¿Quo vadis, Montenegro?

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Idiomas Galego

O próximo 6 de outubro se celebrarán eleccións parlamentarias anticipadas se celebrarán o próximo 6 de outubro en Montenegro, país integrante da Unión entre Serbia e Montenegro creada polo denominado Pacto de Belgrado do 14 de marzo de 2002. A anticipación obedece a un conxunto de causas que, iuxtapostas, provocaron unha profunda crise política que acentuou severamente a segregación da poboación montenegrina en bloques políticos contrapostos, poñendo en perigo incluso os seus fráxiles valores democráticos e maniatando aos principais actores da escena política, coma o presidente ou o goberno. Unha crise ademáis, en gran parte causada pola necesidade de acomodar o curso político montenegrino aos intereses dos dirixentes europeos a través dunha activa intervención do alto representante da política exterior da Unión Europea, Javier Solana, pouco respectuosa, en opinión de algúns, co exercicio dunha soberanía que semella molestar en Bruxelas.

Montenegro, un pequeno país dunha poboación de 660.000 habitantes, leva varios anos intentando acadar a súa plena independencia. Sendo o único acceso ao mar da antigua federación iugoslava e da actual Unión de Serbia e Montenegro, varios obstáculos impediron a plasmación do desexo montenegrino dende un principio asociado á idea de celebración dun referendo respecto á independencia. Convén non perder de vista os obstáculos externos, como a resistencia serbia, ou os internos, como a lixeira maioría parlamentaria do bloque independentista sobre o bloque pro-iugoslavo. Non obstante, a dinámica en pro dun referendo se acelerou dramáticamente nun cumio entre líderes serbios e montenegrinos que tivo lugar o 26 de outubro do ano pasado, donde se chegou á conclusión de que as posturas de ambas partes simplemente non eran compatibles e que a única saída a este choque de intereses sería consultar a vontade popular montenegrina mediante a celebración dun referendo. Foi entón cando a Unión Europea se inmiscuiu directa e abertamente, expresando a súa preferencia por "un Montenegro democrático dentro dunha Federación Iugoslava democrática". Javier Solana, actor principal, empurrou ás dúas repúblicas " sobre todo Montenegro " a chegar a un acordo que manten a unión federal. Utilizando como cebo a advertencia de que calquer avance cara a integración europea sería cuestionado se Montenegro insiste en acadar a independencia, Javier Solana ofreceu a axuda comunitaria para solidificar un entendemento entre Serbia e Montenegro.

A ameaza de pechar as portas á futura integración en Europa de Montenegro non era, sen embargo, a única palanca de presión que forzaba ao presidente montenegrino, Milo Djukanovic, a asinar o Acordo da Unión con Serbia. En Italia, un informe oficial sobre investigacións xudiciais respecto á mafia, acusaba a Djukanovic de estar implicado en actividades de contrabando de tabaco e petróleo. Segundo medios italianos, Djukanovic figura incluido na lista dos investigadores dende 1999. Sendo Italia o Estado máis oposto a unha posible independencia montenegrina dentro da Unión Europea, determinados círculos pro-independentistas denuncian a existencia dun compló internacional para forzar a Djukanovic a deixar o seu cargo, destacando como sospeitoso o feito de que o informe xudicial se publicara coincidindo na hora exacta da firma do Acuerdo, aínda figurando Djukanovic na lista do querellante italiano dende 1999.

¿Qué interese ten a Unión Europea entón no mantemento da unión entre Serbia e Montenegro? Por unha banda, evitar novos precedentes. A independencia montenegrina poría en perigo o feble estatuto de Kosovo, que tamén procura a secesión de Serbia, e iso podería orixinar unha nova desestabilización na rexión dos Balcáns. En Montenegro se quere iniciar a fin da fragmentación balcánica. Ademáis, na óptica da integración europea, non parece moi boa idea secundar a grupos secesionistas dos países aspirantes a futuras negociacións, mentres que nos países membros se intenta con moito esmero calmar os movementos independentistas.

E hai outra razón importante para que a Unión Europea intervenía nos asuntos serbios e montenegrinos: Bruxelas non pode resaltar ningún éxito maior nos anos recentes. O asunto da ampliación coma o da política exterior e de seguridade conxunta " aínda que se celebran moitos cumios e se intenta dar a impresión dunha febril actividade " apenas rexistra avances. Ninguén sabe que vai ser da anunciada reforma interna da Unión. E en canto á política exterior, hai moitos anos que a Unión Europea non é máis que unha sombra de Estados Unidos, presente, pero incapaz de actuar ou tomar decisións ou afirmarse en posturas propias. Resulta evidente, que dentro da Unión Europea existen posturas poderosas a favor dunha rápida e limpia solución do actual problema nos Balcáns.

En Montenegro, a sinatura do acordo de Belgrado non pasou sen consecuencias. O Partido Liberal, integrante do bloque independentista, que prestaba un apoio crucial ata entón ao gobernante Partido Democrático de Socialistas de Djukanovic e o seu aliado o Partido Socialdemócrata, retirou o seu apoio ao goberno e formou unha alianza tácita coa coalición pro serbia "Xntos por Iugoslavia". Esta alianza aprobou o pasado 29 de xullo novas leis de prensa e eleccións, a pesar do boicó do partido gobernante e sen atender aos requerimentos da Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa (OSCE), o Consello de Europa e a Unión Europea. A nova lexislación sitúa en serio perigo a liberdade de prensa e cuestiona a viabilidade democrática do sistema político na medida en que altera as circunstancias das eleccións parlamentarias, evidentemente con vistas a mellorar as súas posibilidades nas eleccións anunciadas para o próximo 6 de outubro.

A crise montenegrina non é debida únicamente ao acordo de Belgrado do pasado 14 de marzo. A loita entre forzas independentistas e pro-iugoslavas non é reciente, e tampouco a persoa de Milo Djukanovic é un heroe montenegrino que foi victima dun compló internacional, ou un independentista que actúa guiado únicamente polo loable desexo de conseguir o maior benestar para o seu pobo. Pero sen a intervención interesada da Unión Europea, o poder de decisión sobre o futuro da pequena república balcánica probablemente sería exercido pola poboación montenegrina. E iso podería supoñer un primeiro paso certo cara o afianzamento de estructuras democráticas e a estabilización da rexión. Aínda que parece que os verdadeiros intereses da Unión Europea nos Balcáns teñen outras prioridades…