A pesar das protestas da oposición, que de feito bloqueou os traballos do pleno da Verkhovna Rada, a maioría propresidencial destituiu o 17 de decembro ao presidente do Banco Nacional de Ucraína, Stélmakh, e designou ao líder de "Ucraína Laboral", Serhiy Tyhypko, coma o seu sucesor. Dado que a oposicón imposibilitou a utilización do sistema de votación electrónica, para emitir os seus votos con papeletas os representantes da maioría tiveron que facelo nun dos despachos da sede do parlamento. O resultado foi o seguinte: 232 votos favorables dos 450 deputados do Parlamento.
A oposición, que asegura haber detectado papeletas falsificadas, considera as decisións ilegais e presentou unha acción xudicial con respecto ás falsificacións, perante un tribunal penal.
A oposición conta no seu seo cos grupos parlamentarios máis numerosos, o do bloque "A Nosa Ucraína" e o comunista. Os líderes de ambos grupos, xunto cos dirixentes de outros dous grupos de oposición, Yúlia Tymoshenko e o socialista Moroz, declararon a súa intención de promover eleccións parlamentarias anticipadas, dado que actualmente o parlamento "non corresponde ás expectativas e simpatías demostradas pola xente nas eleccións de marzo de 2002". O moderado líder de A Nosa Ucraína, Víktor Yúschenko, incluso valora a conveniencia de impulsar unha folga política nacional para promover eleccións anticipadas parlamentarias e presidenciais.
A oposición tamén se nega a recoñecer a perda das presidencias de todas as comisións parlamentarias, efectuada despois da formación do goberno chamado de coalición de Yanukóvych.