A finais de maio, o Secretario do Consello de Seguridade e Defensa de Ucraína, Marchuk, realizou unha sensacional declaración na que condicionaba o acercamento a Europa á aproximación ás estructuras do Tratado do Atlántico Norte. Parecía ser a fin da denostada política exterior en múltiples frontes, que iban cara Europa, EEUU e Rusia coa CEI, pero que en realidade unicamente se plasmaba neste último suposto, o máis tradicional e desexado polo veciño do norte. Dado que os outros partenaires estratéxicos, en Europa e en Norteamérica, non teñen moita présa nin ganas de ver a Ucraína entre os seus aliados, algúns politólogos comentaron que semellante declaración proatlantista ben podería ser unha manobra do Presidente Kuchma para que todos comprobaran unha vez máis que en Occidente "non nos queren" e xustificar o seu pragmático acercamento (ou supeditación) a Rusia.
A realidade política veu a xustificar o que unha vez dixo quen fora Primeiro Ministro de Rusia e actual Embaixador en Ucraína, Víktor Chernomýrdin: "Intentamos facelo o mellor posible, pero acabounos saíndo o de sempre". Outra vez Ucraína queda á sombra de Rusia: fai declaracións que son debatidas activamente no interior do país, mentras Occidente otorga todos os dereitos a Rusia para que participe en discusións de temas políticos coa Alianza Atlántica.
Últimamente experimentaron un deterioro as relacións co inmediato veciño occidental de Ucraína, Polonia, que, dados os estreitos lazos históricos, económicos, comerciais, etc, existentes, ben podería, como un Estado en fase de adhesión á Unión Europea, contribuír ao acercamento de Ucraína. O Presidente polaco foi o único en Europa que convidou a Kuchma en visita oficial despois do escándalo da desaparición dun periodista crítico co réxime. Nese contexto, o presidente polaco logrou varias concesións do seu veciño oriental, entre outras, un asunto que reviste unha importancia considerable para a opinión pública de Polonia, o da restauración en Lviv (Lwów para os polacos) do cemiterio de soldados polacos caídos na I Guerra Mundial. Aínda que capital da rexión máis nacionalista de Ucraína, Lviv sempre contou cunha importante poboación polaca que foi desterrada polo réxime soviético despois da II Guerra Mundial. O concello de Lviv, moi receoso ante calquera manifestación de restitución do pasado polaco, se negou a poñer no monumento a inscripción orixinal: "Aos soldados que cairon heróicamente na loita pola independencia de Polonia". A verdade é que cairon en loita contra os ucraínos que intentaron conseguir o renacemento do seu Estado naquela época. Posto que non se cumpría o compromiso de restaurar o cemiterio no seu aspecto orixinal, tal e como era en 1939, o Presidente polaco se negou a acercarse a Lviv para a inauguración e o tema quedou pendiente.
A pesar dos desacertos en temas internacionis, Kuchma logrou consolidar as súas posicións no exterior. Aínda que nas últimas lexislativas gañou o bloque de oposición do ex-primeiro ministro Yúschenko "Pola nosa Ucraína" e o Partido Comunista, deixando atrás ao pro-presidencial bloque "Por unha Ucraína unida", a formación de fraccións parlamentarias debido á adhesión de deputados elixidos en circunscripcións de voto maioritario e á migración dalgúns deputados elixidos por listas de partidos, resultou na seguinte distribución de escanos: "Por unha Ucraína unida" – 177, "Pola nosa Ucraína" – 118, PCU – 64, o oligárquico Partido Social-Demócrata (Unificado) – 31, Bloque de Yúlia Tymoshenko de oposición – 23, Partido Socialista de Oleksandr Moroz de oposición de esquerda – 12; independentes – 12. As forzas propresidenciais suman 208 escanos, entre a "Ucraína unida" e social-demócratas; para superar os seus votos a oposición debe, por forza, establecer unha alianza cos comunistas, que sempre será conxuntural. Caso de darse, as forzas propresidenciais necesitarían os votos dos independentes para vencer.
Semellante composición limita a operatividade do parlamento. A elección do líder do bloque "Por unha Ucraína unida", Lytvýn, que antes era Xefe da Administración Presidencial, como presidente da Verkhovna Rada amosa ás claras que o Presidente pode ter aínda bastante capacidade de influencia no lexislativo. Polo tanto é difícil agradar que cambios positivos se produzan rápidamente.
