Ucraína, menos paradiso do diñeiro negro

O Grupo de Acción Financeira Internacional (FATF), ubicado na OCDE pero sen formar parte dela, é un organismo intergobernamental integrado por 29 países que ten por obxecto formular e promover políticas destinadas a combater o lavado de diñeiro. O pasado 14 de febreiro cancelou as contramedidas aplicadas a Ucraína hai dous meses.

A decisión do FATF se debe á introducción na lexislación ucraína de cambios relacionados coa loita contra o diñeiro negro. Sen embargo, Ucraína permanecerá na "lista negra" de países "non cooperadores" desa organización, xunto a Exipto, Guatemala, Indonesia, Filipinas, Indonesia, Nixeria, Myanmar, Nauru, Cook Islands, San Vicente e Grenadinas, mentres non implemente efectivamente eses cambios na lexislación que pretende eliminar as deficiencias detectadas pola FATF en 2001.

Con este obxectivo vai exercer un monitoreo cuidadoso da implementación das novas normas lexislativas, seguimento que ten moita importancia para un país en transición cun alto nivel de economía sumerxida.

En calquera caso, a cancelación das sancións favorecerá a evolución dos intercambios comerciais exteriores de Ucraína, aspecto esencial para mellorar a balanza deste país.