Djukanovic: súplica por unha bocanada de aire fresco

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Idiomas Galego

O pasado martes, 20 de agosto se publicou no periódico estadounidense Washington Post un artículo co título "Balkan Betrayal" (traición nos Balcáns), acusando a unha oposición parlamentaria antireformista e antidemócrata de poñer en perigo o proceso de democratización, o desenvolvemento dos dereitos humanos, a liberdade de prensa e a representación de grupos minoritarios no sistema lexislativo montenegrino. Asi mesmo, o artículo deixa vislumbrar a existencia de certos círculos políticos en Bruxelas, que prestan o seu apoio a esa coalición antireformista e procuran interpretar o Acordo de Belgrado, asinado o pasado 14 de marzo (establecendo unha unión entre Serbia e Montenegro cunha serie de institucións comúns), dunha forma moi conveniente aos intereses europeos e pro-iugoslavos. Finalmente, o artículo vai dirixido directamente a Washington coa fin de instar unha implicación directa e imparcial, para evitar unha maior desestabilización de Montenegro e a extensión da crise. O autor do artículo é nada menos que Milo Djukanovic, o presidente de Montenegro.

¿Porqué o presidente dun país, nun escenario político marcado polo choque de intereses independentistas, pro-iugoslavos, europeos e individualistas, (como o mantemento do poder) e dominado polas manobras políticas de todos estes estrategas, porqué este presidente se dirixe a Washington para pedir a intervención norteamericana nun asunto no que "ata agora" a superpotencia omnipresente destacou sobre todo pola súa actuación de modo intranscendente? ¿Qué significa ese chamamento para unha Unión Europea que, despois de facer esfuerzo sen igual e apuntarse un éxito en política exterior ao arranxar o asunto iugoslavo, Djukanovic se dirixe ao mediador de sempre, cun berro de socorro para que a administración estadounidense aminore os danos ocasionados polo hipotético fracaso europeo? ¿e qué cabe agradar dos dirixentes da Casa Branca?

En primeiro lugar importa mencionar que a Djukanovic, dende a firma do Acordo de Belgrado o pasado 14 de marzo, os acontecementos se lle están escapando do seu ámbito de influencia. Sendo Djukanovic a cabeza do maior partido independentista, o Partido Demócrata de Socialistas (DPS), a firma do Acordo non foi de todo en interese da súa agrupación, porque supón formalmente un aprazamento do referendo para acadar a independencia de 3 anos cando menos. En realidade, ante a implicación de Bruxelas e a ameaza co peche das portas á futura integración en Europa, a postura de Djukanovic xa non pode ser considerada como independentista, dado que o seu obxectivo principal é manter o recoñecemento e as axudas internacionais e capitanear a embarcación montenegrina cara o porto franco de Bruxelas. Pero a firma do Acordo lle fixo perder o apoio do Partido Liberal, o partido pro-independentista máis radical, e asi mesmo a maioría parlamentaria da súa coalición. A coalición do Partido Liberal, primeiro tácita, dende o 23 de agosto oficial, coa coalición pro serbia "Xuntos por Iugoslavia" o deixa maniatado, socavando a esperanza de contar co apoio dos Liberais unha vez que se calmen os ánimos, despois dos comicios parlamentarios do próximo 6 de outubro. Se as eleccións resultaran un éxito para a coalición opositora, que ten por obxectivo principal, ao parecer, arrincarllelo poder a Djukanovic, se atoparía nunha situación parecida á "cohabitation" francesa, cun presidente formalmente sen poder e influencia. Sen embargo, lle queda outro raio de esperanza: as eleccións municipais realizadas o pasado 15 de maio amosaron unha subida lixeira do apoio ás forzas do entorno de Djukanovic. Se este éxito reflicte unha tendencia de cara ás eleccións parlamentarias, cabería a posibilidade de manterse ao mando mediante unha coalición cos Socialdemócratas e a representación albanesa.

No que atinxe á Unión Europea, os seus intereses semellan ambiguos. Dunha banda, se procura acadar unha solución rápida e limpa do problema nos Balcáns, freando a tendencia de fragmentación en novos Estados no mapa dos Balcáns e evitando un efecto dominó internacionalizador. Por iso, o entorno de Javier Solana está fustigando o proceso de interpretación do Acordo de Belgrado e a preparación da elaboración da nova constitución da Unión entre Serbia e Montenegro. O dilema de Djukanovic entre aspiracións independentistas ou acariñar unha futura integración europea pode convertilo nun actor desagradable, pero habida conta da formación socialista de Slobodan Milosevic que sigue levando a voz cantante na coalición pro serbia "Xuntos por Iugoslavia", dunha banda, e os insurrectos radicais do Partido Liberal pro-independentista, Djukanovic representa a única alternativa xustificable, o mal menor. Neste sentido, o apoio económico da Unión Europea Djukanovic o ten prácticamente garantido, e o reclamo do presidente montenegrino semella redundante.

En canto á Casa Branca, non cabe agradar ningunha actuación relevante ante a petición de auxilio do presidente Djukanovic. A administración estadounidense non amosou oposición ao Acordo levado a cabo baixo os auspicios da Unión Europea, dado que a estabilidade dos Balcáns supón un asunto da maior importancia para Washington. Se ben as relacións entre Washington e Bruxelas carecen de afinidade en varios asuntos da axenda internacional, véxanse conflictos do próximo oriente, o Cumio da Terra ou a planeada guerra contra Irak, como tantos outros, impulsar unha campaña contra os inimigos políticos de Djukanovic significaría abrir unha nova fenda coa Unión Europea, e iso non axudaría precisamente a mellorar as relacións bilaterais. Ademáis, Washington nunca mantivo relacións suficientemente intensas con Montenegro, como para implicarse agora nun acto diplomático imprudente.

Coa firma do Acordo de Belgrado, Montenegro probablemente se apartou do camiño que lle conducía á súa independencia. Agora, ante a presión europea e o seu dobre cebo de axudas económicas e a promesa dunha futura integración, mudar o rumbo é prácticamente imposible para un país cunha viabilidade que sería cuestionable sen axudas exteriores. En outubro lle toca á poboación da pequena república balcánica expresar a súa opinión e facer valer a súa autoridade en canto ao reparto de poderes. Despois se verá en que dirección vira o vento político de Montenegro…