eva joly

Tentacións de Sarkozy

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Eva Joly, clic para aumentar
Os sindicatos, a esquerda, ONGs, ou a antiga xuíz Eva Joly (na foto), temen unha berlusconización de Francia e póñense á espreita: falan xa dunha "nova era abafante" para a información, e chaman a "manterse vixiantes" e a "resistir as presións" para non ir parar nunha democracia ferida de morte. (Foto: ©Nina Aldin Thune).
 

Empeza a sentirse un proído nalgúns sectores da sociedade francesa por mor dalgunhas decisións de Sarkozy en relación cos medios. Non é cousa boa, pensan algúns, a súa estreita amizade co cumio do poder mediático, como proban os recentes nomeamentos para a dirección de TF1, para o Elíseo e Matignon.

Os sindicatos, a esquerda, ONGs, ou a antiga xuíz Eva Joly, temen unha berlusconización de Francia e póñense á espreita: falan xa dunha "nova era abafante" para a información, e chaman a "manterse vixiantes" e a "resistir as presións" para non ir parar nunha democracia ferida de morte.

Unha berlusconización é algo pouco probable en Francia; tampouco é dono Sarkozy dos principais medios franceses, como é Berlusconi dos italianos. Pero a voz de alarma está dada: como probado neocon que é, o presidente francés xa se ve que non dubida en actuar como tal. Por iso fan ben as forzas sociais en estar vixiantes e dispostas a non deixarlle pasar unha. Porque nesas tentacións xa se ve que está caendo o novo presidente.