros 2 maxistrados nunha elección corporativa pura e dura.

… ao Fiscal Xeral do Estado nomeado polo Rei, a proposta do Goberno. Nos Estados Unidos de América, este cargo é nomeado polo Presidente, pero necesita ser ratificado polo Senado. Así as cousas, onde está presente na elección dos maxistrados constitucionais españois e do Fiscal Xeral o factor territorial? En ningures. E así nos vai…

Estamos pois ante un poder xurisdiccional constitucional, materialmente falando, cunha gran carga de dependencia derivada do propio sistema de elección que propicia unha designación de membros ideolóxicamente pertencentes á contorna dos sucesivos Gobernos centrais e dos primeiros partidos da oposición. Un dos maxistrados constitucionais actuais foi nada menosque durante 17 anos deputado do PP no Congreso e ata estivo a punto no 2017 de ser elixido como Presidente do Tribunal Constitucional. Así as cousas, con estes bimbios xudicial-constitucionais case que non fai falla chegar a que o Goberno e/ou o primeiro partido da oposición pensen en voz alta ou lles rumoreen ao oúvido aos compoñentes de quenda do Tribunal as súas inquietudes. Os camiños son converxentes. Ademais, principio sagrado, de ben nados é ser agradecidos. De aí, un Tribunal Constitucional como parachoques dun Goberno central. Sóanos a algo isto? Sen indagar na independencia intrínseca de cada maxistrado constitucional que un –nun acto de seráfica boa fe– ata podería presumir, a realidade imponse: o resultado lóxico da actuación do Tribunal no seu conxunto, cun corpo electivo tan pouco representativo da pluralidade e riqueza do pensamento xurídico e dos actores políticos dos territorios de España e desta como conxunto, haberá de ser, sen dúbida, un produto pechado e perxudicial para a realidade dinámica, plural e viva que debería ser España”. Martínez Puñal A.:Sobre a constitucionalidade –e oportunidade- dunha Lei da amnistía para o Procés català na perspectiva dunha refoma constitucional do modelo estructural-institucional do Estado. In Praza.gal, 4 febreiro 2021. Accesibel en https://praza.gal/opinion/sobre-a-constitucionalidade-e-oportunidade-dunha-lei-da-amnistia-para-o-proces-catala.

30 A fraternidade esixe perceber as necessidades do outro, compreendendo as diverxercias dos pontos de vista, en pro de unha armonía no diálogo, cooperación e corresponsabilidade. Esta, ben coñecida, despoiss dos de liberdade e igoaldade, como el tercer principio de la Revolución francesa de 1789, amén, de uma forma u outra, em muchos ordenamentos jurídilcos, figura tamén dun xeito explicito, en diversas constitucións, como suliñan R. Soares da Fonseca e G. Magella de Faria e Rossetti: Além da Constituição da República Federativa do Brasil (CRFB, de 1988), que possui exposição preambular relativa à fraternidade, em específico “sociedade fraternal” (…), a “fraternidade” –ou a expressão “fraterna”– está presente em diversas constituições estrangeiras, fazendo coro ao princípio disposto no preâmbulo da CRFB, de 1988 e no art. 1º da Declaração Universal de Direitos Humanos (DUDH), razão pela qual detém aptidão capaz de ensejar força normativa na sociedade tecnológica. Jaborandy observou que “Após analisar as Constituições de todos os países constatou-se que 29 trazem expressamente os termos fraternidade ou fraterna” (2020, p. 80). A título ilustrativo e segundo colhido de sua tese (MACHADO, 2020, p. 80-83), encontram-se ali referidas, dentre outras, a Constituição Portuguesa, a Francesa, a Dominicana, de Angola, da Eritreia, da Índia, da Libéria, do Marrocos, da Namíbia, do Senegal, de Seychelles, do Timor Leste, da Tunísia, da Tanzânia, a Francesa, do Camarões, de Chad, do Congo, da República Democrática do Congo, da Etiópia, da Guine Equatorial, do Haiti, do Irã, da Mauritânia, do Níger, do Paquistão, do Qatar, do Sudão do Sul e do Sudão, para citar alguns exemplos”. Soares da Fonseca e Magella de Faria e Rossetto: Dívida fraternal e política compensatória: o dilema da proteção, promoçao e defesa dos direitos humanos na civilização tecnológica. In Direitos humanos e fraternidade: estudos em homenagem ao ministro Reynaldo Soares da Fonseca / Organizadores: de Ribamar Fróz Sobrinho, J.; Carvalho Veloso, R.; de Carvalho Lima, M.; Aleandro Correia Teixeira, M.; Chagas Apoliano Júnior, A.. – São Luís: ESMAM: EDUFMA, 2021., p. 21.

31 Rey Martínez, F.: El valor constitucional de la “fraternité”. In Revista Española de Derecho Constitucional, Nº. 123, 2021, p. 51, (pp. 43-74). Ver en doi: https://doi.org/10.18042/cepc/redc.123. Sobre a conexión entre a fraternidade e a solidariedade, poden ser consultadas as pp. 65-70.

32 Rey Martínez, F.: El valor constitucional de La “fraternité”. In Revista Española de Derecho Constitucional, Nº. 123, 2021, p. 51 (pp. 43-74). IV. Fraternidade e solidariedade, pp. 65-70. Ver en doi: https://doi.org/10.18042/cepc/redc.123. Este autor, continúa na mesma páxina: “Así definida, creo que políticamente la fraternidad solo podría, en su caso, operar plenamente, en la actualidad española, como munición ideológica de los nacionalismos de cualquier laya (véase, en un sentido semejante, Puyol González, 2018: 93). Puyol González sostiene que, en su sentido político, la idea de fraternidad contiene, en todo caso, «una llamada a la emancipación» (ibid.: 92)”. Certos termos utilizados por Rey Martínez, como “munición ideológica” e “laya”, creo que resultan bastante inadecuados coa definición de fraternidade que acababa de propoñer. As refererencias a Puyol González, son ao seu artigo: Sobre el concepto de fraternidad política. In Daimon, Revista Internacional de Filosofía, Suplemento 7, 2018, pp. 91-206. Disponibel en: https://doi.org/10.6018/daimon/333811.

33 Nuns termos mais amplos: “Para nós resulta ben patente que a opción consiste en construírmos para a Humanidade un futuro libre de miseria económica e explotación ecolóxica. Precisamos poñernos a iso sen demoras amparadas en falsas xustificacións. Con base nos principios de liberdade, igualdade, fraternidade, solidariedade, desenvolvemento, tolerancia, respecto da natureza e responsabilidade común, «valores fundamentais» considerados pola Declaración do Milenio como «esenciais para as relacións internacionais no século XXI», co debido respecto ás subsidiariades subestatais e estatais, hai que construír con urxencia para unha Humanidade, xa en perigo, un novo escenario global de valores –sistema convivencial equilibrado– máis preocupado polo obxectivo da persistencia humana que pola mera procura dun despiadado e inmisericorde beneficio económico”. Martínez Puñal, A.. Crise global, reestruturación internacional e supervivencia da Humanidade. In: O Mundo en Galego: comprender o global dende aqui. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), 2020, p. 27. Disponíbel en: https://www.igadi.gal/web/analiseopinion/crise-global-reestruturacion-internacional-e-supervivencia-da-humanidade-o.