Consenso por consenso… ¡Buenos Aires!

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Sopran ventos cruzados en América Latina. O Consenso de Buenos Aires, asinado recentemente por Lula e Kirchner na capital arxentina pretende ser "unha asociación de carácter estratéxico na que asume o combate contra da pobreza e a desigualdade, o desemprego e o analfabetismo "Elementos, estes, que configuran, sen dubida, a perda da liberdade e a independencia do nosos pobos e fai irreversíbel a ingobernabilidade na área".

Unha doutrina antagónica ao Consenso de Washington, que ao longo dos anos 90 implantou o neoliberalismo en toda a América Latina.

"Os vellos moldes quebraron", sostivo Kirchner logo de asinar o documento, sinalando que os resultados prácticos da vella orde mundial están á vista. Para os presidentes das locomotoras, dun MERCOSUR en dique seco, é prioritario "crear unha nova orde internacional" na que Brasil, e Arxentina unifiquen criterios no Mercosur para sermos menos fráxiles nas negociacións cos organismos multilaterais, na necesaria integración de Sudamérica e nas roldas previstas coa OMC ou en novembro sobre a ALCA en Miami". Un espacio que non será soamente un espacio comercial, senón de valores compartidos procurando unha nova orde multilateral fundada na igualdade soberana de todos los estados e rexeitando un poder unilateral.

Nesta vela, que cada vez se desprega con máis forza para impulsar un novo modelo político-económico, non todos os ventos sopran a favor. O presidente Uruguaio, Jorge Batlle, firme defensor do ALCA a calquera prezo,asegurou terse decatado do contido do Consenso de Buenos Aires pola prensa, ao tempo que sementaba o camiño cara ao novo modelo de chinchetas, cargando sobre a imposibilidade dun acordo 4+1 (MERCOSUR + Cuba) . Liña argumental coincidente coa do subsecretario para Asuntos del Hemisferio Occidental del Departamento de Estado dos EEUU, Roger Noriega que sen referirse ao Consenso de Buenos Aires cargou sobre os líderes emerxentes: "Debo anotar con desilusión que ambos os dous visitaron Cuba nos últimos dous meses e non se reuniron cos líderes da oposición, nin se pronunciaron publicamente sobre a represión do réxime de Fidel Castro".

Só unhas horas antes do solemne acto de sinatura, no salón branco da Casa Rosada, John Williamson, pai do Consenso de Washington, casado por certo cunha brasileira, indicou a conveniencia de engadirlle ao texto un apartado sobre a disciplina macroeconómica, o libre comercio e a economía de mercado. "O presidente Lula, está a correr un risco ao ter como socio do documento a Arxentina , porque los mercados internacionais teñen bastante confianza en Lula, mais ningunha en Arxentina, que decretou o default de súa débeda externa". Precisamente para disipar dúbidas se admite que os compromisos asumidos deben ser cumpridos, mais de forma a non limiten as posibilidades de crecemento económico e desenvolvemento social.

A favor do vento de Willianson aínda camiñan Uribe en Colombia e o dimitido Lozada de Bolivia. Ao pairo están Chile de México, entroutros.

En catro densas páxina en 20 apartados se pronuncian por un Mercosur que avance cara a un acordo con toda a América do Sur. Sobre a necesidade de reforzar e garantir os dereitos e liberdades fundamentais nun marco de liberdade e xustiza social. Afortalar o papel estratéxico do Estado e impulsar políticas públicas que apuntalen o crecemento sostido e a distribución equitativa, propiciando ordenamentos tributarios e fiscais máis xustos Recoñécese as múltiples vantaxes da globalización, mais se denuncia que teña causado unha concentración económica fabulosa. Se afirma, tamén, que se fomentará o intercambio de información sobre o trasfego ilícito de armas de fogo.

Sintonía Brasil-Arxentina, que cada vez ten máis aire de afinada sinfonía en Política Exterior. Así o demostraron na renuncia de Lozada, no Consenso de Buenos Aires ou una elaboración do borrador da Declaración final da Conferencia Especial de Seguridade Hemisférica que terá lugar está semana en México. Nel premeron para que a pobreza e a exclusión social de amplos sectores de América latina sexa considerada como unha das ameazas para a seguridade e cohesión dos Estados.

No texto consensuado, tras dun tenso e prolongado debate, non se esquecen da ameazas tradicionais, ni do terrorismo internacional no que pon o acento os EEUU. Tamén se teñen con conta os ataques cibernéticos, as catástrofes naturais, a sida, a posesión ou acceso a armas de destrucción masivas.Mais se engaden outras como a corrupción o lavado de diñeiro y a debilidade das democracias.

Para desencanto dos EEUU e Arxentina e Brasil encontraron aliado circunstancial en México para que no documento o terrorismo e o narcotráfico sexan tratados como temas de defensa.

O Consenso se Buenos Aires, impulsa unha nova orde de rostro máis humano, pero antes de nada compre que o Brasil saia da leve recesión na que atopa mergullado. Un presidente cun goberno á baixa na popularidade, non pode resistir indefinidamente o peso dun liderado rexional que só poderá sustentar cun país en crecemento.