Carlos Menem e as empresas españolas

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

A situación das empresas españolas no país é difícil. Do total da inversión estranxeira en Arxentina, o 32,88% proven de Estados Unidos, mentras que o 25,67% ten a súa orixe en España. Nestes momentos, Repsol, Telefonica, Gas natural, Endesa, BBVA, SCH e Aguas de Barcelona, entre outras, teñen importantes intereses en Arxentina e durante o ano 2002 a maioría rexistraron perdas, polo que conxelaron os seus plans de inversión e incluso poden estar pensando en abandonar o país se a situación non mellora. As empresas españolas están sufrindo a falta de certidume e previsibilidade que provoca o conflictivo escenario político arxentino. A pesificación dos seus ingresos mentras as súas débedas foron contraídas en dólares, a falta dun marco xurídico estable para a inversión, a obriga de aceptar bonos estatais e provinciais dun país nunha situación financeira próxima ao default, a imposibilidade de subir as súas tarifas nos servicios públicos privatizados que proveen en concesión, etc…. Son cuestións que deben ser resoltas a corto-medio prazo. É de vital importancia para os intereses destas empresas, coñecer cal será a actitude que o próximo presidente adopte.

O día 13 de marzo nun encontro cos empresarios españoles na Cámara de Comercio Española na República Arxentina, Menem expuso alguns dos seus plantexamentos. A súa descripción (compartida co Presidente da CECRA) da situación que atravesa o país é a seguinte: "Hoy caminamos sobre escombros". Asegura que o 10 de decembro de 1999, entregou o país nunha situación saneada despois de modernizalo ao longo dos seus anos de goberno (1989-1999). Seguindo as ensinanzas do Xeneral Perón, e sempre segundo a súa lectura da historia, se privatizaron as empresas públicas que non daban bos servicios á poboación e supoñían un lastre insoportable para o Estado. En realidade, e utilizando os datos do servicio de ferrocarriles como exemplo, entre 1989 e 2002, os ferrocarriles privatizados duplicaron o prezo dos seus billetes, duplicaron a cantidade de diñeiro que recibiron do Estado e a extensión do tecido ferroviario se reduciu nun 70% ademáis de chegar prácticamente ao colapso no servicio. Arxentina é hoxe un país sen ferrocarril.

Este proceso privatizador foi posible gracias á intervención do capital estranxeiro, ao que califica de verdadeiro motor do crecemento a través dos seus investimentos no país. Neste proceso, España ocupa o segundo lugar tralos EEUU cun 30% da inversión total. A devaluación de xaneiro de 2002 afectou enormemente aos retornos das inversións e enfatiza que se deben ter mostras de agradecemento con quen axudou a construir un país exitoso. Asegura que no nivel actual, as empresas que invertiron no país tardarían 77 anos en recuperar as súas inversións e o califica de intolerable. Non se pode penalizar a quen aposta polo país. Considera que a devaluación foi unha torpeza porque se atacou directamente ao dereito de propiedade e con iso se erosionou a liberdade. Hai que respectar os contratos firmados polas empresas estranxeiras e garantir que volvan a obter beneficios no país. As conmina a confiar e continuar invertindo e a non abandonar o país como alguns rumores comezan a apuntar.

Respecto ao dólar asegura que dado o cambiante da situación non pode adiantar cales serán as medidas a adoptar. Depende de cómo se reciba o país no momento de asumir. Obviamente él prefire un dólar baixo. Coa diminución do custe da moeda crecerá o poder adquisitivo dos cidadáns e propón unha flotación libre sen medidas artificiais que intervenían sobre o seu valor.

"Saturaremos o noso país de forzas de seguridade" .Vai a utilizar as forzas armadas, se é preciso, para pacificar o país. O Presidente de Brasil as utilizou con resultados positivos e afirma que seguirá o seu exemplo. Sen seguridade física e xurídica non poderán recuperarse as inversións. Non quere ver máis piquetes cortando as rutas porque son inconstitucionais e lesionan a liberdade do resto dos cidadáns. É unha mensaxe realmente dura que pode provocar máis que solucionar, novos problemas.

En materia de política social, manterá os subsidios actuais (Planes trabajar- Jefes de Hogar) porque son vitais para a supervivencia de moitas familias pero afirma que non é ise o seu modelo e creará postos de traballo para ir abandonando pouco a pouco os subsidios.

Pretende convertir a Arxentina no primeiro país productor e exportador de alimentos do mundo e para iso son necesarios os recursos das grandes empresas ás que invita a participar nese proceso.

Menciona o vital que resultaría para a recuperación económica reducir o fraude fiscal e arranxar as distorsións impositivas. Baixando os impostos, crecerá a economía. Se eliminarán algúns impostos, se reducirán as retencións ás exportacións e se diminuirá o IVE. O obxectivo é revitalizar a producción industrial. Anuncia que a recuperación económica comezará cando se reciban fondos frescos das IFI´s. É absolutamente necesario para que isto suceda que sexan honradas todas as obrigas en materia de débeda externa que ten o país.

En política exterior pretende que se firme un Tratado de Libre Comercio coa UE similar ao que Chile asinou recentemente, ademáis de reforzar o Mercosur e aproveitar o "Fast Track" norteamericano para impulsar un acordo de libre comercio cos EEUU cos que, por outra banda, pretende aliñarse sen fisuras nas cuestións internacionais.

Anuncia a súa intención de obrar a imaxe e semellanza de Roosevelt no "New Deal" e remata cualificando o seu goberno como executor dun "capitalismo progresista". O executor da política de privatizacións máis acelerada e profunda do Cono sur termina o seu discurso ante os empresarios españois en Arxentina, citando a tres políticos estranxeiros: Lula, Roosevelt e Felipe González. Todo un exemplo de malabarismo político. Sabe dicir o que o seu auditorio quere oír e termina entre aplausos un acto que comezou nun clima de frialdade e desconfianza. Está claro que Menem non disgusta aos empresarios españois. O que aínda non sabemos é se disgusta á maioría dos arxentinos ou non. Nun mes teremos a resposta. O seu modelo é claro e sinxelo: seguridade e man dura en canto ao conflicto social que vive o país e menos Estado e maiores garantías para os inversores estranxeiros cun dólar o máis baixo posible.

Ao igual que os empresarios, a postura do goberno español respecto da crise arxentina foi sempre de apoio e compromiso co país. O propio Presidente Duhalde lle enviou o 29 de xaneiro, dez días despois de firmar o acordo co FMI, unha carta a Aznar agradecéndolle "o decisivo apoio brindado polo seu país". Moitos din que o acordo de Arxentina co FMI se debeu máis ás presións de determinados gobernos europeos sobre o directorio do Fondo que aos cumplimentos do país dos acordos acadados. Foi un acordo político e de responsabilidade que entendía a necesidade de non deixar entrar o país en default. Resulta evidente que o goberno español non pode deixar cair as súas empresas no país e ten que defender o seu lugar en América Latina pero é tamén probable que este apoio temporal non se prolongue indefinidamente se o país e os seus líderes non aportan vías de solución aos múltiples problemas das empresas estranxeiras. En xaneiro se decidiu pactar a saida honrosa do goberno actual e darle unha marxe de actuación de 100 días ao Presidente que asuma o 25 de maio. Pero despois de tres meses se pedirán respostas na mesa ás incertidumes que azoutan o país. ¿Estará Menem preparado para dalas se gaña?