20060122seguidores cavaco silva

Vitorias e derrotas

 Seguidores de Cavaco Silva, clic para aumentar
Esta vitoria de Cavaco, por outra banda, vai ter un efecto revulsivo nas filas da oposición parlamentaria. Moi decaído polos seus pésimos resultados de febreiro, o PSD, reforzado polos datos das autárquicas e este trunfo contundente de Cavaco "foi un contra cinco!" sentirase animado dabondo para recuperar protagonismo público. Tamén pola esquerda, onde o papel da CDU de Jerónimo de Sousa e do Bloco de Louçá, deberán amosarse especialmente activos para conter o xiro á dereita que pode experimentar a política portuguesa nos próximos tempos. Quere isto dicir que aínda cunha maioría absoluta parlamentaria e unha lexitimidade incuestionable como a de Cavaco, a estabilidade política portuguesa non está de todo garantida. (Fotos: Seguidores de Cavaco Silva na noite da victoria, o 22 de xaneiro).
 

Os resultados das eleccións presidenciais do pasado domingo van ter importantes consecuencias na vida política portuguesa. En primeiro lugar, a maioría absoluta de Cavaco na primeira volta outorga ao novo presidente unha lexitimidade equiparable en boa medida á usufructuada por José Sócrates, o primeiro ministro, o que pode augurar importantes tensións futuras. En segundo lugar, a experiencia da cohabitación é algo inédito en Portugal, e ambos liderados deberán acomodar as súas expectativas a unhas regras de xogo que, tres décadas despois do 25 de abril, van desenvolverse nun formato de difícil encaixe e nun contexto de crise socioeconómica. En terceiro lugar, e para rebaixar temores, cómpre dicir, que peor sería para Sócrates se o principal gañador da noite fose Manuel Alegre, quedando de primeiro na esquerda e impedindo a vitoria na primeira, quizais tamén na segunda, de Cavaco. Probablemente, a sintonía política entre Cavaco e Sócrates á hora de imprimir un determinado selo ás reformas que se aveciñan en Portugal, sexa maior que a existente co seu compañeiro-rival de partido.

Esta vitoria de Cavaco, por outra banda, vai ter un efecto revulsivo nas filas da oposición parlamentaria. Moi decaído polos seus pésimos resultados de febreiro, o PSD, reforzado polos datos das autárquicas e este trunfo contundente de Cavaco "foi un contra cinco!" sentirase animado dabondo para recuperar protagonismo público. Tamén pola esquerda, onde o papel da CDU de Jerónimo de Sousa e do Bloco de Louçá, deberán amosarse especialmente activos para conter o xiro á dereita que pode experimentar a política portuguesa nos próximos tempos. Quere isto dicir que aínda cunha maioría absoluta parlamentaria e unha lexitimidade incuestionable como a de Cavaco, a estabilidade política portuguesa non está de todo garantida.

O final de Soares presenta síntomas de traxedia. A severa derrota infrinxida por Alegre simboliza o fin do soarismo na vida política lusa. Péchase unha longa etapa. As enquisas o anunciaran anticipadamente: nunca Soares conseguiu presentar a campaña como un duelo Cavaco-Soares. Non conseguiu asentar un mínimo bipartidismo, foi Cavaco contra todos os rivais. O trunfo de Alegre confirma, no plano interno, a existencia dunha forte tendencia de esquerda no seo do PS e Sócrates deberá telo en conta á hora de definir o sentido das súas reformas. Alegre, pese á derrota, culpado por algúns da desfeita socialista, crece considerablemente con estes resultados e abre un escenario de participación política por riba dos aparatos partidarios, moi danados na súa credibilidade ante a cidadanía. O boicot, na noite electoral, de Sócrates a Alegre aventura difíciles relacións entre ambos.

Nos outros partidos, as consecuencias tamén compre avalialas. No caso da CDU, Jerónimo de Sousa revalida firmemente o seu liderado, mellorando resultados en relación ás lexislativas. No Bloco, Louça, á baixa, pode enfrontar algunhas críticas, mais agardábase que o voto útil no socialismo reducira expectativas. No PSD, Marques Mendes, á fronte do PSD, unha maquinaria que se volcou con Cavaco, da un paso de xigante para vencer as resistencias dalgúns sectores internos que non confían na súa consolidación, aínda que a figura de Cavaco pode eclipsar nos próximos anos, a capacidade de Mendes para referenciarse como líder do centrodereita. No CDS, Ribeiro e Castro, terá dificultades para manter o seu espazo despois deste trunfo tan abarcador de toda a dereita baixo o ceo de Cavaco.