A volta de Carlos Menem

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Carlos Menem se sitúa con posibilidades cada vez máis firmes de ser elixico novamente Presidente de Argentina nas eleccións que se celebrarán en pouco máis dun mes. É un dos catro candidatos en virtual empate técnico arredor do 20% da intención de voto. Ninguén dubida que as sucesivas estratexias de Eduardo Duhalde por alonxalo da competencia electoral fracasaron e algunhas medidas de carácter dolarizador, impostas pola xustiza, axudan a que cada vez maior número de arxentinos comezen a asumir a súa victoria nunha especie de "derrotismo non tan amargo". Por outra banda, o "modelo" dolarizador, neoliberal, de man dura, pro-norteamericano e "neo-peronista" que propon, é denominado "pro-mercado" e estable por alguns dos máis prestixiosos analistas políticos arxentinos (os mesmos que se reúnen coas delegacións do FMI que visitan o país).

O candidato Carlos Menem, non soamente provoca a opinión favorable dos analistas políticos senón que sempre gozou do apoio electoral dos sectores con menos recursos. O voto destes sectores expresa un continuismo difícilmente comprensible aos ollos dun observador externo se non se entende o esencial compoñente populista do discurso menemista en canto herdeiro da tradición inaugurada polo Xeneral Perón. Durante a década 1989-1999, as clases populares en Arxentina perderon traballo, ingresos, educación e saúde, entre outras magnitudes menos cuantificables. Os arxentinos perderon Estado dentro dunha lóxica neoliberal na que o país foi rediseñado de maneira global. Case catro anos despois do seu abandono do poder e tralo colapso da economía que situou ao país nas peores condicións económicas da súa historia reciente, o tan denostado "modelo" que Menem deseñou e implementou durante o seu mandato pode estar máis preto que nunca de volver a trunfar.

O comportamento electoral de determinados sectores da poboación é independente dunha valoración sobre as condicións nas que se atopan eles mesmos e o país. É un segredo a voces que as fervorosas mostras de adhesión que Menem provoca nos seus actos multitudinarios, cos estadios de fútbol cheos, se deben máis á súa capacidade de mobilización caudillista que á adhesión real da poboación. Os milleiros de persoas que enchen os recintos recibiron algo a cambio de asistir e aplaudir. A situación de necesidade de gran parte da poboación é tan crítica que as súas adhesións políticas xa non teñen o prezo dunha aprobación de decisións ou programas. Se venden a cambio da comida dun día, da promesa de traballo por uns días ou simplemente da viaxe e o vaso de viño desde o inferno da "villa de emerxencia" a calquer lugar do exterior. Isto se organiza e controla a través da mobilización dos "punteros", militantes peronistas que exercen de canal de comunicación entre a dirixencia do partido e a masa de futuros votantes. E a elección presidencial, decantada a favor do peronismo de anteman mediante este tipo de organización, dependerá de que sector do partido logre mobilizar a maior número de punteros mediante a concesión ou simple promesa de futuras prebendas. O intendente (alcalde) ou deputado nacional que consiga mobilizar ao maior número destos "punteros" para o seu candidato, conseguirá maior número de subsidios, mellores contratos para as súas cooperativas ou directamente maior cantidade de diñeiro do futuro gañador. O candidato que trunfe na cooptación destes apoios será o próximo Presidente do país. E este comportamento, mestura de actitudes mafiosas e caracteres feudais é a especialidade do ámbito menemista. A política arxentina funciona a través do "cara a cara" e Menem non pode resultar indiferente nesta distancia. Reunirá o voto vergonzante e gañará as eleccións ou estará a punto de facelo e perderá por un escaso marxe fronte a candidatos sen o seu empuxe, recursos electorais e lugar na memoria histórica do país.

Sempre se asegurou que Eduardo Duhalde "controlaba" ao peronismo da Provincia de Buenos Aires, auténtico eixe electoral do país. De ser así, a súa aposta por un candidato de baixo perfil neste ámbito territorial, o Gobernador patagónico, Néstor Kirchner, prexudicoulle. Non debe olvidarse que Duhalde foi o Vicepresidente de Carlos Menem e iso provoca que se intercambien percepcións sobre o pasado que agora deben ser separadas para poder capitalizar o voto. As tensións e os movementos internos entre as diversas faccións do peronismo no nivel máis cercano aos votantes son insondables dende fóra do propio movemento. Os analistas non poden entrar a valorar que clase de realiñamentos, ofertas e mobilizacións poden estar levándose a cabo por parte de Menem e Duhalde e menos aínda sobre cal dous trunfará. A auténtica resposta á incertidumbre electoral se atopa máis preto do resultado deste choque de poderes interno que dos resultados das enquisas electorais. Os votantes que conformen a maioría electoral procederán deste conxunto de clases populares tendentes á capitalización por parte do peronismo e as súas faccións así como de sectores ubicados no sector superior de ingresos que añoran os tempos da estabilidade cambiaria e económica de tempos menemistas. Se entende que o apoio recibido polo goberno da Alianza, o foi en parte por canto garantía a continuidade do modelo menemista e a súa caída foi provocada pola incapacidade manifesta de realizalo. Pode ser dende esta actitude "añorante" de determinados sectores do electorado así como da mobilización dos recursos das bases peronistas, dende a que se produza a volta de Menem ao poder.

O debate programático brilla pola súa ausencia e se manten nun nivel baixo. As propostas dos candidatos se definen de maneira moi laxa. ALCA fronte a MERCOSUR. Brasil ou Estados Unidos, productivismo e exportación ou captación de investidores estranxeiros e maior apertura da economía. Ataque integral ás causas da protesta social ou man dura e exército para reprimir aos piqueteros, boa relación e compromisos co FMI ou plante nos pagos da débeda externa. As cuestións estructurais sobre o futuro do país están na axenda dos candidatos pero non se produciu aínda un debate ideolóxico de fondo nin se espera que isto suceda. A manifesta falta de adhesión da poboación cara os seus líderes políticos, a crecente tendencia ao abstencionismo, os continuos escándalos políticos (a suspensión das eleccións en Catamarca non é máis que un de tantos exemplos) non fan máis que poñer en perigo a temblorosa e continuamente ameazada estabilidade do país. Así mesmo, a reproducción de movimentos populistas, a feudalización da política e a xudicialización e paralización de importantes normas aprobadas polo poder executivo (redolarización de depósitos, aumentos tarifarios dos servicios públicos) dificultan calquer saida pactada da crise, gañe quen gañe as eleccións.

As eleccións presidenciais se celebrarán o 27 de abril, pero o presidente electo deberá gobernar dende o 25 de maio ata decembro sen o apoio seguro do poder lexislativo, fraccionado incluso no que se refire ao partido do goberno. O goberno sainte está adoptando a estratexia do"endoso", é dicir, trasladar a solución de cuestións clave para o futuro do país ao novo Presidente, que estará maniatado nos seus apoios lexislativos e apretado polo horizonte temporal da necesidade de realizar profundos cambios no país. Determinadas cuestións empezan a ser de urxente resolución, polo que os meses que restan ata final de ano serán decisivos.