Terra queimada

O caso irlandés, como o grego, e o portugués ou o español calquera día, pon ben de manifesto a existencia real dun poder á marxe dos gobernos, unhas veces en conivencia con estes, outras por escasa decisión política e outras porque sinxelamente non hai maneira de opoñerse a el.

Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

O caso irlandés, como o grego, e o portugués ou o español calquera día, pon ben de manifesto a existencia real dun poder á marxe dos gobernos, unhas veces en conivencia con estes, outras por escasa decisión política e outras porque sinxelamente non hai maneira de opoñerse a el.

É, naturalmente, o poder da gran banca que primeiro dá crédito ao chou –o caso do ladrillo en Irlanda e en España- e logo afoga sen piedade os países debedores impoñéndolle brutais condicións polo seu rescate, o que, entre outras desgrazas, supón que pagarán os traballadores a temeridade dos banqueiros.

Dean Barker, codirector do “Center for Economic and Policy Research” (CPR) nun recente traballo publicado en CounterPunch do 23 deste mes, manifesta con toda claridade que as medidas impostas a Irlanda polo Banco Central Europeo significan a súa ruína por varios anos.

Este modelo foi o que arruinou a Arxentina, ata que soubo liberarse del nunha decisión tan valente como intelixente; é o que o PP e Rajoy aconsellan para España; é o que fracasou en todas partes. ¿Terán o valor eses e outros “patriotas” de dicirnos, como dixeron tantas veces antes de agora, que Irlanda era o modelo a seguir?

Todo isto é absurdo pero é o que temos. E os políticos que hai non parecen capacitados para endereitar semellante monstruosidade. Polo que haberá que esperar, de seguir así as cousas, nulo crecemento, indixencia laboral e social ... e miseria –que é o que xa se está cocendo.