A vitoria con case a metade do sufraxio de Ibrahim Rugova "estimacións do domingo" deixa claro que o posicionamento da maioría albanesa é a independencia. Un partido co slogan âKosovo pola independenciaâ non vai a aceptar unha autonomía nunha federación nin de broma. Rugova semellaba a alternativa do diálogo perante o UÇK, e agora iso estállesnos por ver. A súa situación só lle permite apostar forte, se quer manter o poder. O poeta non é máis que outro dos tantos políticos á balcánica: hoxe digo isto, mañán xa verei. (Foto: Ibrahim Rugova nunha visita á OTAN, 18/05/1999). | |
Nas eleccións desta fin de semana en Kósovo " Metohija " Koshova puidéronse tirar un par de conclusións sobre a situación actual do protectorado e o seu futuro máis inmediato. Por unha banda, destacar que a vitoria con case a metade do sufraxio de Ibrahim Rugova "estimacións do domingo" deixa claro que o posicionamento da maioría albanesa é a independencia. Un partido co slogan âKosovo pola independenciaâ non vai a aceptar unha autonomía nunha federación nin de broma. Rugova semellaba a alternativa do diálogo perante o UÇK, e agora iso estállesnos por ver. A súa situación só lle permite apostar forte, se quer manter o poder. O poeta non é máis que outro dos tantos políticos á balcánica: hoxe digo isto, mañán xa verei.
O gran exemplo de político á balcánica segue a ser Vojislav Kustunitsa: se Tadich chamou á poboación serbia de Kosovo a expresar a súa democrática opinión nas urnas, o político serbio que vive con quince gatos na casa, dixo o contrario. Consecuencias: nos colexios electorais situados nas principais cidades serbias "porque non só se votou en Kósovo… o que demostra que parte de Serbia debe decidir o asunto" e destinados aos cidadáns desa etnia que tiveron que fuxir de Kósovo (ben, falando politicamente, âdesprazadosâ) non houbo a protección axeitada para os votantes.
Exemplo claro: Jagodina. 15 persoas "quince (!)- bloquearon a entrada ao colexio electoral. O Ministerio do Interior serbio non enviou as "por exemplo" dezaseis policías para dispersar a âconcentraciónâ. Por certo, é o mesmo ministro que en marzo non dimitiu cando radicais queimaron a única mesquita de Belgrado, en resposta aos ataques contra serbios en Kósovo. Falta de persoal nesta fin de semana? A fin de semana pasada, o número de antidisturvios no encontro futbolístico Estrela Vermella"Partizán era de 3.. Falta de vontade política mesturada con non querer perder o poder fan que 80.000 serbios en Kósovo estean mal aconsellados e, sobre todo, desprotexidos por un liderazgo serio e unha actitude moderna do seu goberno.
Boas novas do referendo, a terceira forza máis votada foi un partido de serbios "que non serbio-, o que contradí as novas das canles serbias dicindo que só un de cada 2.000 serbios votou. Imposíbel, non só polos resultados se non porque a OSCE non fai un censo de etnias (e dicir, non se pode saber cantos serbios votaron ou cantos albaneses) Boas novas porque presenta diálogo. Por certo, non fagan unha ecuación simplista: non só os serbios votaron a esa lista. Con certeza, case que todas as outras minorías de Kósovo e con certeza algúns albaneses.
Consecuencias das eleccións para o vindeiro ano: os albaneses de Koshova só queren a independencia e os serbios de Kósovo que democraticamente participan, no derradeiro intento de salvar polas boas o que lles queda por salvar, ofrecen autonomía semi-controlada dende Beogrado. Na miña modesta opinión, e vendo as cousas in situ, hai unha opción que moi probabelmente ofreza a OSCE e que non deixará a ninguén contento: formar de Serbia un Estado cantonal. Esa fora a idea que se defendera antes da desintegración e a única posibilidade antes de, ou ben crear un Estado que nin sequera o goberno de Tirana quer "e xa non digamos Skopje, Sofia ou Atenas- ou ben liscar de alí como se dende 1989 nada tivese acontecido. Opcións paralelas, partición, divisións, desprazamentos de poboación… non son desbotables.
Dende certas sectores da opinión galega opinase moi a prol da independencia de Kósovo. O problema de raíz é como segue: do total da poboación albanesa, máis da metade é a primeira xeración nacida en Kósovo. Coñezo serbios de Kósovo que falan albanés, e coñezo albaneses de Kósovo que din o seguinte: Kósovo era de todos, menos dos que viñeron a se facer ricos nos anos 60 fuxindo de Enver Hoxha. Se tanto aman á terra nai, que ficasen nela.
En certo modo, a independencia dun Kósovo albanés sería interpretada como que, ata certo punto, os dereitos de autodeterminación dun pobo veñen representados polos que viven nun pobo. Co que temos a pregunta de quiz do día: qué país é o máis interesado no actual modelo de independencia de Kosovo? Sí, Marrocos. Apliquen a situación o Sáhara… o truco non falla.