200503 bush

Secuestros e torturas

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
O desprezo polo dereito tenta ás mentalidades primarias, e estas abondan entre políticos e outros que non o son. Desprezo que leva a Bush, por exemplo, a definirse como "presidente en guerra" para xustificar calquera excepcionalidade e antepoñer seguridade a liberdade. Pero quen secuestra persoas está secuestrando xa o dereito.
 

Empeza a ser coñecida outra maneira de atacar o terrorismo: os secuestros de persoas sospeitosas veñen sendo executados por axentes da CIA, nalgúns casos coa colaboración activa ou pasiva das forzas de seguridade do país do secuestrado, para seren torturados noutros países.

Os casos coñecidos de Suecia, Alemaña e Italia, fixeron que algúns empecen a decatarse de que non só temos que nos coidar dos terroristas senón, e moi en especial, dos que practican este outro terrorismo do que se sabe menos pero do que se vai saber máis cada día.

O desprezo polo dereito tenta ás mentalidades primarias, e estas abondan entre políticos e outros que non o son. Desprezo que leva a Bush, por exemplo, a definirse como "presidente en guerra" para xustificar calquera excepcionalidade e antepoñer seguridade a liberdade. Pero quen secuestra persoas está secuestrando xa o dereito. Jefferson escribiu que quen cambie "un pouco de liberdade por un pouco de orde perderá aquela e máis esta e non merecerá ningunha das dúas".