1. Informe
A “Nova Política cara ao Sur” vai tomando corpo. A Presidencia aprobou as liñas directrices para promover os lazos económicos, tecnolóxicos e culturais cos países da rexión. Trátase de auspiciar un “novo modelo de cooperación” que aspira a impulsar os intercambios en materia de investimentos, turismo, cultura e recursos humanos, entre outros. O goberno ansía converter a Taiwan nun innovador e provedor de servizos reforzando as conexións rexionais no dominio do soft power, cadeas de provedores, mercados e intercambios entre os pobos.
1. Informe
A “Nova Política cara ao Sur” vai tomando corpo. A Presidencia aprobou as liñas directrices para promover os lazos económicos, tecnolóxicos e culturais cos países da rexión. Trátase de auspiciar un “novo modelo de cooperación” que aspira a impulsar os intercambios en materia de investimentos, turismo, cultura e recursos humanos, entre outros. O goberno ansía converter a Taiwan nun innovador e provedor de servizos reforzando as conexións rexionais no dominio do soft power, cadeas de provedores, mercados e intercambios entre os pobos.
O KMT critica este proxecto e demanda ao goberno máis axudas ás empresas no canto de pedirlles que invistan nos países do Sueste asiático. En opinión da deputada Lin Li-Chan, será difícil ampliar a presenza empresarial na zona si as relacións a través do Estreito non se manexan ben. As nacións do sueste asiático poderían non estar dispostas a traballar con Taiwan si creen que ao facelo poñen en perigo as súas relacións con China, sinalou. Ademais, recordou que Taiwan, por exemplo, non ten oficinas de representación nin en Laos nin en Camboxa -de onde é orixinaria- nin ten en conta feitos tan simples como que os carácteres simplificados chineses son máis utilizados que os tradicionais ou que o yuan, a diferenza do dólar taiwanés, é aceptado en moitos lugares.
O PDP insiste na necesidade de buscar outras asociacións económicas e comerciais con vistas a reducir os riscos da dependencia do mercado chinés a través da diversificación e ofrecendo ás empresas máis opcións. Aínda que cando o ex presidente Lee Teng-hui promoveu por primeira vez esta iniciativa os empresarios taiwaneses non vían con bos ollos deixar o continente porque estaban gañando diñeiro, as cousas na actualidade cambiaron drasticamente debido á desaceleración chinesa.
A nova política promovida pola presidenta Tsai estaría en consonancia cos obxectivos de EUA e a súa política de reequilibrio na rexión. Tanto Washington como Taipei están de acordo en non dar demasiada importancia a Beijing pasando a tratar a China como un país máis da zona co propósito de protexer os seus respectivos intereses.
2. Observacións de contexto.
* Nunha visita cursada ao condado de Pingtung no sur de Taiwan, a presidenta Tsai afirmou que a apreciación das diversas culturas existentes na illa será unha tarefa prioritaria do seu mandato. Tsai tamén visitou a Illa das Orquídeas abordando a preocupación polo futuro acomodo dos residuos nucleares, levados a cabo neste enclave “de forma provisional” en 1982.
* O goberno logrou un consenso cos antigos traballadores das peaxes das autopistas tras unha longa protesta destes últimos en demanda de compensacións e un programa de recolocacións.
* A presidenta Tsai recoñeceu que os recursos educativos das zonas do centro e sur de Taiwan son inferiores en comparación co norte da illa, comprometéndose a adoptar medidas para corrixir a fenda existente, incluíndo a posible apertura dunha sé da Academia Sínica no sur de Taiwan.
* Trala renuncia dos candidatos nomeados á presidencia e vicepresidencia do Yuan Xudicial, Hsieh Wen-ting e Lin Chin-fang, a presidenta Tsai tomará máis en conta, de cara ao futuro, o parecer da opinión pública.
* O KMT rexeitou calquera vínculo co presidente do Partido para a Promoción da Unificación con China, Chang An-le, ex líder dunha tríada, quen estaría apoiando ao seu candidato Chia Wei-hsien nunha elección parcial en Hualien. O KMT acusou ao PDP de “difamación” por estas insinuacións.
* Máximos dirixentes do KMT reuníronse baixo a presidencia de Hung Hsiu-chu para analizar a situación do partido ante as consecuencias da nova lei que lle obriga a devolver boa parte dos seus activos. Os reunidos aseguraron que o PDP puxo en marcha unha caza de bruxas contra un partido político legal. O responsable da comisión que analizará o caso, Wellington Koo, recrutou ao ex portavoz do KMT Yang Wei-chung. En paralelo, aumentan as peticións internas de democratización na elección dos responsables locais, tendencia evidenciada coa presentación por parte de Yao Chiang-lin, membro do Comité Central Permanente, dun escrito en tal sentido asinado por máis de 650 representantes.
* O vicepresidente Chen Chien-jen viaxou a República Dominicana para asistir á investidura do presidente Danilo Medina. Trátase do seu primeiro desprazamento ao estranxeiro desde que asumiu funcións. Chen dixo que a súa viaxe foi a demostración dunha “diplomacia práctica” capaz de elevar a visibilidade de Taiwan na area internacional.
* O ministro do Interior, Yeh Jiunn-rong, visitou a illa Taiping para subliñar a soberanía de Taiwan sobre a maior das Spratly/Nansha e reivindicar o seu alto valor para a experimentación científica en relación ao cambio climático. EUA chamou a Taiwan a non xerar situacións que eleven a tensión na zona.
* Un grupo de mulleres taiwanesas instou a Xapón a mostrar máis remordemento e desculpas ás “mulleres de consolo”, convertidas en escravas sexuais das tropas niponas durante a II Guerra Mundial. Estímase que o número de vítimas elévase a 2000 mulleres das cales 58 reclamaron compensacións e unha desculpa formal por parte de Xapón. Shinzo Abe dixo en 2014 que o seu goberno non irá máis aló das escusas presentadas en 1993.
* O Ministerio de Defensa seguirá aplicando o servizo militar obrigatorio, pospoñendo os plans de que a xeración nada en 1993 fose a última chamada a facer o servizo militar. O plan orixinal apuntaba a finais de 2015.
3. Datos relevantes
* O índice de aprobación da presidenta Tsai Ing-wen descendeu por baixo do limiar do 50 por cento por primeira vez desde que tomou posesión o 20 de maio. O índice de desaprobación rolda o 40 por cento. O KMT xustifica estes datos en que a presidenta “non ten o interese público” na súa mente.
* O goberno presentou os seus orzamentos para 2017 que inclúe un incremento dos gastos militares nun 0,5 por cento en relación co exercicio 2016.
* O departamento de estatística de Taiwan revisou ao alza a previsión de crecemento da illa para 2016, elevándoa ao 1,22 por cento.
* Unha caída no número de visitantes de China continental a Taiwan provocou un impacto negativo sobre a balanza de pagos do sector turístico. No segundo semestre, o déficit foi de 671 millóns de dólares. Entre abril e xuño, a caída no número de visitantes do outro lado do Estreito foi do 6,3 por cento.
* Taiwan sitúase en 10º lugar no ranking mundial de goberno electrónico segundo un informe da universidade xaponesa Waseda.
4. Nomes relevantes
* Tsay-Ting Kuei e Chen Wei-ting, dous líderes do Movemento Xirasol, foron absoltos polo Tribunal Superior de Taiwan, polas súas accións de protesta ante o Yuan Lexislativo en xullo de 2014.
* O ministro de asuntos exteriores David Le asegurou que “non promoverá o ingreso de Taiwan na ONU”.