Por primeira vez, a Comunidade de Estados Independentes, unha alianza informal constituida polas Repúblicas da extinta Unión Soviética (excepto os tres Estados do Báltico), vai estar presidida por un estadista non ruso.
Nun cumio informal celebrado recientemente en Kiev, o Presidente ruso, V. Putin, propuso para este cargo ao seu hómologo ucraíno, Leonid Kuchma. Este declarou nunha rolda de prensa o martes pasado que a súa elección foi debida a razóns económicas e non significa un retroceso da meta estratéxica dunha integración máis profunda con Europa. Kuchma asegurou que Ucraína non ten ningún dereito a perder esta oportunidade xa que "Europa necesita unha Ucraína forte e non feble". A participación desta República, a segunda polas súas características despois de Rusia na URSS, no mercado da CEI mermouse ata representar hoxe un dez por cento.
Neste contexto non pode descartase a posibilidade de entrada de Ucraína na Comunidade Económica Euroasiática (Eurasec), que pretende crear unha zona de libre comercio no territorio da antiga Unión Soviética, porque isto significaría un alivio para o problema máis grave da economía de Ucraína, o enerxético, que depende básicamente do gas natural e do petróleo que proveñen de Rusia e de Turkmenistán.
Non obstante a evidente tendencia de acercamento a Rusia, Kuchma non quere que a súa política se interprete como un abandono da opción europea. Como Presidente da CEI, Ucraína ten a intención de servir como eslabón de conexión entre a Unión Europea ampliada e os estados da Comunidade, aseguraba Kuchma o pasado xoves ante os diplomáticos acreditados en Kiev. Ambas as dúas son como avenidas estratéxicas esenciais da política exterior de Ucraína, ao igual que a cooperación con Polonia, coa Federación Rusa e o desenvolvemento de relacións coa OTAN.
"Europa non estará unida mentres se marxine a algunha nación que se sinta parte do continente e que aspire a formar parte dela", afirmou o Presidente ucraíno, nun esforzo por salientar que as políticas rusa e europea de Kiev se complementan e non se contradin. Nunha entrevista coa BBC descalificou as criticas da oposición sempre que se dan pasos na liña de aproximación a Rusia. As acusacións de traición aos intereses nacionais e de sometemento ao neocolonialismo ruso van desencaminadas en opinión de Kuchma: se EEUU quer ser amigo de Rusia, se o quere Europa, ¿por qué a oposición se empeña en empurrar a Ucraína na dirección contraria?