20031103vladimir putin

Un “efecto ucraíno” no polvorín euroasiático?

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Idiomas Galego

 Clic para aumentar
A finais de novembro, Putin pechou unha serie de acordos militares coas repúblicas de Asia Central, para contrarrestar a perda de Xeorxia a favor de Washington no 2003, a presumíbel perda de influencia rusa en Ucraina, a posíbel futura admisión turca na UE, que conlevaría a fortalecer a Ankara como distribuidor de oleoductos e gasoductos cara Europa occidental, e a presenza militar estadounidense en Uzbekistán e Azebaiján tralo 11/S. Ao mesmo tempo, Rusia reforza lazos con Irán e China, coa finalidade de manter o equilibrio xeopolítico.
 

Nos gobernos das repúblicas ex soviéticas de Asia Central, así como na Rusia de Putin, cunde o temor de que a chamada “revolución laranxa” que levou á victoria electoral de Viktor Yushenko en Ucraina, teña un efecto expansivo na concreción de “revoltas populares”, similares ás acontecidas en Xeorxia a finais do 2003 ou na ex Iugoslavia no 2000. A similitude e a conexión dos acontecementos en Belgrado, Tbilisi e agora Kiev apuntan a repúblicas como Azerbaiján, Kazajstán, Turkmenistán, Uzbekistán e Kirguizistán, gobernadas prácticamente polas mesmas elites do poder dende a súa independencia en 1991. Nembargantes, estes gobernos manteñen un férreo control sobre a débil sociedade civil ao mesmo tempo que as súas políticas veñen determinadas polo xogo xeopolítico dos intereses de Moscova e Washington, especialmente tralo 11/S e a guerra en Afganistán.

Previo á decisiva e repetida segunda volta ucraina do pasado domingo 26, o presidente ruso Vladímir Putin advertiu en contra do que cualificou como as “revolucións permanentes”. Sen dúbida, facía referencia á posibilidade real de que a victoria do opositor Yushenko tería efectos expansivos no chamado “patio traseiro” ruso de Asia Central. Ao mesmo tempo, o presidente uzbeko, Islam Karímov, declarou antes das eleccións parlamentarias do pasado domingo, que “non toleraría” o que cualificou de “revolucións” como a de Ucraina.

Nas derradeiras semanas, en Turkmenistán e Azerbaiján, celebráronse eleccións parlamentarias e municipais onde as forzas de oposición e observadores internacionais como a Organización para a Seguridade e Cooperación Europea, OSCE, criticaron a represión do goberno e a falta de transparencia nos comicios. O caso azerí foi curioso e significativo: a oposición boicoteou os comicios, o que, se ben foi respaldado pola OSCE, recibiu unha dura crítica por parte do embaixador estadounidense en Bakú. Ademais, un voceiro do goberno acusou ao partido de oposición Frente Popular, de instigar un golpe contra o goberno e de manter contactos coa organización ucraina Pora! que respalda ao opositor Yushenko, e que impulsou as manifestacións populares en Kiev.

Pola súa banda, Kirguizistán celebrará dúas importantes eleccións no próximo ano, entre elas as presidenciais que anunciarán o sucesor do presidente Askar Akayev, que se ben afirmou que non repetirá, parecera estar traballando para a victoria do seu presumibel herdeiro no poder. Na veciña Kazajstán, dúas explosións na sede do partido do presidente Nursultán Nazarbayev, atizou a pantasma da inestabilidade. Se ben as acusacións apuntaron aos grupos radicais islámicos, a tensión xerada polas eleccións parlamentarias de setembro pasado, onde observadores internacionais denunciaron un suposto fraude gubernamental, poidera ser a clave da posibel inestabilidade do país.

Hoxe, trala guerra de Afganistán en 2001, mentar Asia Central é facer referencia a unha rexión afastada da atención mundial. As autocracias e as elites que gobernan desde a súa independencia da ex URSS manifestan un exacerbado poder frente a unha débil sociedade civil. A rexión atópase atizada polo semi-illamento internacional, o avance do islamismo político radical e os intereses xeopolíticos, militares e petroleiros de Moscova e Washington. Tanto no Kremlin como na Casa Branca, manter a gobernantes como Karímov, Alliyev, Akayev, Nazarbayev ou Niyazov resulta un imperativo necesario, polos acordos de explotación petroleira e gasífera e a garantía de que, trala caída do réxime talibán e a pacificación de Afganistán, abortarase o posibel efecto expansivo do islamismo radical, vencellado ou non a Al Qaeda. Neste aspecto, o reto proven da organización Hizb ul-Tahrir, fortemente afincada en Kirguizistán e Uzbekistán.

A finais de novembro, Putin pechou unha serie de acordos militares coas repúblicas de Asia Central, para contrarrestar a perda de Xeorxia a favor de Washington no 2003, a presumíbel perda de influencia rusa en Ucraina, a posíbel futura admisión turca na UE, que conlevaría a fortalecer a Ankara como distribuidor de oleoductos e gasoductos cara Europa occidental, e a presenza militar estadounidense en Uzbekistán e Azebaiján tralo 11/S. Ao mesmo tempo, Rusia reforza lazos con Irán e China, coa finalidade de manter o equilibrio xeopolítico. Polo tanto, Moscova fortalece as autocracias “lexitimadas” electoralmente en Asia Central, en detrimento do desenvolvemento dunha sociedade civil que propicie unha maior democratización.

Paralelo ao “efecto ucraino”, a decisión do presidente xeorxiano Mikhail Saakashvilii de efectuar unha “loita oficial” contra a corrupción, tamén é materia de preocupación nas veciñas Armenia e Azerbaiján, así como nas repúblicas centroasiáticas. Pero o escenario segue a estar teñido de intereses xeopolíticos: entre as consecuencias das “revolucións” de Xeorxia e Ucraina, auspiciadas por Washington e Bruxelas, e os movementos políticos de Moscova, está a manifestarse outra realidade dende o Cáucaso ata Asia Central.