Durante moito tempo, a política xaponesa estivo dirixida baixo o sistema hereditario, ata logo da denominada “democracia entregada”1, iniciada a partir de 1945. Polo tanto, o carácter hereditario foi a condición común para a maioría dos sucesivos primeiros ministros xaponeses, así como de moitos líderes políticos. No entanto, o recentemente nomeado primeiro ministro Naoto Kan é o primeiro en non ter carácter hereditario. Kan puxo ao seu gabinete o nome de “gabinete de Kiheitai” (nome dunha milicia voluntaria conformada por diferentes clases sociais ao final de Era de Edo) e dixo que a palabra que simboliza o seu gabinete é a de “político nacido en grassroots (raíces de céspede)”.
O certo é que non só Kan senón que case todos os ministros do seu gabinete tampouco son hereditarios. Hai só un ministro hereditario, Hiroshi Nakai, presidente da Comisión Nacional de Seguridade Pública. Nos últimos días, é frecuente observar nos medios de comunicación xaponeses a publicación de numerosas noticias sobre o carácter “des-hereditario” do actual gabinete nun país que considera como algo normal que o primeiro ministro e os membros do goberno sexan ocupacións hereditarias.
O goberno “hereditario”
A continuación ofrécese unha lista das principais familias políticas con carácter hereditario en Xapón, cuxos sucesivos primeiros ministros gobernaron durante a denominada “Era de Heisei” desde xaneiro de 1989 ata agora. Dentro desta concepción hereditaria da política, especifícanse os casos en que un político, ministro ou parlamentario teñen na súa familia a membros que ocuparon igualmente estes cargos. Polo tanto, o ex primeiro ministro Yoshiro Mori, cuxo pai e avó foron alcaldes durante moito tempo pero que non foron parlamentarios, non se lles considera como “hereditarios”.
– Naoto Kan, 94º primeiro ministro desde xuño de 2010 ata agora, non é hereditario.
– Yukio Hatoyama, 93º primeiro ministro desde setembro de 2009 ata xuño de 2010.
Kunio Hatoyama, irmán menor do anterior, é membro da Cámara Baixa.
Iichiro Hatoyama (pai), ex membro da Cámara Alta.
Ichiro Hatoyama, (avó), varias veces primeiro ministro (52º, 53º e 54º).
Hideo Hatoyama, tío avó, ex membro da Cámara Baixa.
Kazuo Hatoyama, bisavó, ex membro da Cámara Baixa.
Sakae Terada, bisavó, ex membro da Cámara Alta.
– Taro Aso, 92º primeiro ministro desde setembro de 2008 ata setembro de 2009.
Takakichi Aso, pai biolóxico do anterior, ex membro da Cámara Baixa.
Zenko Suzuki, pai político, foi o 70º primeiro ministro.
Shigeru Yoshida, avó, ocupou varias veces o cargo de primeiro ministro (o 45º, 48º, 49º, 50º e 51º).
Takichi Aso (bisavó) ex membro da Cámara Alta e Cámara Baixa.
Hisayoshi Kano (bisavó) ex membro da Cámara Alta.
Tsuna Takeuchi (bisavó) ex membro da Cámara Baixa.
Nobuaki Makino (bisavó) ex ministro.
Toshimichi Okubo (tataravó) é un dos Tres Grandes Nobres da Restauración de Meiji.
– Yasuo Fukuda, 91º primeiro ministro desde setembro de 2007 ata setembro de 2008.
Takeo Fukuda (pai), 67º primeiro ministro.
Hiroichi Fukuda (tío), ex membro da Cámara Alta
– Shinzo Abe, 90º primeiro ministro desde setembro de 2006 ata setembro de 2007.
Nobuo Kishi (irmán menor), membro da Cámara Alta
Shintaro Abe (pai) ex membro da Cámara Baixa
Nobusuke Kishi (avó) ex primeiro ministro (56º e 57º)
Kan Abe (avó) ex membro da Cámara Baixa.
Eisaku Sato (tío avó) ex primeiro ministro (61º, 62º e 63º)
– Junichiro Koizumi, sucesivamente o 87º, 88º e 89º primeiro ministro desde abril de 2001 ata setembro de 2006.
Shinjiro Koizumi (fillo) membro da Cámara Baixa.
Junya Koizumi (pai) ex membro da Cámara Baixa.
Matajiro Koizumi (avó) ex membro da Cámara Alta e Cámara Baixa
– Yoshiro Mori, 85º e 86º primeiro ministro desde abril de 2000 ata abril de 2001 (Non hereditario)
– Keizo Obuchi. o 84º primeiro ministro desde xullo de 1998 ata abril de 2000.
Yuko Obuchi (filla) é membro da Cámara Baixa.
Mitsuhei Obuchi (pai) ex membro da Cámara Baixa.
– Ryutaro Hashimoto, 82 e 83º primeiro ministro desde xaneiro de 1996 ata xullo de 1998.
Gaku Hashimoto (fillo) ex miembto da Cámara Baixa.
Ryogo Hashimoto (pai) ex membro da Cámara Baixa.
Rokuichiro Ono (avó) ex membro da Cámara Alta.
– Tomiichi Murayama, 81º primeiro ministro desde xuño de 1994 ata xaneiro de 1996) (Non hereditario)
– Tsutomu Hata, o 80º primeiro ministro desde abril de 1994 ata xuño de 1994)
Yuichiro Hata (fillo) membro da Cámara Alta.
Bushiro Hata (pai) ex membro da Cámara Baixa
– Morihiro Hosokawa, 79º primeiro ministro desde agosto de 1993 ata abril de 1994)
Fumimaro Konoe (avó) ex primeiro ministro (o 34º, 38º e 39º).
Moritatsu Hosokawa (avó) ex membro da Cámara Alta
– Kiichi Miyazawa, 78º primeiro ministro desde novembro de 1991 ata agosto de 1993.
Hiroshi Miyazawa (irmán menor) ex membro da Cámara Alta.
Yutaka Miyazawa (pai) ex membro da Cámara Baixa.
Ippei Ogawa (tío) ex membro da Cámara Baixa.
Heiji Ogawa (tío) ex membro da Cámara Baixa.
Heikichi Ogawa (avó) ex membro da Cámara Baixa
– Toshiki Kaifu, 76º e 77º primeiro ministro desde agosto de 1989 ata novembro de 1991. (Non hereditario)
– Sosuke Un, 75º primeiro ministro desde xuño de 1989 ata agosto de 1989. (Non hereditario)
– Noboru Takeshita, 74º primeiro ministro desde novembro de 1987 ata xuño de 1989. Non hereditario.
Na Era de Heisei, máis da metade dos primeiros ministros tiveron carácter hereditario. Recentemente, o sistema hereditario vense sometendo a duras críticas porque os últimos primeiros ministros hereditarios abandonaron o seu cargo sen completar os seus respectivos períodos. Moitas críticas orientáronse a cualificalos de “febles” porque non cumpriron completamente coas funcións outorgadas a estes cargos.
As críticas esténdense ao sistema hereditario dos parlamentarios. Na Cámara Baixa hai 86 deputados hereditarios. Aínda que se diminuíu o número de parlamentarios hereditarios logo da elección xeral en 2009 (había 125 en 2005), aínda un 18% ocupan estes cargos na Cámara Baixa. O problema é que co sistema electoral vixente é difícil que gañe un candidato novo. Moitos comentan en Xapón a necesidade de que todo candidato deba posuír as “Tres Ban” para gañar a elección: “JiBan” (organización de apoio como asociación de partidarios, empresa ou sindicato); “KanBan” (candidato moi coñecido); e “KaBan” (fondos políticos e electorais).
Os candidatos hereditarios teñen a vantaxe previa de “JiBan” e “KaBan” porque cando un parlamentario elixido nun distrito electoral dimite, a súa asociación de partidarios e a organización rexional do partido no seu distrito electoral normalmente presentan outro candidato de carácter hereditario. Outros candidatos teñen tamén “KanBan” pola popularidade da súa familia.
Esa é a razón pola que se orixinou un movemento cuxa finalidade é limitar este tradicional sistema hereditario. Neste sentido, o Partido Democrático de Xapón revisou os seus estatutos en 2009, prohibindo o feito de presentar candidaturas hereditarias no mesmo distrito electoral do parlamentario que é parente dentro de tres graos de consanguinidade e que vai dimitir ou mudarse2. Aínda que a liberdade de elección asegúrase baixo a Constitución, a limitación do sistema hereditario é difícil de levar a cabo, o cal pode constituír unha negación da democracia.
Con todo, pode considerarse democrático o feito de preservarse o carácter hereditario no cargo de primeiro ministro? O actual primeiro ministro Kan explica que “se un mozo ten unha ambición e esfórzase a pesar de crecer nunha familia normal, pode despregar unha actividade notable no mundo político. Isto é precisamente a democracia no propio sentido da palabra”. No entanto, a liberdade de elección de carreira debe asegurarse á persoa procedente tanto da familia “normal” como da familia “especial”. O feito de que existen moitos parlamentarios hereditarios na Cámara é o resultado da elección xeral, que é unha vontade do pobo. Polo tanto, o primeiro ministro foi designado polos parlamentarios, é dicir, é tamén unha vontade indirecta do pobo.
No entanto, isto soamente constitúe unha discusión de igualdade de oportunidades. En verdade, non se asegura completamente a igualdade de oportunidades pola vantaxe previa de “Tres Ban”. Con todo, a realidade explica que, para ser político en Xapón, é máis importante posuír os “Tres Ban” que a capacidade, a calidade ou a política proposta polo candidato. Pero esta situación evita a fluidez dos políticos na Cámara Baixa e a reforma do conservador sistema político imperante, estorbando así o xurdimento dos necesarios liderados alternativos e fortes.
2 Partido Democrático de Japón: http://www.dpj.or.jp/news/?num=16180