Alejandro Toledo, nacido para gañar

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

O “Chino” morreu, “o cholo” matouno, este era o berro de entusiasmo que pronunciaban os simpatizantes de Alejandro Toledo o 9 de abril do 2000, cando as sondaxes a pe de urna sinalaban un vencedor indíxena. A medida que avanzaba o día a tensa calma foi facéndose co dominio da noite, á espera duns recontos oficiais que non conseguían saír a luz dende a ONPE (Oficina Nacional de Procesos Electorales) . Uns inauditos resultados electorais dábanlle a Fujimori 0 49,84% dos votos fronte ao 40,31de Toledo. Mais o perdedor axigantaba a súa proxección política, “O chino” quedara tocado e o momento de conquistar á presidencia era, unicamente, cuestión de paciencia.

Catorce meses, van xa, dende aquel 9 de abril que noqueou a Fujimori. Agora Alejandro Toledo é presidente do Perú, pero a súa victoria foi no limite da prórroga. A figura xigantesca de Alan Gracia foi coméndolle o terreo e, mesmo, se a partida electoral dura unha semana máis, probablemente o home que dende que abandonou a condición humilde, levaba gravada na fronte a etiqueta de “nacido para ganar”, houbese atopado prematuramente o seu primeiro tropezón que tiraría por terra tan brillante traxectoria, e findaría coa súa ininterrompida marcha ascendente. Escasos catro puntos separaron ao líder do cambio, da figura de Alán García, marcada pola negra historia da súa etapa presidencial entre 1985 e 1990.

Toledo é o prototipo do home feito a si mesmo desde a máis absolutas das nadas. Oitavo fillo dunha familia supernumerosa con 16 rapaces, veu ao mundo un 28 de marzo de 1946, en Cabana na máis extrema das pobrezas, nun contorno tipicamente rural e rodeado de pastores de porcos, ovellas, llamas e alpacas, na provincia de Pallasca. Aos catro anos, a familia decide emigrar a Chimbote, na costa norte do Perú, onde precozmente combina a escola con duros traballos que reporten ingresos á escasa renda familiar.

Brillante nos estudios, obtén beca nos EE UU xa antes de rematar a secundaria. Será alí, onde escale os chanzos máis gloriosos da súa ascendente carreira: Funcionario consultor da ONU, do BM, do BID, da OIT (Xenebra) e da (OCDE) en París.

Tan fulgurante percorrido, partindo da miseria más esaxerada, cegou a boa parte dos peruanos que quixeran verse tocados pola maxia do do destino para acceder a máis altas cotas do benestar. No “O cholo”, desexarí verse reflectida a maioría da poboación que vive na pobreza.

Pero a medida que se achegaba o éxtase do éxito, comezaron a transparentarse as miserias que alberga o “Cocktail idíxena-occidental”. Detrás dos loureiros do triunfo profesional estaban agachadas ruindades morais mesquindades humanas que socavaron a solidez do ídolo inca. Era precisamente está a única baza gañadora que posuía, xa que do seu etéreo partido e do seu inconcreto programa nada se pode deducir.

A chegada á presidencia, prodúcese xusto no momento no que a “cholomanía” que se apoderou do Perú nos dous últimos anos, comeza a esmorecer… pero a democracia outorgoulle a posibilidade de remontar a confianza no país e no seu presidente.

E tempo de dar tempo. No 2006 será o momento de facer balance.