mapa mnoal movemento paises non alinhados

U-lo espírito de Bandung?

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 14 Cumio Movemento Países Non Aliñados
A xuntanza da Habana vai chegar a nós dende a óptica dos grandes medios aliñados cos poderes financeiros. Estes só se van a ocupar de se Fidel Castro participa ou segue doente. Ese será o seu único interese. Non nos revelarán a transcendencia do que alí poda acontecer e de seguro falarán do sen sentido da súa existencia. Mentirán por omisión, censurarán e manipularán. Mais en Cuba, na que recaerá a presidencia dos NOAL os tres vindeiros anos, o dito movemento xógase moitas cousas, entre elas a súa razón de ser.
 

O 19 de xaneiro deste ano, o africano Joyce Mulama, un bo xornalista da máis que aconsellábel axencia IPS, escribía unha crónica sobre o comezo do Foro Social Mundial (FSM) na capital de Malí. Titulouna Espírito de Bandung en Bamako, pois coa presenza por primeira vez en África do "outro mundo posíbel" moitos lembraron a histórica conferencia da illa de Xava en abril de 1955.

Daquela, un grupo de novos líderes "Nehru, Nasser, Sukarno…", que representaban a países de Asia e África, moitos recén independizados, decidían enfrontarse ao aínda existente xugo do colonialismo e ao neocolionialismo dos dous grandes bloques, a OTAN e o Pacto de Varsovia. Foi por iso polo que quedaron co apelativo de Terceiro Mundo que logo se identificaría erroneamente "ou non" co de "países pobres".

Os dous primeiros mundos, medorentos de enfrontarse directamente por mor das crocas nucleares, mergulláronse durante a segunda metade do século XX nesa Guerra Fría que nunca se librou nos seus territorios, e que esganou a vida de millóns de persoas do sur, que viron como impuxeron ditaduras, provocaron conflitos que aínda se arrastran hoxe e espoliaron os seus recursos, as súas culturas e os seus xeitos de vida.

Dalgún xeito aquel neocolonialismo, tan desapiadado como o iniciado no XIX, coa caída da URRS e a concentración da primacía mundial nos EUA, derivou no neoliberalismo de hoxe, no capitalismo radical contra o que loitan todos os que cada xaneiro se reúnen no FSM, polo que invocar o espírito de Bandung non era unha tolería. Debuxábao Joyce Mulama na súa crónica en boca de Samir Amin, do Foro do Terceiro Mundo: "Seguimos a ver xeitos novidosos de colonización, países en desenvolvemento seguen a sufrir a ditadura dos industrializados".

 Mapa Movemento Países Non Aliñados, clic para aumentar
Quen vexa un planisferio dos NOAL (en cor azul) comprobará que todos son países do sur. Só hai un europeo (Bielorrusia) e están todos os membros da Liga dos Estados Árabes e da Unión Africana. Representan case que a dúas terzas partes de Nacións Unidas. Curiosamente os que rexeitaban a súa inclusión na contorna das dúas potencias remataron todos noutro bando, o dos parias do planeta, o do sur vilipendiado, porque o mundo segue a estar dividido, agora, ou sempre, entre explotadores e explotados, entre os de enriba e os de embaixo, entre mercado e humanidade.
 

En Bandung non só se arrimaron países "menores" para declarar a súa neutralidade, senón que se foi máis aló, condenando o apartheid consentido pola ONU, reclamando o desarmamento e a cooperación do mundo desenvolvido para rematar coa pobreza, esixindo o respecto da soberanía e a integridade territoriais, a igualdade entre razas e nacións ou a coexistencia pacífica. A loita continúa, que diría o rebelde.

Os principios de Bandung foron asumidos anos máis tarde (1961), con moi diversas implicacións, polo Movemento de Países Non Aliñados "NOAL", que fundaron en Belgrado 25 estados e que aínda sobrevive, malia que a Guerra Fría sexa xa historia. Só un era latinoamericano, Cuba, onde precisamente vai ter lugar o XIV Cumio entre o 11 e 16 deste setembro, ao que acudirán delegacións dos 116 países membros e uns 500 xornalistas.

Quen vexa un planisferio dos NOAL comprobará que todos son países do sur. Só hai un europeo (Bielorrusia) e están todos os membros da Liga dos Estados Árabes e da Unión Africana. Representan case que a dúas terzas partes de Nacións Unidas. Curiosamente os que rexeitaban a súa inclusión na contorna das dúas potencias remataron todos noutro bando, o dos parias do planeta, o do sur vilipendiado, porque o mundo segue a estar dividido, agora, ou sempre, entre explotadores e explotados, entre os de enriba e os de embaixo, entre mercado e humanidade.

A xuntanza da Habana vai chegar a nós dende a óptica dos grandes medios aliñados cos poderes financeiros. Estes só se van a ocupar de se Fidel Castro participa ou segue doente. Ese será o seu único interese. Non nos revelarán a transcendencia do que alí poda acontecer e de seguro falarán do sen sentido da súa existencia. Mentirán por omisión, censurarán e manipularán. Mais en Cuba, na que recaerá a presidencia dos NOAL os tres vindeiros anos, o dito movemento xógase moitas cousas, entre elas a súa razón de ser.

Todos os NOAL saben que cómpre unha reorientación, unha revitalización. A xuntanza non debe servir só para condenar as ameazas dos EUA a Irán e Venezuela, o masacre de Israel no Líbano ou o embargo a Cuba, que tamén. O movemento podería ser un foro máis que lexítimo para a defensa dos intereses dos menos privilexiados do orbe, unha unión do sur contra o neoliberalismo e a hexemonía dos EUA, unha forza indiscutíbel que á xunta reclame a reforma da ONU e do seu antidemocrático Consello de Seguridade, unha voz que poña freo ás ameazas globais da humanidade e do planeta, unha canle para o desenvolvemento dos máis pobres.

No desexábel resucitar do espírito de Bandung albíscase, ou iso quixeramos moitos, unha vía política que represente a sensibilidade de movementos como o FSM. Un novo problema para os de enriba.