"A lexendaria paciencia dos rusos ten un límite", declaraba un alto funcionario da Federación Independente de Sindicatos ó anunciar a convocatoria da folga xeral que hoxe, previsiblemente, paralizará boa parte de Rusia. Non lle falta razón: os atrasos salariais superan xa os 11.000 millóns de dólares. Incapaz de propiciar un mínimo compromiso para evitar este novo trance, conforme as semanas pasan, Primakov amosase igual de impotente para recompor a situación política e social. No exterior medra a incredulidade e esmorece a capacidade de influencia. O líder dos comunistas rusos, Guennadi Ziugánov, principal beneficiario desta mobilización, da unha volta máis á rosca da crise e prosigue o debilitamento dun Presidente que semella ter os días contados. Estamonos achegando ás portas dese momento en que todo pode pasar. Os acontecementos poden precipitarse.