É ben sabido que as comunidades musulmáns nunca se integran na sociedade británica, nin na occidental, e seguen coas súas prácticas relixiosas e cos seus costumes. O exemplo de Bosnia debería darnos que pensar, como antecedente e tamén como consecuente. Unha cousa é ser inglés legal e outra ser inglés real.
Quen teña coñecemento dese mundo marxinal (á marxe da sociedade e non por malviviren, que isto pode non ser certo) sabe que o que mellor o caracteriza, sen esquecer connotacións relixiosas, é o noxo visceral que senten polo país que os acolleu, a eles e aos seus pais. Un país que os colonizou e os explotou. E que, doutra maneira, segue facéndoo.
Se enriba lle engadimos que ese país contribuíu e contribúe cos seus exércitos á ocupación e á humillación doutros países irmáns, é claro que, como dixo o deputado Galloway, se nós bombardeamos a outro país, este virá a bombardearnos. Vai sendo hora de ver, sen retóricas baleiras, se o terrorismo islamita está atacando os "nosos valores" ou algo máis.