Ucraína: algunhas lecturas do novo censo

Actualmente en Ucraína viven 48.457.000 persoas. Eses son os datos que ofrece o primeiro censo de poboación realizado despois da independencia (decembro de 2001). Datos que veñen a confirmar que Ucraína perdeu case tres millóns de habitantes nos 12 anos que transcorreron dende o último censo realizado na época soviética en 1989.

A reducción demográfica se debe fundamentalmente á emigración, unha caída drástica da natalidade e un empeoramiento xeral das condicións de vida. Aínda que, en opinión dalgúns demógrafos, esta situación non é alarmante, pode ter consecuencias graves en 20 anos se non se modifican as tendencias.

O censo ofrece tamén outro dato comentado con certa sorpresa: a cohesión étnica. Agora máis persoas consideran o ucraíno a súa lingoa materna. Son un 67 por cento do total da poboación (en 1989 o era un 2,8 por cento menos). O ruso é a lingoa materna dun 29,6 por cento da poboación de Ucraína o que significa unha reducción dun 3,2 por cento en comparación con 1989.

É certo que pasados 12 anos xa se formou unha xeneración de escolares que fixeron un curso completo de ensino secundario en ucraíno, aspecto crucial para que o uso da lingoa se impoña en todas as esferas da vida diaria. Asi mesmo, cabe mencionar o uso oficial da lingoa ucraína como único vehículo de comunicación nos organismos públicos aínda que a lingoaxe utilizada polos funcionarios, incluído o Presidente da nación, a veces dista moito da lingoa estándar. Non se debe esquecer que soamente unha cuarta parte dos xornais e revistas se publican en ucraíno mentras que a prensa máis lida se edita en ruso, e tamén os canais de radio e televisión máis populares siguen o formato bilingüe. No mercado editorial soamente os manuais de ensino traslocen unha significativa presencia do ucraíno.

Tendo en cona que na época soviética a nacionalidade (é dicir, a identidade étnica) se inscribía no pasaporte e existían moitas razóns para aproveitar algunha oportunidade para inscribirse ruso (p.e. o fixeron en masa moitos xudeus) e se favorecía o uso do ruso como vehículo de comunicación interétnica, os pequenos cambios no recoñecemento do ruso e ucraíno como lingoas maternas podría considerarse como unha corrección do reflexo da situación obxectiva, xa que no último censo, a poboación podía decidir libremente sobre a súa pertenza a unha etnia e sobre a súa lingoa materna.

De todas formas, a identificación coa lingoa materna non é igual ao seu uso real na vida diaria e nin sequera dentro da familia. Pero é innegable que os datos do censo de 2001 son máis fidedignos que os do censo anterior e testemuñan un crecemento do uso do ucraíno e a mellora do seu dominio pola poboación.

A composición étnica da poboación actual de Ucraína e a súa porcentaxe en 2001 e 1989 é como sigue:

Grupo étnico

Cantidade

% 2001

% 1989

Ucraínos

37.541.700

77,8

72,7

Rusos

8.334.100

17,3

22,1

Belarusos

275.800

0,6

0,9

Moldavos

258.600

0,5

0,6

Tártaros de Crimea

248.200

0,5

0,0

Búlgaros

204.600

0,4

0,5

Húngaros

156.600

0,3

0,4

Rumanos

151.000

0,3

0,3

Polacos

144.100

0,3

0,4

Xudeus

103.600

0,2

0,9

Agora que se recoñeceu que a lingoa que fala a poboación autóctona de Moldova é o romanés sería interesante saber porqué en Ucraína algúns se autoidentifican como moldavos e outros como romaneses. Cando Besarabia (coa maior parte da Moldova actual) formou parte de Romenia entre as dúas guerras mundiais, toda a poboación romanésparlante en Ucraína era considerada moldava e tiña unha república autónoma. A maior parte desta última foi incorporada á República Soviética de Moldova despois da intervención militar soviética contra Romenia en 1940. Foi tamén entón cando a Unión Soviética incorporou a Ucraína a entón romena Bucovina do Norte (Cernauti), unha rexión con poboación ucraína. Aínda que todos eles pertencían á mesma rexión histórica de Moldova os romaneseparlantes da rexión de Cernauti eran para as autoridades soviéticas romaneses ao igual que os romaneseparlantes da rexión de Ucraína transcarpática (parte de Hungría durante 600 anos ata 1944), e o resto eran moldavos.