SIDA: a epidemia en expansión

A recente clausura da XV Conferencia Internacional sobre o SIDA en Bangkok, Tailandia, quedou marcada por un claro carácter político que non tivo precedentes, debido a falta de novos avances que discutir e o ascenso de movementos sociais que reclaman o acceso global aos medicamentos. A causa da politización atopámola na gran diferencia entre ser seropositivo no chamado "Primeiro Mundo" ou na periferia. En Europa, unha persoa pode acceder á medicación e convivir coa enfermidade cunha mínima calidade de vida. Por outra banda, a diagnose do SIDA na periferia supon un reloxo de 5-10 anos de vida para o afectado por carecer de asistencia e medicamentos.

En África atopamos 25 dos 38 millóns de seropositivos do globo, concentrados no área subsahariana. Segundo datos do PNUD, o SIDA mermou dende comezos da década dos noventa ata hoxe a data dos 40 anos que suponía a esperanza de vida nos países afectados. Os informes da ONU-SIDA revelados na conferencia cifran en 5 millóns os novos contaxios no 2003, mentres no 2001 a data fora de 3 millóns. De seguir este ritmo de crecemento, no 2010 produciránse 45 millóns de novos contaxios, os cales interaccionarán co resto da comunidade, multiplicando as posibilidades de contaxio de cada individuo. Os contaxios cebanse especialmente na xuventude. O 80% dos novos contaxiados son menores de 30 anos, polo que a pandemia deixa un continente sen forzas productivas, impedindo o seu avance e afectando os seus indicadores económicos.

A expansión explícase por un conxunto de factores: a reutilización de xeringas nos hospitais, drogadicción nas urbes, reutilizacion de obxectos cortantes en practicas rituais, prostitución, violacións nos conflictos armados, falta de medios para realizar diagnoses fiables, movementos migratorios e motivos culturais que levan ao home a rexeitar o uso do preservativo, xunto ca sumisión da muller, carente de capacidade para decidir as suas relacions e o seu matrimonio entre moitos outros. En canto a mortandade, as guerras africanas deixaron 200.000 mortos o ano pasado, mentres o SIDA alcanzou as 2.000.000.

¿Cómo pode Occidente ignorar a dimensión da pandemia do SIDA en África? ¿Acaso isto non o converte nun problema a nivel mundial que precisa da implicación de todos? Asemella que só as ONGs e o activismo global reclaman aos politicos unha implicacion coherente coas dimensions da catastrofe. De certo, existen multiples organizacions internacionais que pretenden controlar este mal, pero carecen de fondos cos cales actuar adecuadamente.

As estatísticas son dende logo terribles e supoñen a evidencia de que o SIDA xa é unha catastrofe. Desgraciadamente, de continuar a pasividade internacional, o peor aínda esta por chegar. Nas nacións afectadas, o seropositivo só pode contar co apoio e coidado da sua familia e escasos grupos de solidariedade que apenas poden facer mais que visitar aos enfermos, limpalos e ofrecerlles compaña. Mais, as novas xeracións están cheas de orfos por mor do SIDA. ¿Qué ocorrera cando esta xente, que carece do apoio dunha familia, sexa infectada? Xa agora os sistemas sanitarios africanos estan sobrepasados. De non dispoñer os medios precisos, a imaxe de adultos esqueléticos morrendo nas grades urbes de África serán tan abituais como as dos nenos esfameados en Etiopia.

¿Cómo atallar esta crise? Os retrovirais poden reter o avance da enfermidade nos afectados, pero o alto contaxio precisa dunha intervencion esencialmente social, non basta con repartir preservativos e menciñas. E precisa unha educación para que o individuo coñeza que é o SIDA, cómo previlo, cómo se contaxia, precísanse facultativos cualificados, abandoar os habitos que permitiron a sua extension. Do mesmo xeito, a búsqueda dunha vacina debe ser unha prioridade, mais débese tomar en conta o seu custe e quenes poderán ter acceso a ela. Só a presion social acadou avances no acceso da poboacion os retrovirais. Ainda así, só 450.000 dos afectados nos países do Terceiro Mundo acceden ao tratamento.

No ano 2000, o tratamento do VIH custaba $2.000 ao ano. Gracias aos xenéricos, hoxe o mesmo tratamento custa $200. Isto é un gran avance pero a causa do elevadísimo numero de portadores, a pobreza dos países afectados, a incapacidade das redes sanitarias para vixiar a correcta toma dos medicamentos, fanse imposíbel atender a todos os enfermos. Mais o problema fundamental do acceso ao tratamento aínda permanece. As empresas farmacéuticas defenden os seus intereses por encima da vida de millóns de persoas e reclaman nos xulgados a defensa da sua propiedade intelectual, denunciando aos países que fabrican xenéricos.

É vergonzoso que no século XXI, mentres millóns de persoas morren producto dunha das maiores catástrofes sanitarias da historia, nos paises que presumen de ser mais civilizados permitan que a defensa do dereito a propiedade poña en perigo o dereito a saúde e á atencion médica. Non existe unha vacina para o SIDA, pero sí tratamentos para deter o avance da enfermidade. O compromiso necesario para afrontar esta crise non e tan só a obtención dunha vacina ou o libre distribucións dos medicamentos. É preciso apoiar as redes sanitarias africanas e a extensión das mesmas, ademais da expansión da información, campañas, inversións na educación nestes países para que poidan contar con médicos cualificados. ¿Qué utilidade tería a libre distribución de medicamentos se a xente non sabe como tomalos? Precisan da guía dos facultativos para seguer correctamente os tratamentos e evitar males maiores, como a xeracion de resistencias aos tratamentos. Polo de agora, pese ao terrible das cifras, o compromiso dos gobernos non se traduce en accións que ataquen as raíces do problema. Son moitos os factores que están a converter en realidade os temores de que o SIDA se convirta na epidemia do novo século.