Os resultados do referendo celebrado en Ucrania o pasado 16 de abril cabía agardalos; sen embargo tampouco deixaron de ser sorprendentes: nun clima de apatía xeralizada con respecto a cuestións políticas concorreron ás urnas 28,8 millóns de ucranianos. Aínda máis espectacular foi o apoio recibido polo Presidente Leonid Kuchma: un 80% dos que emitiron o seu voto dixeron sí ás catro preguntas sometidas á consulta popular.
Os preparativos para o referendo facían lembrar as campañas electorais da época soviética: por todas partes aparecían chamamentos a acudir ás urnas – en buzóns, en comercios, en xornais, na tele… Non se suxería explícitamente un voto positivo, pero dabase a entender uha solicitude de apoio para a iniciativa do Presidente. Estaban mobilizados todos os recursos administrativos: para non perder os votos de quen prefería aproveitar a fin de semana para descansar, incluso ofreceuse a posibilidade de votar anticipadamente; así o fixeron un 20 % dos electores; o día da votación, delegados de colexios electorais recorrían as casas residenciais con urnas transportables para recoller os votos daqueles que non atopaban tempo para exercer o seu dereito constitucional.
Á marxe desas salvedades, a victoria de Kuchma neste referendo foi incuestionable. Primeiro que nada, porque se celebrou a pesares das múltiples obxeccións argumentadas no interior do país e no estranxeiro. A Corte Constitucional eliminou, por inconstitucionais dúas preguntas do sufraxio -sobre a chamada desconfianza ó Parlamento e a posibilidade de modificar a constitución por referendo. A Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa advirtiu que a consulta popular facíase sobre a base dunha lei adoptada na época soviética, antes da adopción da Constitución, e existía o perigo de que se fixeran enmendas á Constitución por métodos inconstitucionais, o que podía conlevar a expulsión de Ucrania do Consello de Europa.
A Corte Constitucional adoptou unha decisión case solomónica con respecto ás catro preguntas restantes que se referían á reducción do Parlamento, de 450 a 300 escanos; á creación dunha segunda Cámara; á supresión da inmunidade dos deputados; e á posibilidade de que o Presidente poida disolver o Parlamento por decreto. Los resultados da votación non serían vinculantes, pero si outorgarían ás autoridades un mandato para actuar nesa liña, adoptando as medidas adecuadas. Para viabilizar os cambios constitucionais precisan o voto de 300 parlamentarios, pero a actual maioría constituida, a propósito, gracias ó anuncio do referendo, conta soamente con 270 diputados.
Orixinase pois unha situación ambigüa: por unha banda, Ucrania quere integrarse en Europa e necesita promover reformas, que en moita medida, segundo o Presidente, son impedidas pola forte oposición das esquerdas no Parlamento. Por outra banda, xustamente para isto desprecianse as resolucións de órganos europeos. "A Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa non é toda Europa", dixo Kuchma que ahora síntese estimulado para resolver outros temas por referendo.
Resta a dúbida de que a actual evolución aproxime o país a Europa porque son moitos os que atopan indicios para falar, coma o líder do Partido Comunista, Symonenko, dunha eliminación das institucións democráticas e da instalación dunha dictadura. O que non admite dúbida é o fortalecemento da influencia persoal e o poder do Presidente, quen foi reelixido en novembro pasado por ser a única candidatura viable contra a ameaza da esquerda conservadora. Aquela victoria deu lugar a unha crise parlamentaria, porque a maioría relativa da esquerda na Rada Suprema obstruía o proceso político. Foi entón cando o Presidente reclamou máis poderes e convocou o referendo para influir sobre o Parlamento.
O resultado foi a formación dunha maioría de centro-dereita na Rada Suprema e a creación dun goberno presidido polo prestigioso economista, Yuschenko. O referendo xa parecía innecesario, especialmente tendo en conta as incongruencias xurídicas criticadas tanto no país como no exterior. Pero a lei debe cumprirse e o referendo culmina para Kuchma nunha victoria máis que tamén desemboca nunha crise. Esta vez tratase dunha crise constitucional que tomará meses para atopar vías de solución.