segolene revistas

Ségolène: armas de muller

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Ségolène, clic para aumentar
Ségolène proxecta a alternativa á imaxe política masculina, e representa un xeito novo de facer as cousas.
 

Despois do ascenso ó poder de Angela Merkel, outra muller pode dirixir os destinos nun dos denominados grandes países de Europa. A guerra das candidaturas dentro do PS francés, vaise pouco a pouco esclarecendo. Disque Ségolène Royal é a mellor situada entre os socialistas para lle facer fronte a unha candidatura da dereita que previsiblemente estaría encabezada por Nicolás Sarkozy. Ademais o feito de ser a única muller, outórgalle un encanto adicional e a esperanza de que se xere un xeito novo de facer política dende a esquerda francesa.

Cando se vaticinaba que Ségolène podía presentala súa candidatura, e máis tarde lanzou o colectivo que apoia a súa campaña "Désirs d’Avenir", a frase en boga era "todo salvo Ségolène", pero uns meses despois esta frase converteuse en "preparémonos a traballar con en conxunto". Parece ser que os líderes políticos da esquerda se afán pouco a pouco ó que as enquisas de imaxe parecen indicar. Arnaud Montebourg é un bo exemplo. Un dos candidatos que e aprestou a confirmar a súa candidatura para xuño, deu volta atrás en poucos semanas logo de falar cos pesos pesados do PS. E agora afirma que Ségolène é a única capaz de facerlle fronte a Sarkozy nunhas eleccións presidenciais.

Dominique Strauss"Khan, que persiste non nembargantes nas súas intencións de selo candidato da esquerda, non despega nas sondaxes de imaxe. Pero négase a facer calquera signo de claudicación a pesares de que os rumores lle asinan un rol na política internacional de Ségolène.

A corrente Nouveau Parti Socialiste, que tanto deu que falar na época do referendo sobre a constitución europea, aínda non se posicionou. Tan so deixa caer o feito de que a candidatura de Ségolène aínda esta verde e que necesita dunha consolidación definitiva. Non obstante, o feito de acaparar a aversión dalgunhas dos vacas sagradas do PS, ábrelle as portas e e incrementa o seu atractivo de cara o electorado. Ségolène proxecta a alternativa á imaxe política masculina, e representa un xeito novo de facelas cousas ou cando menos esa é a esperanza que xera no electorado.

Mais hai dúas ameazas das que aínda non falamos. A primeira é Laurent Fabius, o gran vencedor do referendo constitucional europeo, que espera esnaquizala estratexia de Ségolène en función dun estratexia de posicionamento á esquerda, na que el pretende ser o máximo expoñente.

A segunda ameaza é o propio marido de Ségolène. François Hollande, o patrón do partido socialista segue a crer que el como dirixente do partido debe ser o aglutinador e lexítimo candidato. Pero é previsible un escenario de confrontación. Cando unha simpatizante lle pediu suspicazmente que lle dese un saúdo a Ségolène, el sorrí e afirma: "é a máis popular, é normal".