20061024 didier migaud

Sarkozy aclárase

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Didier Migaud, clic para aumentar
Como dixo Didier Migaud, que preside a comisión de finanzas da Asemblea, só a unha minoría van beneficiar e, ademais, é un dispositivo custoso e ineficaz.
 

A PROFECÍA que fixemos no seu día estaba ao alcance de calquera: as promesas de Sarkozy de rebaixar impostos só ían en beneficio dos que máis teñen, polo que afectarán a poucos. Pero, en euros, a rebaixa pode ser moi significativa nun momento en que as contas públicas francesas están moi degradadas.

Como dixo Didier Migaud, que preside a comisión de finanzas da Asemblea, só a unha minoría van beneficiar e, ademais, é un dispositivo custoso e ineficaz. E que dicir desa "unión mediterránea", que xa a prensa gala, con razón, empeza a alcumar de quimérica? Unha vez máis, un nacionalismo do máis reseso.

Unha e outra cousa teñen moito de fraude: no caso dos impostos progresivos "imposto de solidariedade sobre a fortuna (ISF)", a cousa é clara: a rebaixa só vai afectar ás grandes fortunas; e no suposto da "unión mediterránea", abonda con botar unha ollada ao mapa: países autocráticos a unha banda e democráticos a outra. Sempre pensei que os franceses terían moito máis sentido crítico. Pero hai que poñelo en dúbida.