Ucraína: lecturas políticas dunha catástrofe

A celebración o 24 de agosto pasado do XI aniversario da independencia de Ucraína quebrou a tradición de facelo cunha pompa fóra de lugar nun país con tantos problemas de desenvolvemento. En concreto, o desfile militar non contou coa participación da aviación que debía facer penitencia da traxedia acontecida o 27 de xuño preto de Lvov, cando a caída dun caza Su27 provocou un saldo estremecedor de preto de 80 mortos e 150 feridos entre os espectadores.

Unha comisión gobernamental convocada para investigar o caso, ademáis de deixar ao descuberto a culpa de todos os involucrados directamente (os pilotos do caza que se desviaron do traxecto prescrito, os directores da revista que non avisaron aos pilotos das desviacións, os organizadores que non contemplaron as medidas de seguridade adecuadas e prescindiron dos voos de entrenamento in situ, o vicedirector que dirixía o voo e que nunca voara cun Su27, etc.) fixo fincapé en deficiencias máis xerais que padecen as forzas armadas de Ucraína.

A forza aérea se atopa nunha situación alarmante: debido a un financiamento insuficiente, os pilotos poden voar soamente 5 horas ao ano (na OTAN, entre 140 e 150 horas anualmente); entre as súas existencias contanse 500 avións de combate de 6 tipos mentres que un Estado máis grande e desenvolvido como é Alemaña ten soamente 407 avións de dous tipos;durante os 11 anos da independencia aconteceron 17 catástrofes que involucraron a 15 avións e 2 helicópteros.

Lamentablemente, esta situación alarmante non é patrimonio exclusivo da aviación militar. Parlamentarios ucraínos recoñecen que as forzas armadas no estado en que atopan agora "non poden ser o garante da seguridade de Ucraína". Ata se pode dicir que representan certa ameaza para a poboación civil si se ten en conta cómo durante as maniobras realizadas nos últimos anos un cohete atravesou unha vivenda nun suburbio capitalino e otro derrubou un avión de pasaxeiros ruso que sobrevoaba o Mar Negro.

As medidas adoptadas con anterioridade semellaban destinadas a quitar ferro aos casos citados. Nesta ocasión, o servicio informativo da Administración Presidencial non deixou de eloxiar a actuación decidida do Comandante en Xefe, o Presidente Kuchma quen interrumpiu as súas vacacións en Crimea para se trasladar a Lvov, contrastándoa coa do Presidente ruso Putin quen permaneceu na costa do Mar Negro cando a catástrofe do submarino "Kursk". Kuchma destituiu a toda a cúpula da forza aérea militar, reeemprazando ao seu comandante, que estaba de vacacións, polo seu sustituto, quen xustamente asinara o plan da revista de aviación desenvolvida nas proximidades de Lvov. Kuchma non aceptou a demisión do Ministro de Defensa que quería asumir a responsabilidade por tan tráxicos feitos.

Neste contexto, o célebre comentarista V. Pórtnikov lembra como o recén eleito Presidente de Ucraína e presidente da Asociación de Industriais e Empresarios, L. Kuchma, nunha rolda de prensa presentaba como un presunto mérito seu a ausencia dun equipo presidencial. O analista chega a unha conclusión tan profunda como acertada ao salientar que semellante circunstancia conduce a un réxime donde chegan a ser dirixentes, persoas carentes de profesionalismo e donde o principal criterio, por non dicir único, para efectuar as designacións consiste na lealdade persoal a Leonid Kuchma.

Por se fora pouco, para demostralo, poucos días despois da traxedia de Lvov se producía unha explosión de gas metano nunha das minas hulleiras da conca de Donetsk levándose a vida de varias ducias de mineiros.

A evidente incapacidade do réxime para facer fronte a estas situacións tráx, aportou unha nova consolidación da oposición representada polo Bloque A Nosa Ucraína de Yúschenko, o bloque de Yúlia Tymoshenko e o Partido Socialista de O. Moroz que sitúan o goberno coma o principal culpable de catástrofes que se repiten. Á oposición anti-Kuchma se suma o influínte PC de Symonenko. A comezos de setembro próximo, a oposición pretende concentrar entre 100 e 200 mil persoas fronte á sede da Administración Presidencial en Kíev ata que o actual Presidente demita.

Aínda que Europa Occidental se amosou solidaria co pobo ucraíno nesta desgracia (o primeiro en chegar a Lvov foi un avión español con axuda humanitaria), a traxedia influirá negativamente no acercamento de Ucraína á Unión Europea, especialmente porque ese proceso está vencellado á súa integración na OTAN e que pode resentirse.

A estraña ocorrencia de Kuchma de ir celebrar o seu cumpleanos a Moscova con Putin pode interpretarse como un intento de asegurarse algún apoio exterior, no tradicional dilema que obriga a elixir ou a alternar a elección, entre Europa Occidental ou Rusia. Xustamente na véspera e durante o día da súa visita a Moscova, o diario norteamericano "The Washington Post" dedicou dous artículos a Ucraína sinalando que o maior obstáculo para a integración de Ucraína en Europa é un Kuchma que cos seus axudantes frecuenta políticas e métodos de auténtico bandido.