20050925suiza referendo libre circulacion 10 ue

Unha Europa á carta, para Suíza

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Referendo en libre circulación países UE en Suíza, clic para aumentar
O 25 de setembro celebrouse en Suíza un referendo sobre a extensión da liberdade de circulación ós dez novos países membros da UE, chegados en maio de 2005, que supoñía unha nova reválida para o orgullo de Bruxelas, moi danado despois dos tropezos nos referendos en Francia e en Holanda. Un resultado positivo na consulta suíza significaba un paso adiante na integración sutil dos helvéticos.
 

Adoitase falar da confederación Helvética como exemplo único de convivencia política e de progreso económico. Sen embargo, trala creación do mercado común europeo, o estado alpino, veuse influído e condicionado polas redes tecidas cos seus inmediatos veciños, que paseniñamente fortaleceron os seus lazos de unión a través do mercado único, a libre circulación de mercadorías e de persoas -necesario para a creación do mercado interno-, e tamén por medio do recoñecemento mutuo de normas de todo tipo, que afogaron as opcións de permanecer illados no paraíso económico alpino. Suíza, o país do peto, veu como dende os 90 se formaba unha Unión Económica e Monetaria (EMU) que daba paso ó Euro, unha moeda máis sólida e forte que o franco suízo, na que facer transaccións económicas e na que poder confiar os aforros internacionais. Neste contexto envolvente, os incentivos para desmarcarse da tradicional neutralidade, fanse cada día máis preponderantes.

O pasado 25 de setembro, celebrouse un referendo sobre a extensión da liberdade de circulación ós dez novos países membros da UE, chegados en maio de 2005, que supoñía unha nova reválida para o orgullo de Bruxelas, moi danado despois dos tropezos nos referendos en Francia e en Holanda. Un resultado positivo na consulta suíza, significaba un paso adiante na integración sutil dos helvéticos, mentres que a negativa de abrir o mercado laboral ós dez novos membros, non era máis que unha razón adicional no discurso dos apostantes antieuropeístas que sosteñen que Europa é unha falacia.

Os suízos xa se viron atraídos polo reto europeo, non dende o Tratado de Roma, pero si dende os anos noventa. Existe unha reducida demanda de adhesión do 20 de maio de 1992, que foi conxelada, por mor do resultado negativo no refendo de decembro de 1992, que se evidenciou dunha forma marcada nos cantóns xermánicos, contrastando co europeísmo dos cantóns da "Suisse romande". De novo, en marzo do 2001, os suízos votaron en contra da apertura das negociacións, cun abrumador 76%. A pesares destes reveses, a sutileza dos gobernantes e dos intereses económicos tanto europeos como da parte suíza, fixo que a integración agromase e se consolidase de maneira solapada e indirecta (unha sorte de Europa á carta), a través da creación de acordos bilaterais que afondaran naqueles campos de necesidade inmediata ou de maior urxencia. A loita contra o fraude, a reducción das taxas alfandegarias sobre productos agrícolas transformados, así como das subvencións á exportación, a colaboración a nivel fiscal, ou a cooperación policial, migratoria e de asilo, son tan só algunhas das políticas sobre as que se traballou e nas que a UE condiciona a política dos helvéticos.

Finalmente, despois dunha paréntese de máis dunha década onde se afortalou a apertura dos mercados tanto europeo como helvético, concienciados de que a economía suíza podería verse entorpecida por unha ruptura entre Berna e Bruxelas, e co compromiso do mundo da empresa e os sindicatos, tanto como dos esforzos conxugados da esquerda e da dereita a prol da confianza en Europa, espantouse o medo á inmigración masiva dos países do leste gañándose un referendo onde o que realmente se consultaba era se afondaban ou non na integración europea, recibindo un apoio inesperado do 56%, pero que non despexa de todo o contraste entre a perda da tradicional neutralidade, soberanía e democracia, a cambio das mellores condicións para a venda dos produtos e o desenvolvemento suízo.

A UE, tamén anda necesitada de osíxeno, novas enerxías e confianza. O reinicio das conversas con Berna, se é que finalmente se confirma o compromiso dende o horizonte alpino, podería supoñer un revulsivo no relance da integración europea. Por iso prestouselle tanta atención a un dos moitos referendos que se celebran no país dos helvecios.