remesas inmigrantes

Remesas

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 Remesas inmigrantes, clic para aumentar
As remesas que envían aos seus países de orixe uns 12,6 millóns de inmigrantes latinoamericanos que viven en EEUU alcadaron os 45.000 millóns de dólares no 2006.
 

No 2005, 140.000 millóns de euros cambiaron de lugar xeográfico, mobilizados polas diferentes diásporas do mundo. Este gran movemento de recursos monetarios non consegue fuxir da polémica sobre a potenciais bondades o perversións dun fenómeno crecente na orde mundial.

Mentres para os diferentes organismos financeiros mundiais, estamos diante da face máis humana da internacionalización, ou representa directamente à democratización da globalización …para os máis críticos non significan máis que constancia da explotación laboral dos estranxeiros: unha nova modalidade de clasismo e desigualdade internacional.

Porcentualmente a maior parte destas remesas enviadas aos países de orixe, por traballadores que moran no estranxeiro, teñen como destino final América Latina, á que se dirixe o 30% dos fluxos mundiais. O continente, que tantas oportunidades deu ás diásporas europeas, e particularmente á galega, repite o ciclo da historia, para saír das zonas rurais menos desenvolvidas na procura un futuro que o seu propio país non é quen de facilitar.

Vintecinco millóns de latinoamericanos teñen dado o paso de vivir na distancia, decisión que se acelera significativamente en procesos agudos de crise como os vividos no continente no decenio 1995-2005. Deles 22 millóns se concentra nos países máis desenvolvidos, concretamente en EEUU, Europa e o Xapón. Dato que confirma as motivacións económicas que figuran no fondo da difícil decisión de migrar, e esfarela a consistencia de teorías ultrapasadas que situaban a raíz dos fluxos, en función das tendencias á aventura de determinados pobos.

Precisamente a área xeográfica, da que Galicia ten recibido máis transferencias durante o século pasado, que non sempre serviron para acelerar o desenvolvemento endóxeno.

Este contrafluxo do mercado mundial, está promovido polas crecentes desigualdades mundiais, ou polos alarmantes índices de pobreza no que mora unha boa parte da humanidade. Recibe os ventos a favor da apertura crecente dos mercados mundiais, do abaratamentos dos transportes, da mellora das comunicacións mundiais, das maiores facilidades nos movementos dos bens de consumo.

Todos os factores enumerados anteriormente explican que durante o último cuarto de século o volume global dos movementos migratorios mundiais, cuadriplicasen os incrementos de poboación no planeta, por tanto, estamos diante dun situación que lonxe de remitir, tende a consolidarse no comezo do terceiro milenio.

Varias son as faces que presenta este manancial de fluxos económicos. Na máis directa, de curto recorrido, que impulsa a decisión inicial do migrante na procura de recursos está a decisión de progredir e para mellorar as condicións de vida da súa propia familia, mesmo asumindo o custe de transformarse nunha familia transnacional: bicéfala na estructura, binacional na composición, bicultural no formación e integración. Pero este efecto de mellora nas condicións de vida, tamén ten un efecto de maior dimensión sobre as economías locais, independentemente do peso da economía do país. Para cinco países latinoamericanos as remesas representan entre o 10 e o 15% do PIB. Sería traumático para México que desaparecesen os 15.000 millóns de euros que recibe anualmente.

Non faltan voces que dente posicións ultraliberais, reclamen a desaparición das axudas a cooperación nos países que reciben maiores transferencias de recursos a través das remesas.

Pola contra, este fenómeno, potencia a posibilidades de desenvolvemento e cooperación cos países dos que recibimos os principais fluxos migratorios.

Reducir drasticamente as comisións por transferencia, formar e informar a aqueles que transfiren ou que reciben remesas sobre a toma de decisións económicas nos países aos que están enviando os seus aforros, acompañar dende as institucións galegas que directamente actúan no eido da cooperación, da inmigración ou do benestar na creación de riqueza nos países de orixe, non só é unha débeda histórica, tamén é un compromiso para a articulación dun mundo menos desigual.