Na Ucraína non hai unha situación revolucionaria, dixo nunha rolda de prensa o 17 de setembro o primeiro ministro, Kínakh. Argumentou o feito de que a oposición non lograra concentrar o día anterior a millóns de partidarios baixo o lema "¡Érguete, Ucraína!", para forzar ao actual presidente ucraíno, Leonid Kuchma, a demitir. No acto central da protesta na praza Europea de Kíev participaron, segundo medios policiais, 15 mil persoas e 50 mil, segundo a administración metropolitana.
As palabras do xefe do Gabinete soaron como un suspiro de alivio das autoridades que, tirando as debidas conclusións das confrontacións de hai un ano, cando todas as medidas de presión dirixidas contra a oposición soamente aportaron máis peso ao seu prestixio. Esta vez, as autoridades trataron de quitarlle importancia ás protestas, aínda que se apreciaban sinais de inseguridade: durante tres días prácticamente non se rexistrou cambio de divisas en Kíev, para o luns se anunciaron traballos profilácticos na antena de televisión que impedían calquer transmisión, en horas de madrugada polas rúas circularon camións militares con lonas tapadas…
A oposición impuso o seu dereito a se manifestar e protestar na céntrica praza Europea (o alcalde quiso trasladar o mitin a un aeródromo deportivo nas cercanías da capital). Outro avance da oposición é que na protesta se uniron forzas ideolóxicamente incompatibles: o Bloque de Yúliya Tymoshenko, o Partido Socialista e o Comunista, o moderado ex Primeiro Ministro, Yúschenko. Os líderes destas catro forzas políticas asinaron un chamamento ao Presidente reclamando a súa demisión inmediata e atribuindolle a culpa da perda, durante o seu âgoberno unipersonal", de 4 millóns de habitantes, da destrucción da âbase do desenvolvemento socioeconómico", do retroceso da sociedade a uns 30-50 anos atrás, da corrupción, o expolio, a violencia e a dexeneración moral que caracterizan a vida do pobo de Ucraína. Tamén o acusaron de chegar ao poder por vía ilegal, de estar implicado en ofensas criminais, haber usurpado o poder e creado âun sistema de goberno nondemocrático e delictivo operando fóra dos límites da moral, o dereito e a honra". En suma, o exhortaron a arrepentirse e deixar o posto de Presidente.
A manifestación transcurriu con inesperada calma – tanto a oposición como as autoridades velaron porque non houbese provocacións- e non se produciron enfrontamentos, incluso cando pola tarde se montaron ducias de iendas de campaña fronte á sede da Administración Presidencial. Quizáis por esta tranquilidade, entre os participantes das protestas se produciu a sensación de que as accións non tiveran efecto dabondo e na madrugada do día seguinte permitiron, sen moita resistencia, que as forzas de policía desmantelasen todas as tendas.
Kuchma calificou os eventos de algo insignificante e ao regresar de Austria donde se atopaba naqueles momentos, continuou a súa viaxe a Odesa. Tal conducta pode tamén ser interpretada como un intento de quedarse á máxima distancia posible de todo enfrontamento, xa que Kuchma non ten moitas razóns para sentirse seguro. No cumio económico de Salzburgo, Kuchma tratou de comportarse como un gran estadista, sólido, e expuso o seu punto de vista con respecto á inconveniencia do estatus de vecindade inmediata proposta a Ucraína pola UE e plantexou a opción da asociación. A resposta do comisario da UE foi rotunda: Ucraína non pode contar con ser membro da Unión nin en dez nin en vinte anos.
A oposición planifica reanudar as accións de protesta a partir de hoxe, 24 de setembro.