Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 10 ao 16 de Abril de 2017

Taiwan Hebdo 16-2017

1. Informe

O caso Lee Ming-che, en referencia ao activista taiwanés detido en China continental o 19 de marzo acusado de poñer en perigo a seguridade nacional, segue afectando ás relacións a través do Estreito. A esposa de Lee fracasou no seu intento de viaxar ao continente para interesarse pola súa situación. Os requirimentos da Fundación para os Intercambios a través do Estreito á súa homóloga continental tiveron como resposta: “Non hai máis información que ofrecer”. 

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Idiomas Galego

1. Informe

O caso Lee Ming-che, en referencia ao activista taiwanés detido en China continental o 19 de marzo acusado de poñer en perigo a seguridade nacional, segue afectando ás relacións a través do Estreito. A esposa de Lee fracasou no seu intento de viaxar ao continente para interesarse pola súa situación. Os requirimentos da Fundación para os Intercambios a través do Estreito á súa homóloga continental tiveron como resposta: “Non hai máis información que ofrecer”. 

Mentres tanto, o Ministerio de Asuntos de China continental alertou do impacto negativo do caso nas relacións a través do Estreito. Beijing fai caso omiso ás demandas de Taipéi. O Yuan Lexislativo celebrou unha reunión para discutir o caso e o PNP logrou a aprobación dunha moción na que se acusa ao goberno de ser pasivo ante a detención de Lee. Katharine Chang levou a cabo unha conferencia de prensa internacional para reclamar “garantías legais” a Beijing e esixir que se permita a visita de familiares ao detido. O viceministro de Xustiza Tsai Pi-chung explicou que non se está respectando o Acordo de Cooperación Mutua para Combater Contra a Delincuencia establecido entre ambos lados do Estreito. 

As demandas iniciais de Taipéi son tres: saber de que se lle acusa, onde está detido e permitir que a súa familia o visite. Polo momento, fontes oficiais rexeitaron recorrer a canles privadas para manexar o caso. En 2012, durante a administración Ma, o caso Bruce Chung (membro de Falung Gong) resolveuse por esta vía. Taiwán e EUA intercambiaron puntos de vista sobre o asunto.

Lee podería ser acusado de violar a lexislación de seguridade nacional, de seguridade en Internet e a que regula as actividades das ONGs estranxeiras. Beijing acusou a Taipei de intentar “sacar proveito” deste asunto.

O goberno taiwanés informou a Beijing da detención do cidadán chinés Zhou Hongxu, acusado de formar un anel de espías en Taiwán. Non falta quen cualifique a detención de Lee como unha represalia polo caso Zhou.

2. Observacións de contexto.

* O goberno presentou as súas estratexias para controlar a contaminación do aire. O primeiro ministro Lin Chuan salientou que se trata de reducir a concentración de PM2,5 nun 18,2 por cento para finais de 2019. 

* A ministra de Traballo, Lin Mei-chu reuniuse cos sete grupos empresariais máis importantes de Taiwán para abordar a recente reforma laboral. Lin dixo que estaba disposta a modificar a nova lei en caso de ser necesario. 

* O Foro Taipei-Shanghai podería ter lugar do 25 ao 27 de xuño. O mecanismo, iniciado en 2010, parece consolidarse como un “raro intercambio de alto nivel” no contexto de arrefriamento das relacións a través do Estreito. O alcalde de Taipei Ko Wen-je considerou improbable que se reúna co presidente Xi Jinping.

* Taiwán contará cunha oficina para promover a natalidade. A taxa de fertilidade sostívose desde 2005 en 1,1, moi por baixo da taxa de substitución (2,1). En 2010 chegou a caer ata 0,89. 

* A política de exención de visados para promover o turismo cara a Taiwán amplíase a Tailandia e Brunéi. Outras medidas contémplanse para países como Sri Lanka e Bután, tamén para India, Indonesia, Vietnam, Myanmar, Laos e Camboxa. Filipinas podería incluírse no programa. 

* Na campaña para as primarias do KMT (20 de Maio), a actual presidenta Hung Hsiu-chu pediu catro anos máis para reformar o Partido. Hung é un dos seis membros que anunciaron a súa intención de postularse para o liderado do KMT. O ex vicepresidente Wu Dean-yih descualificou as acusacións de Steve Chan a propósito da existencia de subornos e outras irregularidades que descualifican a campaña. Os demais candidatos esixiron aclaracións inmediatas. 

* O KMT instou aos fiscais a apelar dúas sentenzas xudiciais que absolveron a algúns membros do Movemento Xirasol polos actos levados a cabo en 2014 contra o Yuan Lexislativo e o Yuan Executivo, “a fin de restaurar a confianza pública no sistema xudicial”. 

* Taiwan aprobou un proxecto de lei para prohibir a matanza de cans e gatos para o consumo humano e aumentar a pena pola crueldade contra os animais.

* A primeira reunión do grupo sobre cooperación pesqueira entre Taiwán e Xapón abordou o problema do atolón Okinotori. Xapón defende as 200 millas náuticas como zona económica exclusiva mentres Taiwán reclama o dereito a faenar na zona. Tamén se discutiu sobre a xestión dos recursos da anguía e dos palangreiros de atún e a captura de papardas do Pacífico. 

* Taipéi reiterou a súa soberanía sobre as illas do Mar de China meridional anticipando que protestará contra calquera acción que a cuestione, respondendo así ao plan de Filipinas de ocupar illas inhabitadas na rexión. Duterte ten planeado para o 12 de xuño unha visita á illa Thitu, nas Nansha. 

3. Datos relevantes

* As exportacións de Taiwán en marzo (13,2 por cento) rexistran sexto crecemento positivo. As importacións creceron un 19,8 por cento. 

* En Taiwán, máis mulleres que homes renuncian á herdanza. Segundo datos oficiais, 30.000 mulleres fixérono en 2015 fronte a 23.000 homes.

* As tarifas de intermediación que os axentes poden cobrar aos migrantes despois de que traballe no país por máis de dous anos, reduciranse en breve.

* 123 mozos nicaraguanos cursan estudos en Taiwán, incluíndo entre eles aos fillos de varios políticos daquel país.

4. Nomes relevantes

* O xesuíta de orixe galega, Andrés Díaz de Rábago, quen pronto cumprirá os 100 anos de idade, converteuse no primeiro estranxeiro a quen se lle outorga a nacionalidade na Cidade de Taipéi debido aos seus meritorios servizos de longa data prestados á comunidade taiwanesa. 

* Rafaela Alburquerque de González, embaixadora de República Dominicana en Taiwán, deixou o seu posto para regresar ao seu país. 

* O activista chinés Zhang Xiangzhong adiantou en Taipéi que ten proxectado pedir asilo político na illa.