Un mundo mafioso

Non pode estrañar que a nota máis salientable que a xente nova, e non tan nova, teña do mundo que vivimos sexa a dun mundo mafioso, dunha mafia en calquera das súas acepcións, sen excluír a de organización secreta que pretende substituír os poderes públicos e administrar a súa propia xustiza.

Apartados xeográficos Outros
Idiomas Galego

Non pode estrañar que a nota máis salientable que a xente nova, e non tan nova, teña do mundo que vivimos sexa a dun mundo mafioso, dunha mafia en calquera das súas acepcións, sen excluír a de organización secreta que pretende substituír os poderes públicos e administrar a súa propia xustiza.

Porque é unha idea que non se afasta moito da realidade e que, nalgúns casos, incluso pode ser paradigma de mundo mafioso, como, por exemplo, a impunidade dos responsables da crise económica que vivimos e da que non damos saído, por máis que ben quixeramos para todos eles uns novos xuízos de Nüremberg: non xulgariamos criminais nazis pero si criminais económicos que en xeral fixeron tanto dano,ou máis, do que aqueles.

E se enriba aínda lle poñemos que, lonxe de seren xulgados, o sistema os premiou con insultantes “bonus”, e outras condecoracións, mentres miles e miles perdían o seu traballo e a outros moitos miles, e millóns, lles rabenaban os seus aforros e a súa seguridade, as súas xubilacións e o seu futuro, o suposto é verdadeiramente mafioso.

E todo isto sucedeu –e xa se ve que vai seguir sucedendo- porque certos poderes foron anulando e afogando o poder político deica conseguir que os nosos representantes fosen substituídos pola mafia económica que chamamos os “mercados”. Ese é o capitalismo mafioso que hoxe domina o mundo.

O problema é, pois, como saírmos deste envurullo en que estamos metidos, sen perder de vista que a forza desa mafia é abafante.  ¿A rebeldía social, como propoñen algúns? ¿A rebeldía dos poderes absorbidos, agora e despois de tanto tempo? Non. Pero é moita a paciencia que cómpre, porque nada conseguiremos se antes non despedimos aos políticos quen temos. Por suposto que esta é a gran dificultade.

Faremos en próximas ocasións un esforzo para aclaralo.