Acosado, Kuchma, responde con máis represión

O pasado día 3 de febreiro foi detida a ex viceprimeiroministro, líder do Partido "Patria" ,Yúliya Tymoshenko, acusada de sete delictos económicos. O seu ingreso en prisión produciuse catro días despois da creación do movemento “Iniciativa Cívica de Salvación Nacional”. Xunto aTymoshenko, que era a personalidade máis eminente desa agrupación, ingresaron no cárcere o líder do Partido Socialista, Oleksandr Moroz, o deputado e exministro de Xustiza Serhiy Holovatyy, o deputado e fillo do desaparecido fundador do “Rukh”, Taras Chornovil, e o deputado nacionalista Stepan Khmara. O obxectivo da agrupación é a destitución do Presidente Leonid Kuchma e a transformación de Ucrania nunha república parlamentaria. No seu manifiesto chamaban a "pór fin ao réxime criminal, impoñer a verdade e a lei e a devolver á Ucraína ao camiño do desenvolvemento europeo".

A detención de Tymoschenko coincidiu con un chamamento do Presidente, o primeiro ministro e o Presidente do Parlamento ao pobo ucraíno con motivo da "campaña política sen precedentes desenvolvida contra o noso Estado con todos as características dunha guerra sicolóxica". Como este último termo, o resto do léxico parece recuperado polos autores, de máximo nivel xerárquico, dun documento da época da guerra fría cando a propaganda soviética exhortaba aos "traballadores" a loitar contra os "inimigos do pobo".

"Pero a anarquía, a arbitrariedade e o desprezo á lei non pasarán", "intentos de arrastrar a Ucraína a maiores probas, envolvela nun remuiño de paixóns turbias". "Ucraína e o mundo conocerán os clientes, organizadores e executantes, as forzas motrices deste espectáculo provocador, pero todos podemos comprobar xa a complicidade dos políticos e das forzas políticas patrias que non ambicionan máis que os seus propios intereses”, "os líderes deste conglomerado multicór (a Iiniciativa Cívica) buscan salvación … para eles mesmos dunha bancarrota e olvido políticos, e, algúns, dunha responsabilidade penal". E igual que nos anos 30, cando faltaban argumentos, se lles acusa de fascismo: "non debemos olvidar a historia, lembremos con qué e cómo comezaba o fascismo".

Os autores da declaración pretendían ignorar a crise política existente no país, argumentando que os tres pilares do poder estatal que representan estaban funcionando libres de perturbacións. Se isto podía ser verdade con respecto á Administración Presidencial e o Gabinete de Ministros, non era o caso do Parlamento. Un dos logros de Kuchma no seu afán por asegurarse a colaboración do lexislativo foi a formación dunha maioría no Parlamento contra a esquerda a comezos do ano pasado. Segundo declarou últimamente o líder da fracción do partido de Tymoshenko, "Patria" ,Turchinov, esa maioría deixou de existir.

Outro indicio indirecto da crise do réxime de Kuchma foi a recente e breve visita de Putin a Ucraína. O veciño do Norte obviamente aproveitaba ese momento no que o presidente non podía desaproveitar ningún apoio exterior. Durante o cumio que se celebrou o 11 e 12 de febreiro na cidade de Dnipropetrovsk donde Kuchma foi durante moitos anos director da empresa de construcción de maquinaria "Pivdennyi" do complexo militar industrial soviético, asinaronse 16 acordos sobre a cooperación de Ucraína e Rusia no ámbito de cohetes, industria e enerxía. So pretexto de reavivar a industria pesada do país, restablecíanse os lazos que se artellaran no desaparecido complexo integral da industria soviética.

Pero a pesar de todos os intentos de Kuchma por poñer boa cara, a crise ucraína atopa cada vez maior resonancia. Washington manifestou a súa preocupación polo caso Gongadze, xustamente na véspera dunha visita dunha delegación da Unión Europea a Kiev. O caso foi un dos puntos principais da axenda. Londres estudia actualmente a posibilidade de conceder asilo político ao ciruxán e exdeputado do Parlamento ucraíno que participou como perito na identificaciäon do corpo do xornalista desaparecido, pois asegura ter recibido ameazas dos servicios de seguridade.

Por outra banda, o comandante Melnychenko revela novas grabacións secretas realizadas no despacho de Kuchma desde 1998. Nunha entrevista concedida a The New York Times acusouno de apropiación de mil millóns de dólares. Melnychenko asegura ter probas de que en Ucraína non existe "un criminal maior que Kuchma". Algunhas das grabacións deixan entrever a participación de Kuchma en discusións acerca de cómo axentes secretos debían organizar un atentado con granadas de man contra a deputada socialista progresista, N. Vitrenko. Ese atentado perpetrado durante a campaña presidencial foi atribuído a Moroz.

Unha das probas máis contundentes da corrupción de Kuchma son as grabacións dalgunha sobre cómo branquear o roubo de 30 millóns de dólares obtidas pola venda de gas natural polo entón responsable do monopolio enerxético de Ucraína, Ihor Bakai. Este último, unha vez despido, conseguiu o acta de deputado para garantirse inmunidade penal. Segundo Melnychenko, a CIA e o FBI entregaban a Kuchma probas do lavado de diñieiro por parte de Bakai pero aquí non pasa nada.